Archivo por 9 de marzo de 2010

A escola de teatro estrea A familia sempre unida

Vid entrada

Novas ofertas de emprego

Vid ofertas

Aberto o prazo de inscripción para asistir á Xuventude Galicia Net, que se celebrará durante os días 26 27 e 28 de marzo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado presenta unha nova edición da Xuventude Galicia Net, o maior evento tecnolóxico da nosa comunidade que se ven celebrando dende fai 11 anos, e que neste 2010 terá lugar os días 26, 27 e 28 de marzo, no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
O prazo de inscipción está aberto na nosa web www.xuventudegalicia.net. Os interesados só terán que acudir a dito enderezo e introducir os seus datos. A cuota é de 40 euros, e aos usuarios do carné xove descontaráselles un 25%.
Unha das grandes novidades desta undécima edición é a apertura de portas aos obradoiros. Deste xeito poderán participar neles todos as persoas que estean interesadas en asistir, e non só os usuarios inscritos do evento. A XGN transfórmase así, nun espazo para a aprendizaxe, na que o público en xeral poderá acceder a obradoiros centrados en novas metodoloxías e linguaxes de desenrolo, deseño web ou software libre. Por outra banda, existirán obradoiros lúdicos, centrados no ámbito do ocio. Este tipo de actividades estarán dispoñibles durante os tres días que dura o evento, e o único requisito necesario para asistir a elas é apuntarse previamente a través da nosa páxina web.
Durante esta undécima edición, habilitaranse tres zonas diferentes de actividades: a intranet, a extranet e os obradoiros. Na intranet colocaranse os usuarios da rede local, os cales poderán compartir datos a gran velocidade grazas aos 40 kilómetros de cable que permitrán unha conexión de área local de 1 xigabit. Nesta edición, a extranet situarase no exterior do Palacio de Congresos e Exposicións, e estará cuberta por unha gran carpa de 600 metros cadrados, para evitar que posibles choivas amolen a diversión. As actividades lúdicas realizadas baixo a carpa son de libre acceso e están dirixidas a todos os públicos.
En toda a súa traxectoria durante estes 11 anos, a XGN evolucionou ata converterse nun evento que vai máis alá dunha mera conexión ultrarápida a internet, é un espazo de encontro xuvenil, de formación, de iniciación ao mundo dixital, e en definitiva, un marco ideal para a aprendizaxe e o intercambio de datos e experiencias. Unha plataforma ideal para dar a coñecer os últimos avances tecnolóxicos, e por suposto, para a potenciación do software libre. Este feito, sitúa a Galicia como unha das comunidades máis implicadas no desenrolo da cultura dixital a nivel estatal.
“Partys” en rede
É coñecido por moitos que a XGN non é a única ‘party’ que se celebra en Galicia. Existen outras, a nivel rexional, como é o caso da ‘Arroutada Party’ da Coruña, a “Kutruparty” na Estrada, a “Arousa Partu” en Vilanova de Arousa, ou ‘Ludus Party’ de Lugo entre outras. Que pasaría se todas confluísen nunha? Crear unha rede de ‘partys’ galegas é un dos nosos obxectivos a longo prazo. Aunar os esforzos necesarios para coordinar todos os evento deste tipo é sinónimo de mellores resultados. O principal obxetivo é a formación continua nas novas tecnoloxías dos galegos e deste xeito poñer a Galicia nos primeiros postos a nivel nacional.

Pensamento do día

Si miras moito tempo un abismo,
o abismo tamén mira dentro de ti. Friedrich W. Nietzsche