Archivo por 16 de marzo de 2010

Intercambio do C.E.P. Xesús Ferro Couselo

O Martes 16 de 9:00 a 13:00 os rapaces do C.E.I.P. Barcelos en Pontevedra visitarán o C.E.P. Xesús Ferro Couselo para facer un intercambio.
Así os nenos e nenas do ámbito urbano coñecerán os costumes dun colexio do rural. O C.E.P. Xesús Ferro Couselo daralles a coñecer a actividade da elaboración do pan mediante o video explicativo. Actividade interxeracional na que os maiores do noso concello lembran todo o proceso do trigo aos máis novos: sementeira, sega, malla, moenda, amasado e elaboración do pan, dentro do proxecto Lembranzas para a recuperación do patrimonio cultural inmaterial do noso concello.
Os nenos e nenas tamén disfrutarán cun Xogo da Anguía moi particular. Irán saltando de casilla en casilla adiviñando as preguntas que se lles fagan arredor do proceso de elaboración do pan.
Rematarán a xornada coa presencia dun filloeiro que preparará unhas filloas no colexio e toda a comunidade educativa degustará este postre típico.
Lembrar que este ano o C.E.P. Xesús Ferro Couselo cumpre os seus 25 anos e con motivo deste celebración faranse diversos actos ao longo do ano para rematar o 19 de xuño cun gran festival ao que están invitados todos os seus antigos alumnos.

Pensamento do día

Non decir senón o que é necesario,
a quen é necesario
e cando é necesario. Cardenal Richelieu