| Conciliación da vida familiar e laboral. |
| A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de outubro de 2010. Máis información no DOG do 1 de setembro de 2010 e en http://igualdade.xunta.es/axudas |
Axudas para a matrícula nun Máster ou nun Título propio. O Ministerio de Educación convoca axudas para a matrícula nun Máster, destinadas a titulados universitarios en situación laboral de desemprego, para o curso 2010-2011. Así mesmo convócanse axudas para financiar os gastos derivados da matrícula nun título propio de máster realizado durante o curso 2010-2011 nunha universidade pública. As axudas van dirixidas a titulados universitarios en situación laboral de desemprego, que se encontren inscritos como demandantes de emprego e estean a percibir ou percibisen durante o ano 2010 a correspondente prestación económica por desemprego. A contía da axuda para cursar un máster oficial ou un título propio será, en todo caso, o prezo público oficial que se fixe para os servizos académicos que conduzan á obtención do título no curso 2010-2011. Requisitos: a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1970 e o 31 de decembro de 1985. b) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior. c) Encontrarse en situación laboral de desemprego e estar inscrito como demandante de emprego á data da 1 de setembro de 2010. d) Estar ou ter estado a percibir prestación ou subsidio por desemprego con cargo ao presuposto do Servizo Público de Emprego entre o 1 de xaneiro e o 1 de setembro de 2010, ambos os dous inclusive. e) Estar matriculado no curso 2010-2011 nun curso completo de máster oficial. Tamén serán candidatos á axuda que estean matriculados dun curso completo nun título propio de máster impartido por unha universidade pública. O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o día 16 de novembro de 2010, inclusive. Máis información no BOE do 1 de setembro de 2010 e en www.educacion.es
BOLETÍN CIMO
sep 1
Ofertas de Emprego Privado (Cimo) Mércores, 25 Agosto 2010
Oferta Nº 976289 Localidade: Padrón Posto ofertado: Docente rama sanitaria Impartirá os módulos da rama sanitaria en varios cursos de atención de persoas maiores. Imprescindible estar en posesión da Diplomatura en Enfermaría, do curso de formador de formadores, CAP ou metodoloxía didáctica. Tamén é necesario ter experiencia de máis de un ano na rama sanitaria e 600 horas acreditadas como docente. Con permiso de conducir B. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda de tarde
Oferta Nº 976282 Localidade: Lugo Posto ofertado: Técnico en Prevención de Riscos Laborais Realizará tarefas de deseño e desenvolvemento de proxectos de difusión dos principios de acción preventiva entre traballadores e empresarios, resolución de problemas, deseño de métodos e contido de programas así coma fomento do coñecemento da normativa Ofrecen a posibilidade de traballar dende a casa para elaborar o proxecto e contrato mercantil.
Oferta Nº 976292 Localidade: Ourense Posto ofertado: Pintor/a oficial Empresa de servizos para o fogar selecciona persoal con experiencia mínima de dous anos para realizar traballos de pintura de interiores, en obras situadas principalmente na cidade de Ourense. Ofrecen contratación a xornada completa. Incorporación inmediata.
Oferta Nº 976291 Localidade: Ourense Posto ofertado: Técnico/a de axencia de emprego Realizará tarefas de información sobre ofertas de emprego, tramitación de currículos, orientación laboral e seguimento con empresas clientes dunha axencia de colocación. Imprescindible titulación universitaria na rama social e coñecementos de ofimática. Xornada completa en quenda partida. Ata 30 anos.
Oferta Nº 976287 Localidade: Vigo Posto ofertado: Perruqueira/o oficial Salón de beleza precisa persoal con experiencia para facerse cargo da marcha do centro de imaxe. Ofrecen traballo a xornada completa.
Oferta Nº 976309 Localidade: A Coruña Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Formación) Consultora de formación precisa vendedores/as para realizar visitas a empresas e particulares ofrecendo cursos bonificados. Necesarios coñecementos de informática e ter carné B e vehículo propio. Xornada de traballo a convir coa empresa, de luns a venres.
Oferta Nº 976296 Localidade: Culleredo Posto ofertado: Operario/a de loxística Encargarase de controlar entradas e expedición de mercadorías, procesalas no programa informático, así coma funcións de manipulado, empaquetado e colocación dos produtos. Necesarios coñecementos básicos de informática e do sistema operativo Windows. Requírese posuír experiencia como caixeiro/a en supermercado, repoñedor/a, mozo/a de almacén, etc., así coma medio de transporte para desprazarse ó lugar de traballo. Ofrecen traballo a xornada completa de 6:00 a 14:00 ou de 14:00 a 22:00 horas.
Oferta Nº 976289 Localidade: Padrón Posto ofertado: Docente rama sanitaria Impartirá os módulos da rama sanitaria en varios cursos de atención de persoas maiores. Imprescindible estar en posesión da Diplomatura en Enfermaría, do curso de formador de formadores, CAP ou metodoloxía didáctica. Tamén é necesario ter experiencia de máis de un ano na rama sanitaria e 600 horas acreditadas como docente. Con permiso de conducir B. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda de tarde.
Oferta Nº 976286 Localidade: Santiago de Compostela Posto ofertado: Docente curso “Servizo de barra para hostaleiros” Academia precisa profesor para impartir un curso de “Servizo de barra”. Imprescindible experiencia docente e dominio da temática a impartir. Idade entre os 23 e os 38 anos. Ofrecen traballo en horario de 16:50 a 19:35 horas.
Oferta Nº 976281 Localidade: A Coruña Posto ofertado: Técnico en Prevención de Riscos Laborais Realizará tarefas de deseño e desenvolvemento de proxectos de difusión dos principios de acción preventiva entre traballadores e empresarios, resolución de problemas, deseño de métodos e contido de programas así coma fomento do coñecemento da normativa Ofrecen a posibilidade de traballar dende a casa para elaborar o proxecto e contrato mercantil.
Oferta Nº 976266 Localidade: A Coruña Posto ofertado: Consultor/a de formación Consultora precisa persoal con experiencia na tramitación de solicitudes de subvencións relacionadas coa formación, inserción sociolaboral e outras áreas de recursos humanos. Valórase experiencia na elaboración de propostas para concursos públicos, relacionados coas áreas de traballo. Necesaria titulación da rama social (Psicoloxía, Socioloxía, Empresariais, Economía, etc.).
Oferta Nº 976265 Localidade: Cerceda Posto ofertado: Axente de enquisas Empresa dedicada á realización de estudos de mercado, precisa persoal para realizar enquisas en explotacións gandeiras. Ofrecen contrato mercantil, con pago por enquisa realizada. Necesaria residencia na zona. Valórase experiencia no posto.
Oferta Nº 976317 Localidade: Barreiros Posto ofertado: Dependente de peixería Cadea de supermercados precisa persoal para traballar na sección de peixería atendendo ós clientes e preparando o produto para a súa venda. Necesaria experiencia de tres meses no posto e residir na zona. Ofrecen traballo de entre 20 e 30 horas semanais.
Oferta Nº 976314 Localidade: Ribadeo Posto ofertado: Dependente de peixería Cadea de supermercados precisa persoal para traballar na sección de peixería atendendo ós clientes e preparando o produto para a súa venda. Necesaria experiencia de tres meses no posto e residir na zona. Ofrecen traballo de entre 20 e 30 horas semanais.
Oferta Nº 976282 Localidade: Lugo Posto ofertado: Técnico en Prevención de Riscos Laborais Realizará tarefas de deseño e desenvolvemento de proxectos de difusión dos principios de acción preventiva entre traballadores e empresarios, resolución de problemas, deseño de métodos e contido de programas así coma fomento do coñecemento da normativa Ofrecen a posibilidade de traballar dende a casa para elaborar o proxecto e contrato mercantil.
Oferta Nº 976259 Localidade: Lugo Posto ofertado: Axente de enquisas Empresa dedicada á realización de estudos de mercado, precisa persoal para realizar enquisas en explotacións gandeiras. Ofrecen contrato mercantil, con pago por enquisa realizada. Necesaria residencia na zona. Valórase experiencia no posto.
Oferta Nº 976258 Localidade: Monforte de Lemos Posto ofertado: Axente de enquisas Empresa dedicada á realización de estudos de mercado, precisa persoal para realizar enquisas en explotacións gandeiras. Ofrecen contrato mercantil, con pago por enquisa realizada. Necesaria residencia na zona. Valórase experiencia no posto.
Oferta Nº 976257 Localidade: Portomarín Posto ofertado: Axente de enquisas Empresa dedicada á realización de estudos de mercado, precisa persoal para realizar enquisas en explotacións gandeiras. Ofrecen contrato mercantil, con pago por enquisa realizada. Necesaria residencia na zona. Valórase experiencia no posto.
Oferta Nº 976248 Localidade: Chantada Posto ofertado: Axente de enquisas Empresa dedicada á realización de estudos de mercado, precisa persoal para realizar enquisas en explotacións gandeiras. Ofrecen contrato mercantil, con pago por enquisa realizada. Necesaria residencia na zona. Valórase experiencia no posto.
Oferta Nº 976328 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Administrativo/a – Comercial Precísase persoal cun ano de experiencia como administrativo para realizar tarefas de facturación, control de pagos e cobros, labores comerciais, etc. Traballo a xornada completa de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 horas, de luns a venres. Necesario permiso de conducir B e vehículo propio. Entre 25 e 40 anos.
Oferta Nº 976327 Localidade: Ourense Posto ofertado: Persoal de limpeza Encargarase da limpeza de vivendas, comunidades e oficinas. Ofrecen traballo a tempo parcial en quenda de mañá, durante aproximadamente dez horas semanais. Necesaria experiencia no posto e ter entre 30 e 55 anos.
Oferta Nº 976326 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empregado/a do fogar Necesaria experiencia acreditada de polo menos un ano no posto. Encargarase de realizar tarefas de limpeza, pasalo ferro, cociñar e coidado de dúas nenas. Horario de traballo de 8:30 a 15:30, de luns a venres. Ata 50 anos.
Oferta Nº 976325 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empregado/a do fogar Domicilio situado no centro da cidade precisa persoal para realizar limpeza da vivenda, durante dúas ou tres horas en quenda de maña a convir. Valórase experiencia no posto. Entre 25 e 50 anos.
Oferta Nº 976324 Localidade: Ribadavia Posto ofertado: Axente de enquisas Empresa dedicada á realización de estudos de mercado, precisa persoal para realizar enquisas en explotacións gandeiras. Ofrecen contrato mercantil, con pago por enquisa realizada. Necesaria residencia na zona. Valórase experiencia no posto.
Oferta Nº 976323 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente de enquisas Empresa dedicada á realización de estudos de mercado, precisa persoal para realizar enquisas en explotacións gandeiras. Ofrecen contrato mercantil, con pago por enquisa realizada. Necesaria residencia na zona. Valórase experiencia no posto.
Oferta Nº 976322 Localidade: Ourense Posto ofertado: Programador/a en C# Empresa precisa programador/a en C# ou Visual.NET para desenvolver aplicacións en novos proxectos de I+D+I xunto con unha das empresas do grupo responsable da fabricación da tecnoloxía. Necesaria experiencia mínima de un ano en posto similar. Idade entre os 20 e os 50 anos. Ofrecen xornada completa en horario de 8:00 a 16:00 horas.
Oferta Nº 976308 Localidade: Pontevedra Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Formación) Consultora de formación precisa vendedores/as para realizar visitas a empresas e particulares ofrecendo cursos bonificados. Necesarios coñecementos de informática e ter carné B e vehículo propio. Xornada de traballo a convir coa empresa, de luns a venres.
Oferta Nº 976302 Localidade: Vigo Posto ofertado: Licenciado/a en Psicopedagoxía Academia precisa psicopedagogo/a para funcións docentes, coordinación de grupos online e orientación. Necesario permiso de conducir B e coche propio. Valóranse coñecementos de ofimática. Idade entre os 20 e os 35 anos. Ofrecen traballo a xornada parcial con posibilidade de ampliación.
Oferta Nº 976298 Localidade: Vigo Posto ofertado: Licenciado/a en Pedagoxía Academia precisa pedagogo/a para funcións docentes, coordinación de grupos online e orientación. Necesario permiso de conducir B e coche propio. Valóranse coñecementos de ofimática. Idade entre os 20 e os 35 anos. Ofrécese traballo a xornada parcial con posibilidade de ampliación.
Oferta Nº 976295 Localidade: Pontevedra Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Papelería) Empresa de publicacións e produtos comerciais precisa persoal para promoción e venda de servizos, produtos e cumprimentación e envío ao almacén dos pedidos realizados pola rede comercial. Necesario permiso de conducir B e coche propio. Valórase experiencia como comercial no sector de artigos de papelería e regalo e coñecementos de ofimática. Ofrecen xornada completa en quenda partida, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas. Idade entre os 18 e os 50 anos.
Oferta Nº 976287 Localidade: Vigo Posto ofertado: Perruqueira/o oficial Salón de beleza precisa persoal con experiencia para facerse cargo da marcha do centro de imaxe. Ofrecen traballo a xornada completa
Oferta Nº 976279 Localidade: Vigo Posto ofertado: Técnico en Prevención de Riscos Laborais Realizará tarefas de deseño e desenvolvemento de proxectos de difusión dos principios de acción preventiva entre traballadores e empresarios, resolución de problemas, deseño de métodos e contido de programas así coma fomento do coñecemento da normativa Ofrecen a posibilidade de traballar dende a casa para elaborar o proxecto e contrato mercantil.
Oferta Nº 976267 Localidade: Vigo Posto ofertado: Vendedor/a por teléfono Para realizar venda telefónica de software profesional dirixido a empresas, que permite o envío de SMS individuais e masivos, supoñendo un aforro de custes nas comunicacións. Necesaria experiencia de polo menos un ano como comercial. Idade entre os 20 e os 45 anos. Ofrecen xornada completa de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Para contactar: www.cimoemprego.com, O Portal Galego do Emprego, ou chamando ao 902116039 (Telemprego CIMO)
XOGO DA ANGUÍA EN VALGA
sep 1
Éxito do xogo da Anguía
Dende o venres tódolos nenos de Valga e doutros concellos , disfrutan do xogo da anguía e doutros xogos tradicionais como a mariola ou piturra.
Dende o venres tódolos nenos de Valga e doutros concellos , disfrutan do xogo da anguía e doutros xogos tradicionais como a mariola ou piturra.
Colabora:
- Colexio de Cordeiro.
- A.S.M.I.V.A.L.U
- C.E.I.P de Baño
VALGA LÚDICA E SAUDABLE
Proxecto “enredar no camiño”
Este proxecto ten como finalidade recuperar e promocionar distintos xogos tradicionais, adiviñas, etc… e todo o que ten que ver co mundo do neno e que, de forma didáctica, poidan desenvolver ó aire libre.
XOGO DA ANGUÍA
NORMAS
O taboleiro de xogo consta dun total de sesenta e tres celas: Gaña o xogador ou equipo que primeiro chegue a última cela, ó Nº63.
Sortéase quen tira primeiro e faino o xogador ou equipo que saque o número máis alto nunha tirada de ruleta preliminar. O xogador/es ou equipo/s van tirando por turno e desprazándose tantas celas como puntos obteñan nas súas tiradas.
CELAS ANGUÍA
Nas celas Nº1, 9, 14, 18, 23, 27, 32, 36, 41, 45, 50, 54, 59,63 aparece debuxada unha anguía: avanza de unha a outra e volve a tirar.
“DE ANGUÍA A ANGUÍA NADANDO POLA RÍA”
CELAS DE PATRIMONIO
En cada unha destas celas faranse preguntas sobre o patrimonio histórico- artístico e cultural de Valga. De non acertar deberá permanecer na mesma cela ata o seguinte turno, caso contrario segue avanzando:
- Nº2: Muíño de Beiro
- Nº4: Igrexa Divino Salvador de Setecoros.
- Nº10: Capela de Nosa Señora dos Desamparados da Devesa.
- Nº16: Igrexa de Santa María de Xanza.
- Nº25: Igrexa de Santa Cristina de Campaña
- Nº37: Capela Virxe da Saúde de Casaldeirigo
- Nº44: Capela San Mamedo dos Martores.
- Nº48: Capela San Paio de Vilar.
- Nº56: Igrexa Santa Comba de Cordeiro.
- Nº61: Igrexa de San Miguel de Valga.
- Nº21: Praia Fluvial de Vilarello.
- Nº 29: Mina Mercedes.
- Nº39: Don Xesús Ferro Couselo.
- Nº60: Fervenzas de Parafitas.
CELAS Nº 6 e Nº12: PONTE ROMANA DO SOUTO.
Se un xogador ou equipo cae no número 6 avanza ata a seguinte ponte situada na cela número doce e viceversa e volve a tirar.
“DE PONTE ROMANA A PONTE ROMANA E SIGO CON MOITA GANA”
CELA Nº 19: ESCUDO DO CONCELLO DE VALGA.
Ó caer nesta cela o xogador ou equipo permanecerá 1 turno sen xogar porque detense no Concello a solicitar un documento.
CELAS Nº 26 e 53: ALAMBIQUES
Cando un xogador ou equipo cae na número 26 avanza ata o seguinte alambique na cela número 53 e viceversa. Volve a tirar.
“DE ALAMBIQUE A ALAMBIQUE SIGUE E REPITE”
CELA Nº31: PETO DE ÁNIMAS.
O que caia nesta caixa terá que permanecer 2 turnos sen tirar porque debe facer penitencia.
CELAS Nº34 e 42: PETROGLIFOS.
Quen caia na cela número 34 terá avanzar ata a número 42 e viceversa.
CELA Nº52: BATALLA DE CASALDOEIRIGO
O xogador ou equipo que caia nesta cela estará 2 turnos sen tirar porque deténse a axudar ós feridos.
CELA Nº58: CENTRO DE SAÚDE.
Ó caer aquí hai que volver a cela Nº1 do taboleiro porque debido a un exceso de enerxias caes desfalecido e debes voltar para a casa.
CELAS PROBA: Nº 8, 20, 30, 38, 49, 55 e 62
Nestas celas deberanse superar unhas probas, individuais ou en equipo, para continuar xogando; do contrario deberá permanecer na cela ata a seguinte tirada.
CELA 63: ANGUÍA META
Para gaña-la partida o xogador ou equipo deberá chegar aquí facendo coincidir exactamente os puntos da ruleta coas celas que falten para a chegada.
PREGUNTAS**
- Con que Concellos limita Valga ó Norte?
- Con que Concellos limita Valga ó Sur?
- Con que Concellos limita Valga ó Leste?
- Con que Concellos limita Valga ó Oeste?
- Cantas parroquias ten Valga e cales son?
- Donde están as Fervenzas de Valga?
- Donde está a Ponte Romana?
- En que parroquia se atopan os Petroglifos de Camporredondo?
- Cal é a Festa Gastromónica do Concello de Valga?
- Cando se celebra a Festa da Anguía e Caña do País?
- Cita dúas igrexas de Valga.
- Cita dúas capelas de Valga.
- Donde se atopa o Peto de Ánimas?
- A Igrexa de Santa Comba está en Campaña? Verdadeiro ou falso?
- Onde tivo lugar a Batalla na que gañaron os valgueses no 1809?
- Contra quen coitaron os valgueses na Batalla de Casaldoeirigo?
- Que ríos pasan por Valga?
- Como se chama a praia fluvial de Vilarello?
- muiño de Beiro é eléctrico ou de vento?
- Donde hai un circuito de ximnasia en Valga?
- Nomea dúas maneiras de cociñar a anguía na Festa da Anguía.
- Que industrias hai en Valga?
- A que país emigrou mayoritariamente a xente de Valga durante a Guerra Civil?
- Que animal aparece no escudo do Concello de Valga?
- É verdade que Cesures pertencía a Valga e que no ano 1926 se fixo concello independiente?
- En que ano se lle adicou o Día das Letras Galegas a Don Xesús Ferro Couselo?
- En que ría está situada Valga?
- Onde se atopa a Mina Mercedes?
- De que fruto se fai a augardente?
- O petroglifo que hai no Concello de Valga, con que nome se coñece?
- Que se celebra o tres de febreiro no Concello de Valga?
- Cita dous persoeiros famosos do Concello de Valga.
PROBAS
- Dar unha volta a correr polo circuito de bicicleta en 3 minutos.
- Conseguir acertar 3 tiros a porta de 5 intentos.
- Aguantar á pata coxa durante 3 minutos.
Dar duas voltas a pés xuntillas arredor do taboleiro en 2 minutos.- Conseguir sacar un nº maior a 4 na ruleta. 1 oportunidade.
- Conseguir sacar un nº menor a 3 na ruleta. 1 oportunidade.
- Reúne 20 pedriñas nun minuto.
- Adiviñar con xestos 3 palabras de 5.
- Cantar unha canción popular en galego.
- Salto de lonxitude: conseguir saltar máis lexos que o xogador/equipo contrario.
- Conseguir dar 20 botes seguidos coa pelota.
- Resolve unha das adiviñas que aparecen neste taboleiro.
**As respostas a estas cuestións pódelas atopar na Web do Concello, na Oficina de Turismo, no Auditorio Municipal, no Concello e no Museo Histórico Local.
ADIVIÑAS
Which letter is a part of the body?
I`m your uncle’s brother,
but I’m not your uncle.
It is round and yellow.
It is like a ball of fire.
It rises in the East.
It sets in the West.
What is it?
I always come down,
But never go up.
What am I?
It is on your head
And under your hat.
What is it?
Curso AFD
Operario de confección de prendas de traballo.
01/09/2010
Abrése o prazo de inscripción en curso de OPERARIO DE CONFECCIÓN DE PRENDAS DE TRABALLO
NÚMERO DE HORAS:
Código de inscrición no INEM: XXARTTOOO6
PRAZO SOLICITUDES: 10 SETEMBRO
OFERTAS DE EMPREGO
ago 30
actualizadas a data
30/08/2010
Localidade |
Posto de traballo |
Oferta |
|
Vilagarcía |
Empregada Fogar |
10705 |
|
Vilagarcia |
Axte. Cociña |
11205 |
|
Vilagarcia |
Peón / Albanel |
11348 |
|
Valga |
Dependenta de conxelados |
11524 |
A selección farase o venres 3 de setembro ás 10:00 horas no Auditorio de Valga.
Requisitos: 2º E.S.O. ou ata 2º Bacharelato, Celga.
Los niños de Valga participaron en un taller sobre la elaboración de la caña.
Los niños de Valga participaron ayer en un taller sobre la elaboración de aguardiente. Una veintena de niños de Valga participaron ayer en un taller formativo y educativo sobre “o tesouro das adegas galegas”, una iniciativa puesta en marcha por el gobierno municipal para dar a conocer a las nuevas generaciones las claves de un producto tan autóctono como es la “caña do país”. La propuesta está incluida dentro del programa de la Festa da Anguía y de la Mostra da Caña do País que se desarrolla este fin de semana en el municipio del Ulla. Los pequeños también tendrán su espacio diferenciado hoy a las cinco de la tarde en el parque Irmáns Dios Mosquera con un gran festival infantil en el que no faltarán los juegos populares ni la espuma. Hoy también tendrá lugar la cata final del concurso de aguardientes de donde saldrán los nombres de los ganadores que se conocerán el domingo justo antes de la comida. La cata final será a las ocho menos cuarto en las dependencias del Concello. DIARIO DE AROUSA, 27/08/10
|
Do 1 ao 13 de setembro estará aberto o prazo extraordinario de presentación de solicitudes aos ciclos formativos de Formación Profesional.
Na web da Consellería de Educación, www.edu.xunta.es/fp, están dispoñible a a listaxe de ciclos formativos de grao medio con matrícula liberada. Calquera persoa que cumpra os requisitos de acceso aos ciclos formativos pódese matricular nos ciclos formativos con matrícula liberada. Máis información en http://www.edu.xunta.es/fp/admisionCM.htm |