Archivo por 9 de febrero de 2010

Novas ofertas de emprego

Actualizadas a 8/02/2010

Vid ofertas

IV EXPOSICIÓN DA CAMELIA BELLA OTERO – VALGA

IV EXPOSICIÓN DA CAMELIA EN VALGA

BASES DO II CONCURSO DE PRESENTACIÓN FLORAL CON CAMELIAS. VALGA 2010.

1º.- Este concurso ten por obxecto animar ós expositores locais a participar na exposición e aumentar a afección á camelia, o seu cultivo, divulgación e en xeral o amor polas plantas e o respecto polo medio ambiente.
2º.- Co fin de estimular e premiar a participación local, só poderán participar as asociacións, veciños ou residentes habituais en Valga e outros concellos. Non se permite o concurso de profesionais do ramo.
3º.- Outorgarase un 1º, 2º e 3º premio á presentación, que baseándose na flor da camelia e utilizando ou non outras plantas, obxectos ou materiais decorativos, resulten do agrado do xurado. Valorarase a mellor conservación das flores, que non estean murchas, enfermas ou rotas, que a composición das flores cos outros obxectos da presentación resulte harmónica, bonita, elegante, artística.
4º.-Poderán utilizarse todo tipo de especies ou variedades de camelia.
5º.-Os premios, este ano consisten nunha planta de camelia en maceta, das variedades da Colección da Deputación de Pontevedra, para cada un dos/as tres premiados/as.
6º-O xurado estará formado por un representante do concello, dous representantes da Asociación de Mulleres Rurais “Albor” de Valga, por un representante da Sociedade Española da Camelia e por un socio de dita sociedade.
7º.-Os participantes deberán realizar a súa inscrición indicando o seu desexo de participar neste concurso ademais de facelo na Exposición.
8º.- Os concursantes, polo feito de solicitar a súa inscrición, deberán coñecer e aceptar estas bases e someterse á decisión do xurado.
A asociación de MMRR “Albor” de Valga en colaboración co concello de Valga están a organizar a IV Exposición da Camelia que se vai levar a cabo os días 20 e 21 de febreiro.
A asociación invita a tódalas persoas de Valga e doutros concellos, que dispoñan de camelias nas súas hortas a que participen nesta exposición.
Inscricións: Auditorio Municipal
Telf. 986 55 67 69

Próximas actuacións da Escola de Teatro

O 7 de marzo en Valga.
O 12 de marzo actuamos en Betanzos.
O 28 de marzo en Meaño.

Éxito da Escola de Teatro

O domingo 7 a Escola de Teatro de Valga puxo en escea “A FAMILIA SEMPRE UNIDA” en Mourente. O público asistente quedou moi contento e aplaudeu moito aos nosos actores e actrices.

Pensamento do día

Que é un cínico? Un que coñece o prezo de tódalas cousas
e o valor de ningunha. Oscar Wilde