Archivo por 2 de marzo de 2010
Pensamento do día
mar 2
A Xunta de Galicia presenta hoxe Xuventur 2010, un programa de actividades de lecer e tempo libre no que poden participar mozas e mozos de entre 18 e 35 anos, que se vai levar a cabo entre marzo e xuño en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral para o Turismo.
Este programa ten o dobre obxectivo de desestacionalizar o turismo rural e abrilo a un segmento da poboación que rexistra, ata agora, unha demanda minoritaria. Tamén permitirá que os participantes coñezan a xeografía e cultura galega a través destas actividades, así como achegarlles a riqueza e a diversidade de Galicia, experiencia que lles servirá para valorar e respectar o noso patrimonio cultural, natural e etnográfico.
Para facer máis atractivo o programa, en cada unha das casas rurais empresas especializadas programarán actividades de ocio e tempo libre para os participantes, tais como rutas a cabalo, paintball, tiro con arco, canoas ou sendeirismo.
No Xuventur 2010 participan máis de 150 casas de turismo rural de toda Galicia, que ofertan 1.500 prazas para a mocidade
IMPORTANTE: Para anotarse no programa Xuventur 2010, lembrade que:
1º.- Os número de telefono aos que debedes chamar para anotarse son o:
881.999.314
981.957.057
O horario de atención ás chamadas será de 9:00 a 14:00 h
2º.- Antes de chamar, elixide o programa e as datas nas que queredes participar, a fin de facilitar e facer máis áxil a reserva de prazas.
3º.- Unha vez teñades feita e adxudicada a reserva, lembrade que en 48h. máximo debedes facer o ingreso na conta que se vos indique, e envialo por Fax (xunto coa restante documentación) ao número: 981. 545.843.
Inmediatamente despois, mandádeo por correo urxente ao enderezo que se vos indica no folleto de Xuventur. De non facelo, a persoa perde os seus dereitos de adxudicación de praza.
4º.- Haberá unha lista de reserva de dez prazas por programa (non por fin de semana), e no caso de que non poidades acudir non se admite cambio de titular de xeito automático, senón que se recorrerá a lista de espera. Tampouco se devolverá o importe excepto no caso de que as actividades non se poidan realizar.
5º.- Só se poderá facer dúas reservas por persoa.
6º.- O prezo final son 100€ por persoa e praza, cun desconto do 25% no caso de acreditar que a persoa solicitante posúe o carné xove e que está vixente.
7º.- Tende en conta o equipamento específico de roupa a levar dependendo de cada programa.
Nos documentos adxuntos podes atopar a información complementaria que precisas, así como o modelo de solicitude.