Espazo Xuvenil convoca cinco cursos de Monitor de Tempo Libre
Os cursos desenvolveranse nas vilas de Crecente, Verin, Ribadumia, Barbadás e na cidade de A Coruña. Cada curso oferta 25 prazas. En Crecente e Verín resérvanse 10 prazas desas 25 para mozos portugueses.
Con esta iniciativa a Direccion Xeral de Xuventude e Voluntariado ven a completar a oferta formativa de cara a 2010, buscando alternativas na formación para a creación de potenciais emprendedores na eurorexion Galicia Norte de Portugal.
Os alumnos deberán estar en posesión do título de Graduado Escolar, Graduado en ESO ou Técnico Auxiliar en Formación Profesional.
Os cursos teñen un carácter gratuito e a maneira de inscribirse será a seguinte:
Envía un correo electrónico a xuventude@xunta.es indicando o teu nome e apelidos, a túa dirección postal, o teu enderezo electrónico, o teu teléfono móbil e o curso no que estás interesado (esta información está no PDF adxunto)
Ten en conta que dende a mesma dirección de correo electrónico só poderás inscribir a unha persoa e que cada persoa só se poderá inscribir nun curso.
Os alumnos de cada un cursos serán admitidos por riguroso orde de inscrición na dirección electrónica referida, e os admitidos serán confirmados mediante un correo electrónico onde se lles indicará os trámites para formalizar a matriculación
