Archivo por abril de 2010

Curso de técnico auxiliar en deseño gráfico en Catoira

O Concello de Catoira informa que se abre o prazo de inscrición nun curso técnico auxiliar de deseño gráfico que se impartirá no Telecentro de Comunicación.
Trátase dunha acción formativa gratuíta dirixida prioritariamente a persoas desempregadas (AFD –antigo Plan FIP-) de 700 horas de duración. Existen bolsas de desprazamento para o alumnado, así como asignacións económicas para aqueles que non cobren ningún outro subsidio e cumpran determinadas condicións (ter fillos menores a cargo, discapacidade…).As clases impartiranse polas mañás, de luns a venres, en horario de 9,00 a 14,30, dende o 25 de maio ata o 23 de novembro. O número de prazas dispoñibles é de 15, das cales ata un 25% poden adxudicarse a persoas en activo que poidan compatibilizar o seu horario laboral co do curso.Para poder inscribirse nesta actividade é preciso posuír titulación BUP ou FPII en Artes Gráficas e, preferiblemente, coñecementos de informática. A solicitude de inscrición deberán tramitala nas oficinas do INEM de Vilagarcía. Este organismo será o responsable de convocar ós aspirantes a unha proba selectiva que se realizará o 18 de maio no Concello de Catoira, á que deberán acudir provistos de DNI e dos títulos xustificativos de reunir os requisitos indicados.
As persoas que desexen obter máis información sobre o curso poden dirixirse ó departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.

O concello de Valga continua coa campaña de reciclaxe de móbiles

“Mobilízate pola selva” é unha actividade que se realiza en colaboración co CEIDA e co Instituto Jane Goodall e estase a desenvolver en distintos puntos de Galicia.
  O Concello de Valga debido a boa acollida entre os veciños continúa a campaña Mobilízate pola selva, do Instituto Jane Goodall (IJG), que conta en Galicia coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e Caixa Galicia, e que consiste na recompilación de móbiles para a súa reciclaxe co fin de protexer os ecosistemas africanos.
  Os veciños que queiran participar nesta iniciativa poden depositar o seu móbil en desuso (en funcionamento ou non) no punto de recollida habilitado polo concello e que está situado no Auditorio Muncipal ou nas dependencias do concello de Valga, ata o 15 de xuño. O teléfono deberase entregar coa batería pero sen o cargador, sen a tarxeta SIM e ningún outro elemento.
  Na actualidade, a taxa de reciclaxe de móbiles é inferior ao 5% e, por outra banda, tan só en España existen máis de 52 millóns de liñas telefónicas. A este número hai que engadir todos aqueles aparatos que se cambian e que os cidadáns gardan ou tiran ao lixo. Toda esta cantidade de teléfonos, xunto con outras tecnoloxías como os ordenadores ou as consolas, fabrícanse con coltán. Este é un mineral que se extrae na República Democrática do Congo con man de obra semiescravizada onde, ademais, se destrúen os hábitats de moitas especies africanas tales como os chimpancés e os gorilas.
A reciclaxe de móbiles axuda a reducir a demanda dos seus compoñentes, entre eles o coltán, e a tratar adecuadamente os materiais tóxicos evitando así a degradación do medio ambiente. Fonebank, a entidade que trata a reciclaxe dos móbiles, aportara unha parte do valor dos terminais ao Instituto Jane Goodall; polo que esta iniciativa axuda a recadar fondos para os programas de educación e de conservación no Congo, como o que esta levando a cabo o Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga.
 Mobilízate pola selva é unha campaña que se está a desenvolver por distintos puntos de toda Galicia (concellos, centros educativos, entidades bancarias,…) e que se puxo en marcha no pasado mes de setembro tras a sinatura dun convenio de colaboración entre CEIDA e o Instituto Jane Goodall. O IJG fundouse en 1977 pola afamada primatóloga e naturista inglesa Jane Goodall, que visitou Galicia o pasado mes de maio. O IJG, implantado en trinta países do mundo, leva a cabo diferentes programas de investigación e conservación en África, destacando o Parque Nacional de Gombe en Tanzania, o Centro de Recuperación e Reserva de Tchimpounga (República do Congo), o santuario de Ngamba Island (Uganda) e outros en Guinea, Senegal, Gabón e Sudáfrica. O IJG implica á poboación local para desenvolver os seus proxectos.
Por cada 30 móbiles o concello recibe o apadriñamento gratuíto dun dos chimpancés rescatados que o Instituto Jane Goodall coida no seu centro da República do Congo, dirixido pola veterinaria galega Rebeca Atencia. Algúns dos primeiros concellos participantes como o de VALGA están xa a piques de recibir a información periódica sobre o simio adoptado (seu nome, a súa historia, os seus costumes, o progreso da súa recuperación, etc.) e que poderán compartir cos veciños do municipio (a través da súa páxina web, boletíns informativos, actividades nos centros de ensino, etc.)
 Para máis información:
-       OMIX
-     AUDITORIO MUNICIPAL

FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES 2010

FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES 2010
MAIO
OS HORARIOS NON ESPECIFICADOS DEBERANSE CONSULTAR NO CONCELLO
CORRESPONDENTE
MAIO
CAMBADOS
01/05/2010
11:00h. FESTA DA BICICLETA
VILAGARCÍA DE AROUSA
09/05/2010
11:00h. FESTA DA BICICLETA
SALCEDA DE CASELAS
09/05/2010
9:00h. FESTA DA BICICLETA
PAZOS DE BORBÉN
16/05/2010
11:00h FESTA DA BICICLETA
BAIONA
17/05/2010
11:00h. FESTA DA BICICLETA
CATOIRA
17/05/2010
11:00 h. FESTA DA BICICLETA
NIGRÁN
17/05/2010
10:30 H. FESTA DA BICICLETA
PONTEAREAS
17/05/2010
10:00 h. FESTA DA BICICLETA
GONDOMAR
17/05/2010
10:00 h. FESTAS DA BICICLETA
VILANOVA DE AROUSA
23/05/2010
17:30 h. FESTA DA BICICLETA
O ROSAL
23/05/2010
10:30 h. FESTA DA BICICLETA
TOMIÑO
30/05/2010
10:30 h. FESTA DA BICICLETA

Integración laboral das persoas con discapacidade

 
Imaxe principal do artigo ou noticia
A Consellería de Traballo convoca un programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e do programa de emprego con apoio.
Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria:

a) Subvención pola contratación indefinida.

b) Subvención pola contratación indefinida de traballadores/as con discapacidade dun enclave laboral.

c) Subvención pola contratación temporal.

d) Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.

e) Subvención para a adaptación dos postos de traballo ou para a dotación de equipamentos de protección persoal.

Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego das persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo: a finalidade deste programa é favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral mediante a súa contratación en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

As solicitudes e os anexos dos programas están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://traballo.xunta.es.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de xuño de 2010.

Máis informaciónn o DOG do 30 de abril de 2010 e en http://traballo.xunta.es

Xuventude oferta un programa de 400 prazas para achegar a educación ambiental mariña á mocidade galega do interior

 
Imaxe principal do artigo ou noticia
A Consellería de Traballo e Benestar e a Consellería do Mar colaboran nestas actividades, dirixidas ao alumnado de segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e dos ciclos de grao medio. As estadías, de cinco días, terán lugar no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo) entre o 10 de maio e o 4 de xuño. Para anotarse, os impresos de solicitude están ao final na nova, premendo o símbolo +
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un programa de educación ambiental mariña destinado á mocidade galega, especialmente á do interior, co fin de dar a coñecer as relacións entre o home e o mar e para garantir a conservación do patrimonio natural mariño. En total, e en colaboración coa Consellería do Mar, ofértanse un total de 400 prazas para cursar estas actividades.

O programa vai dirixido ao alumnado de segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria (3º e 4º de ESO), aos estudantes de 1º curso de bacharelato e aos do 1º ciclo formativo de grao medio que non teñan cumpridos os 18 anos.

O máximo de 400 prazas distribuirase en catro quendas de luns a venres, desde o 10 de maio ata o próximo 4 de xuño, no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo).

Durante estas estadías, o obxectivo é achegar aos participantes ao mundo mariño, e mostrarlles embarcacións antigas e tradicionais. De feito, entre as actividades previstas, destaca a organizada a bordo dunha embarcación con capacidade para 120 persoas.

Ademais, e entre outros fins, promoverase a sensibilidade e respecto medioambiental; divulgarase a situación actual do mar; fomentaranse hábitos de vida saudable e promoveranse situacións multiculturais e de intercambio de experiencias.

Existen dous módulos diferenciados, en función da idade dos participantes: o “Planeta Litoral” (2º ciclo da ESO), que abordará o estudo do litoral da costa, as formacións costeiras, a biodiversidade, a contaminación ou os labores extractivos do marisqueo a pé e a bordo; e a “Expedición Neptuno” (1º curso do bacharelato e 1º ciclo formativo de grao medio), que se centrará nas relacións entre o home e o mar, as formacións xeomorfolóxicas ou na navegación costeira.

Para máis información podedes chamar aos seguintes teléfonos:

981 544 926 / 981 957 057 / 881 999 314

Pensamento do día

Atópanse medios para sanar a tolería;
pero non se atopan para endereitar
unha mente retorcida. La Rochefouncauld

Pensamento do día

Esforzarse en pensar ben: he aquí
o principio da moral. Blaise Pascual

Pensamento do día

Ten coidado con home cuxo Deus
está nos ceos. G. Bernard Shaw

Pensamento do día

A idade non protexe o amor. Pero o amor
protexe da idade. Jeanne Moreau

Campamentos de Verán 2010 para persoas con discapacidade

Campamentos de Verán 2010 para persoas con discapacidade
Programa de ocio e tempo libre para persoas con discapacidadePoden solicitar a súa participación nesta actividade as mozas e os mozos, cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, que teñan a idade comprendida nos rangos que se indica en cada unha das quendas e que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
Terán prioridade- As persoas que non participaran en anos anteriores.- As persoas con autonomía persoal para as actividades da vida diaria para a participación nas quendas de integración e aquelas persoas con maior necesidade de apoio nas quendas específicas.