Archivo por mayo de 2010

Pensamento do día

Na túa loita contra o resto do mundo
aconséllote que te poñas do lado
do resto do mundo. Franz Kafka

Bases da convocatoria dunha bolsa de licenciado universitario/a en ciencias químicas, con destino a Finca Mouriscade da Deputación Provincial de Pontevedra

Bases | Modelo de solicitude
De conformidade coa proposta da Xefa do Servizo da Finca Mouriscade e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca unha Licenciado UniversItario/a, consonte as seguintes
B A S E S
1.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, dunha bolsa,que ten como finalidade desenrolar temas de investigación e apoio no laboratorio da Finca Mouriscade.
2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de : Licenciado/a en Ciencias Químicas, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa.
3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Esta bolsa figura cunha dotación económica de 1.200 €/mes, que se imputará á aplicación 411.412.481.01 do orzamento provincial.
O pagamento da bolsa ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.
O goce da bolsa será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.
4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:
  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
  4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.
5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os curricula dos solicitantes, constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:
  • Presidente:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    — Un Deputado provincial.
    — O Xefe do Servizo da Finca Mouriscade.
    — Un funcionario Técnico Superior pertenencente a Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.
Todos os membros terán voz e voto.
A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.
6.— —SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a celebración dunha Entrevista Persoal, relacioada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, que será valorada de (0,00 á 5:00 ) cero a cinco puntos.
Os /aspirantes serán convocados á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa publicación na páxina web do listado de admitidos, onde se indicará a data e hora de celebración da mesma.
Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado de puntuacións obtidas.
7.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ao aspirante que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo có especificado na cláusula sexta das presentes Bases.
8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:
  1. As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario comence o seu desempeño na Finca Mouriscade e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario/a da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. O beneficiario/a de Bolsa deberá subscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar cuberto pola Seguridad Social ou por outro Seguro Privado.
  6. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.
9.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido este plazo, esta Excma. Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación.
10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases.
11.— DEREITOS SUPLETORIOS
A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/ a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxetaranse ao previsto nas presentes Bases, e ademáis, ao previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Ofertas de emprego

Vid ofertas

TURISMO CONVOCA SETE BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NO ESTRANXEIRO DE EXPERTOS TURÍSTICOS

Imaxe principal do artigo ou noticia
A Secretaría Xeral para o Turismo vén de convocar un total de sete bolsas para a realización de prácticas profesionais de especialización de expertos turísticos en mercados emisores por un valor de 218.259 euros. Os lugares elixidos para a formación no exterior destes expertos en turismo son Londres, Roma, París, Franckfort, Zurich, Nova York e Lisboa. Coa posta en marcha destas prácticas na rede de Oficinas Españolas de Turismo no Estranxeiro dependentes de Turespaña preténdese que os bolseiros se formen en promoción exterior e establezan unha base de apoio á captación da demanda turística en Galicia.
As prácticas desenvolveranse entre o día 15 de xullo e 15 de agosto deste ano mediante un período de formación en Galicia e entre o 1 de setembro e o 31 de xullo de 2011, coa incorporación do bolseiro ás consellerías de turismo das cidades estranxeiras elixidas para a formación, cunha duración máxima de once meses. Os bolseiros disporán, por primeira vez, da posibilidade de formarse previamente en Galicia antes de emprender a viaxe para o seu período de formación.

A convocatoria destas bolsas é considerada de gran interese dada a crecente presenza de Galicia nos mercados internacionais. A celebración do Ano Santo 2010 e o incremento dos voos internacionais en destinos moi importantes de potenciais clientes permitirá atraer a Galicia un número maior de turistas, polo que a formación práctica do persoal é fundamental en aras a conseguir unha mellora da comercialización e difusión dos produtos turísticos de Galicia no exterior.

Os interesados deberán cumplimentar o modelo normalizado para a ocasión e presentar a súa solicitude no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo ou nos seus respectivos departamentos territoriais. A selección das solicitudes será realizada por unha comisión que se constituirá para o efecto, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, que será a encargada de elaborar unha lista cos aspirantes admitidos e excluídos. Os primeiros serán convocados á realización de dúas probas, unha tipo test e outra oral e escrita de idiomas. Tamén se lles realizará unha entrevista persoal para profundizar sobre os coñecementos dos candidatos acerca do país para o cal solicitan a bolsa e sobre a comercialización e promoción turística.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 26 de xuño.

Máis información nas páxinas web http://culturaeturismo.xunta.es e www.sxturismo.org.

Información anexa

WEB DA SECRETARIA XERAL DE TURISMO

Bolsas do Corte Inglés para estudos de Grao en Turismo

Imaxe principal do artigo ou noticia
O Centro de Estudos Universitarios Ramón Areces convoca bolsas para cursar o grao en Turismo.
As condicións que se ofrecen son:

- Asístese a clase pola mañá e realízanse 4 horas de prácticas pola tarde en “Viaxes El Corte Inglés”.

- Requírese dispoñibilidade de todo o día.

- Dende o principio do curso, faranse prácticas remuneradas, en “Viaxes El Corte Inglés”, ata finalizar a carreira.

- A carreira é totalmente gratuíta, non se paga matrícula, nin mensualidades, nin libros.

- As probas de selección realizaranse o 30 de Xuño (Madrid) e 12 de Xullo (Barcelona), e consistirán en:

- Proba de Inglés (oral e escrito).

- Proba de redacción e vocabulario.

- Entrevista Persoal.

Ao finalizar a carreira, os alumnos formalizarán, mediante contrato laboral fixo, a súa continuidade en Viaxes El Corte Inglés.

REQUISITOS:

- Ser menor de 25 anos.

- Superar as probas de Selección.

- Ter os estudos requiridos para estudar o Grao en Turismo: PAU, SELECTIVIDADE ou CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR (Técnico de grao superior) das seguintes especialidades: Administración e Finanzas. Comercio Internacional. Xestión de transporte. Imaxe. Son. Aloxamentos. Restauración. Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas. Interpretación da Lingua de Signos. Integración Social. Secretariado. Xestión comercial e Mercadotecnia. Servizos ao Consumidor. Produción de Audiovisuais, radio e espectáculos. Axencias de Viaxes. Información e comercialización turísticas. Administración de Sistemas Informáticos. Animación Sociocultural. Educación Infantil. Animación de Actividades Físicas e deportivas.

ENVIO DE DOCUMENTACIÓN

MADRID: Antes do 25 de Xuño de 2010

C/ Palos de la Frontera, 22. Apdo. de Correos: 28012 Madrid ou por E-Mail: ceura_madrid@cerasa.es

BARCELONA: Apdo. de Correos: 31167 – 08080 Barcelona. Indicar no sobre ” Grado en Turismo – Barcelona ” ou por E-Mail: ceurabcn@cerasa.es

O prazo para presentar solicitude estará aberto ata o 25 xuño 2010 en Madrid e o 7 de xullo de 2010 en Barcelona

Máis información no CEURA Ramón Areces de Madrid, teléfono 915 394 485 e no CEURA Ramón Areces de Barcelona, teléfono 933 427 380 e en www.viajeselcorteingles.es no apartedo de Formación

Información anexa

Bolsas do Corte Inglés para Grao en Turismo.

Pensamento do día

Sorrí e o mundo enteiro sorrirá contigo;
chora, e chorarás só. Anónimo

FESTA 25º ANIVERSARIO DO C.E.P. XESÚS FERRO COUSELO

O próximo 19 de xuño a partir das 17:00 horas terá lugar o festival 25º aniversario do C.E.P. XESÚS FERRO COUSELO no Auditorio de Valga, para logo desprazarnos ás instalacións do colexio para disfrutar dunha cea de confraternidade con toda a comunidade educativa, antigos alumnos, profesorado e veciños e veciñas que dunha ou doutra forma teñen ou tiveron relación con este colexio.
Se es un antigo alumno ponte en contacto con nós para asistir aos actos.

Pensamento do día

Non debemos falar nunca nin ben nin mal de nós
mesmos; ben, porque non nos creerían, e mal, porque
o creerían demasiado facilmente. Confucio

Pensamento do día

Ningún camiño de flores conduce
á gloria. Jean de La Fontaine

Rosa Cedrón + Fía na Roca hoxe no Auditorio

 

Hoxe ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Valga.
A entrada é gratuíta.