Dentro da Campaña de Verán 2010 a Consellería de Traballo e Benestar a través da D.X. de Xuventude e Voluntariado oferta prazas en campos de traballo para mozos e mozas de Galicia con actividades de voluntariado e de lecer vinculadas á arqueoloxía, ao medio ambiente, a reconstrución, a restauración ou a animación sociocultural. |
|
En Galicia , como novidade este ano e co gallo do Xacobeo podedes participar en campos de traballo de animación sociocultural no Camiño de Santiago. Estes campos de traballo estan en Fisterra, Palas de Rei e O Pino.Se vos interesa a colaboración social podedes participar no campo de traballo de Ourense e se o voso é o medio ambiente non vos esquezades do campo de traballo nas Illas Cies. Nos campos de traballo no estranxeiro podedes acudir a países coma Xapón, Francia, Islandia, Austria, México, Corea do Sur, Italia, Taiwan… Este ano tamén podedes participar nos campos de traballo que se organizan no norte de Portugal en colaboración co Instituto Português da Juventude (en Porto, Braga, Bragança ou Viana do Castelo). Non esquezades a ampla oferta de prazas nos campos de traballos nas Comunidades Autónomas. O vindeiro día 26 de abril de 2010 comeza a inscrición en horario de 9h. a 14 h. |
|
Archivo por abril de 2010
Campos de traballo 2010
abr 27
DESTINATARIOS
Rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio
habitual no Concello no que se solicita a praza.
Nenos/as nados entre os anos 1997 e 2002
(ambos incluídos).
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A documentación deberá ter entrada nas oficinas
da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” con data
máxima o 07 de Maio.
A/A.: Dirección Xerencia – Campamentos
Avda. Montecelo, 12 – 36161 PONTEVEDRA
DATAS
1ª Quenda. Do 24 de xuño o 30 de xuño.
2ª Quenda. Do 01 de xullo o 7 de xullo.
3ª Quenda. Do 08 de xullo o 14 de xullo
4ª Quenda. Do 16 de xullo o 22 de xullo
5ª Quenda. Do 23 de xullo o 29 de xullo
6ª Quenda. Do 01 de agosto entre o 07
de agosto
7ª Quenda. Do 08 de agosto o 14 de agosto
8ª Quenda. Do 16 de agosto o 22 de agosto
9ª Quenda. Do 23 de agosto o día 29
de agosto
10ª Quenda. Do 30 de agosto o 05 de setembro
A incorporación o campamento terá lugar entre
as 10 e as 11 horas en tódalas quendas
e o peche ás 10 horas.
Rógase máxima puntualidade á hora fixada
para a recollida dos rapaces, tendo en conta
que as instalacións do Centro cerraranse
á hora sinalada.
PREZO
O prezo é de 68
€ por neno/a.
EQUIPO MÍNIMO PARA A ACAMPADA
4 Camisetas deportivas // 2 Pantalóns de
deporte // 2 Pares de zapatillas deportivas
(tenis) // 1 Fanequeiras // 4 Pares de calcetíns
de deporte // 1 Chándal // 1 Prenda de abrigo //
1 Chuvasqueiro // 2 Pixamas // 4 Mudas // 2
Bañadores // Toalla de praias // 1 Toalla de
ducha // Útiles de aseo persoal (neceser: xel,
champú, pasta e cepillo de dentes, cepillo de
pelo, etc.) // 1 Bolsa de tea para a roupa sucia
co número que se lle dará a cada rapaz ca
concesión da praza e co que tamén marcarán
a roupa // Saco de durmir // Lanterna // Cantimplora
// Crema protectora solar // Libreta, bolígrafos
e rotuladores // Materiais para debuxo,
instrumento musical e libros de lectura.
ANOTACIÓNS A TER EN CONTA
Os nenos/as dormen en tendas de campaña
de 5 prazas (mínimo) cada unha.
En cada quenda de campamentos realízase
unha excursión a Illa de Ons na que o prezo
do billete por parte do neno son 12,00
entregarán no campamento o primeiro día.
En canto os cartos para o acampado/a son
suficientes 5,00 € (para un xeado, un refresco,
chamar por teléfono,…)
Poden levar teléfono móbil pero será gardado
polos monitores e danllo os nenos/as os días
e nas horas sinaladas para chamar a casa, así
como, poden levar cámaras dixitais pero
o campamento non se fará cargo do seu
extravío.
Informamos ós pais que a Deputación tomará
imaxes e gravacións das presentacións
e peches de cada quenda de campamentos así
como das actividades realizadas polos nenos
durante o mesmo, imaxes que se publicarán
na páxina web da Deputación
A Xunta de Goberno desta Deputación desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 21 de abril de 2010, adoptou, entre outros os seguinte acordo:
A Deputación de Pontevedra, dentro das súas múltiples actividades no ámbito da cultura, vén dando preferencia especial a quen se dedica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e do benestar social. Consciente da importancia de todo isto, e seguindo a traxectoria emprendida dende hai anos, convoca os Premios Provinciais á Investigación 2010, que se rexerán polas seguintes
B A S E S
Primeira
A convocatoria ten por obxecto fomentar a investigación, concedendo os seguintes premios:
PREMIOS Á TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
-
Ciencias e Tecnoloxía, dotado con 3.000 euros
-
Humanidades e Ciencias Sociais, dotado con 3.000 euros
-
Provincia de Pontevedra (tema libre é referido á provincia), dotado con 3.000 euros
-
Premio Carmela Arias Díaz de Rábago” (referido a persoeiros da provincia de Pontevedra, no ámbito local, provincial, galego ou internacional, que se caracterizasen pola súa contribución á mellora e desenvolvemento da comunidade) dotado con 3.000 euros
PREMIOS TESES, PROXECTO FIN DE CARREIRA, FIN DE MASTER E DEA
-
Teses de doutoramento Ciencias e Tecnoloxía, dotado con 2.000 euros
-
Teses de doutoramento Humanidades e Ciencias Sociais, dotado con 2.000 euros
-
Proxectos de fin de carreira, fin de master, Dea: Ciencias e Tecnoloxías dotado, con 1.800 euros
-
Teses de licenciatura, proxectos de fin de carreira, fin de master e DEA: Humanidades e Ciencias Sociais, dotado con 1.800 euros.
As teses e proxectos presentados nos apartados e), f), e mais g) tiveron que ser defendidos nos anos 2009 ou 2010 en calquera dos campus das universidades galegas, ou noutras universidades, por licenciados desta institución galega, sempre que versasen sobre temáticas galegas, acreditándose dita circunstancia coa correspondente certificación académica.
PREMIOS PARA XOVES INVESTIGADORES
-
Novas Tecnoloxía, dotado con 2.000 euros.
-
Humanidades e Ciencias Sociais, dotado con 2.000 euros.
Enténdese como xove investigador todo concursante, maior de idade, que na data da conclusión do prazo desta convocatoria non supere a idade de 26 anos.
Os citados premios financiaranse con cargo á aplicación 10/330.334.481.01 do vixente orzamento provincial.
Segunda
Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a convocatoria en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma galega. Presentaranse por triplicado, xunto cun resumo de 20 folios como máximo, e a máquina ademais do currículo e os méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é tese ou tese de licenciatura, nin que foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo on se poderá presentar a diversos epígrafes. Para garantir o seu anonimato proporanse “baixo un lema” sen que conste a identificación do seu autor.
As teses, teses de licenciatura e proxectos fin da carreira presentaranse por duplicado e co seu título orixinal, xunto cun resumo de 20 folios como máximo.
Terceira
As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 13 de novembro de 2010, especificando o premio ó que se opta, e acompañada da fotocopia do DNI.
Cuarta
Non poderán presentarse a estes premios as persoas que teñan a condición de funcionario ou persoal laboral da Deputación de Pontevedra.
Quinta
A selección e proposta da concesión de premios encoméndaselle a un xurado integrado polos seguintes membros:
-
Presidente:
o titular da Deputación ou deputado en quen delegue. -
Vogais:
o presidente da Comisión Informativa de Cultura.
tres profesores nomeados pola Universidade de Vigo.
un representante da UNED.
un representante da Misión Biolóxica de Galicia.
un representante da Real Academia Galega de Ciencias.tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación.
un representante do departamento de Cultura -
Secretario:
o titular da Corporación ou funcionario en quen delegue.
Este xurado, que non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolvendo todas as incidencias que se presenten, e sendo as súas decisións inapelables, poden solicitar a axuda de asesores especialistas en cada materia.
Sexta
O xurado cualificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultado, conclusións e aplicación práctica e currículo do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa provincia de Pontevedra e con Galicia, eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica.A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade.
Sétima
Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publicar os traballos; transcorrido este e coa autorización deste organismo, poderá facelo o autor pola súa conta.
A concesión do premio non implica a perda da propiedade intelectual.
Un exemplar de cada un dos traballos presentados quedará na Biblioteca de Inéditos desta Deputación de Pontevedra.
Aqueles que non fosen galardoados poderán retirar os traballos no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados desde a resolución do concurso, pasados os cales, quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas.
Oitava
Os Premios Provinciais á Investigación 2010, entregaránse no marco dun acto institucional organizado pola Deputación de Pontevedra.
Pontevedra, a 21 de abril de 2010
La escenificación de la batalla de Casal do Eirigo contra los franceses resultó espectacular y fue seguida por cientos de personas.
La recreación de la batalla de Casal do Eirigo congregó a cientos de personas en el entorno de la Capela da Saúde, lugar en el que hace 201 años los vecinos de Valga conmemoraron su lucha contra los franceses en uno de los enfrentamientos más cruentos de la Guerra de la Independencia en Galicia. Armados con aperos de labranza y las pocas armas que pudieron encontrar, los lugareños hicieron frente a todo un ejército que desplegó toda su artillería sobre el campo de batalla que acabó plagado de héroes. El alcalde de Valga, José María Bello Maneiro presidió los actos, que sirven para recordar a los centenares de fallecidos en esta batalla que se libró en esta localidad.
Apenas ha amanecido y las Alarmas populares recorren todo el municipio de Valga para alertar de la llegada del ejército francés. Enseguida todo el pueblo se dirigió hacia Casal do Eirigo, frente a la Capela da Saúde armados con lo que buenamente pudieron para hacer frente, con aperos de labranza, palos y piedras al todopoderoso regimiento napoleónico. Comienza la batalla. La contienda era desigual pero el valor, el coraje y el amor a la tierra de las gentes de Casal do Eirigo sorprendió a los invasores que se vieron obligados a retroceder, aunque, eso sí, dejando atrás un reguero de sangre y muerte que ensalzó todavía más la gesta y la relevancia de esta decisiva batalla.
Todo esto ocurrió hace 201 años y los vecinos de Casal do Eirigo volvieron a recordarlo ayer con la escenificación de esta histórica batalla, ante la presencia de cientos de personas de toda Galicia que quisieron recordar la efemérides, en medio del tronar de los cañones, el humo, los gritos y el olor a pólvora quemada.
Los actos comenzaron con los desfiles de las alarmas de Casal do Eirigo, perfectamente uniformados y aplaudidos por los lugareños, que no dudaron en mostrar su repulsa a los franceses que llegaron al lugar con sus pulcros trajes y sombreros, carruajes, cañones e, incluso con una dotación de caballería.
Después de que el alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, pasara revista a las tropas, se procedió al izado de banderas e interpretación de los himnos de los países que se enfrentaron en la contienda. El primero en sonar fue el de Portugal, seguido del de Francia, Inglaterra, Galicia, Europa y España. Tras una espectacular salva de artillería se dio lectura a los méritos contraidos por los gallegos ante los franceses y el relato de los hechos acaecidos en la batalla de Casal do Eirigo hace 201 años.
El homenaje continuó con la colocación de coronas en el cementerio a los caídos, perfectamente recreado para la ocasión, y la interpretación por la banda y el coro de “A morte non é o final do camiño”. Después se recreó la batalla y a su término hubo una comida campestre en hermandad.
DIARIO DE AROUSA, 26/04/10
Festa ODL en Campaña, Valga
abr 27
Será o 7 de maio no Campo de Festas de Campaña. A partir das 22:30 horas terá lugar unha gran verbena coas orquestras TROVADORES, PONTEVEDRA e FUNCIÓN PÚBLICA.
Festa en San Miguel de Valga
abr 27
Sábado 1 de maio. Festa na honra da Virxe do Carme.
-Ás 13 horas, Misa Solemne e ao rematar sesión vermouth a cargo da charanga “O Santiaguiño”.
-Pola noite verbena con actuación das orquestras Sintonía de Viigo e Versalles de A Coruña.
Domingo, 2 de maio. Festa de San Miguel.
-Ás 12 hoas, concerto da Banda de Música de Valga.
-Ás 13 horas, Misa solemne e ao rematar sesión vermouth amenizada pola Banda de Música de Valga.
-Ás 16:30 horas, xogos a cargo de PEKEXOGO con inchables, futbolín humno, touro mecánico e demais xogos.
-ás 19:30 horas, actuación do grupo de gaitas e danzas de Valga.
-Pola noite verbena co grupo Limón.
Haberá carpa.
Pensamento do día
abr 27
O público en xeral está dividido en dous bandos:
os que pensan que a ciencia pode facelo todo,
e os que temen que así sexa. Dixi Lee Ray
Pensamento do día
abr 25
A terra non a herdamos dos nosos pais,
tomámola prestada dos nosos fillos. Proverbio africano
Pensamento do día
abr 24