DÍA MUNDIAL DA AUGA
22/03/2010
A ONU adica o Día Mundial da Auga este ano 2010 á concienciación da importancia da calidade da auga para fomentar a cooperación entre os gobernos, organizacións, comunidades e as persoas de todo o mundo, promocionando actividades de prevención da contaminación, limpeza e rehabilitación, entre outras.
Deste modo, entre todos poderemos conseguir unha xestión máis efectiva dos recursos hídricos e conservar os ecosistemas favorecendo o mantemento da biodiversidade.
“AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAN”
UN Water.