| O DOG publica a convocatoria das 220 prazas en residencias que oferta Xuventude aos estudantes no curso 2010/2011 | |
| O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde que regula a convocatoria das prazas residenciais que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aos estudantes para o curso 2010/2011. Así, as 220 prazas do total _todas en réxime de internado- distribúense do seguinte xeito: 76 no centro residencial xuvenil LUG; 50 para a residencia Florentino L. Cuevillas de Ourense; e 94 na residencia Altamar de Vigo. Deste xeito, a Consellería de Traballo e Benestar pon a disposición dos mozos e mozas estudantes, durante o ano académico, as súas instalacións, nas que se lles ofrecerán aloxamento, mantenza, así como unha serie de actividades convivenciais e educativas. | |
| Para os efectos dos usos das instalacións, o curso académico abranguerá desde o 16 de setembro de 2010 ata o 15 de xullo de 2011. O prazo para solicitar estas prazas está aberto ata o 9 de xullo. En total, a cota que haberá que aboar por mes _incluíndo aloxamento e mantenza- será de 263 euros.En concreto, estas prazas están dirixidas aos estudantes de ciclos formativos de grao medio e grao superior; de bacharelato; de estudos superior en ensinanzas artísticas; e de estudos universitarios -ben de grao ou equivalente, ou ben de estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nos casos nos que non se teña xeneralizado a implantación dos novos títulos-.
Ademais, para poder acceder ás prazas haberá que cumprir unha serie de requisitos como posuír a nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro residente en España. Os solicitantes non poderán superar a idade de 30 anos na data en que remate o prazo de solicitude. A isto hai que sumarlle outro requisito, que establece que, para acceder á praza, non pode existir oferta de centros públicos para realizar os estudos correspondentes no concello onde radique a residencia familiar. Neste caso, exceptúase a realización de estudos universitarios nos que o estudante non acade a nota de corte. A valoración das solicitudes realizarase por parte dunha comisión cualificadora creada para tales efectos, e que, entre outros aspectos, valorará os seguintes criterios de selección: que o estudante xa fora residente no cursos anterior, o rendemento académico, a renda da unidade familiar, a situación de familia numerosa, a minusvalía de calquera membro da unidade familiar ou a situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai ou da nai. Cada comisión elevará a proposta de resolución no prazo máximo de 2 meses, e as listas de admitidos serán expostas nas residencias xuvenís, no rexistro xeral dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e no Centro de Información Administrativa e Atención ao cidadán de Santiago de Compostela. |
|
| Información anexaConvocatoria e Solicitude VIDEO SOBRE A RESIDENCIA XUVENIL LUG DE LUGO VIDEO SOBRE A RESIDENCIA FLORENTINO LOPEZ CUEVILLAS DE OURENSE VIDEO SOBRE A RESIDENCIA XUVENIL ALTAMAR DE VIGO |
|
Archivo por junio de 2010
| O Centro Superior de Hostalería de Galicia ofrece 16 bolsas de estudo para o vindeiro curso académico 2010/2011 |
| O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, acaba de sacar a súa nova convocatoria de bolsas de estudos para os alumnos que se matriculan por primeira vez no curso 2010-11 en calquera das súas titulacións. En total son 16 bolsas que cubrirán os gastos de matrícula e docencia (quedan excluídos os gastos de manutención e aloxamento). A cantidade ascende a 5.325 €, que se restará do custo do curso (6.325 €, en réxime externo, e 9.795 €, en réxime interno). Cubre o 85% do prezo dun alumno externo e un 65% dun interno. O prazo para solicitar está aberto e remata o próximo 15 de xullo. As bases e o formulario de solicitude pódense baixar de Internet na páxina web www.cshg.es. |
| Das 16 bolsas, sete son para expedientes académicos sobresaíntes (con expedientes por riba do Só poden solicitar bolsa os candidatos que se matriculen no primeiro curso de Diploma, Gran Diploma e Certificado de Cociña. Sempre que o alumno aprobe o curso, a axuda renovarase automaticamente nos seguintes cursos (tres en Diploma e dous en Gran Diploma e Certificado, respectivamente). Na actualidade, o CSHG ofrece bolsas de estudos para o 12% dos alumnos matriculados (a día de hoxe, hai case 400 no Centro). O obxectivo é facilitar o acceso aos estudantes con bo expediente académico, aptitudes e vocación cara o sector hostaleiro, sen que a situación económica da familia constitúa un impedimento. O Centro Superior de Hostelaría de Galicia (CSHG), integrado na Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, TURGALICIA, S.A., dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, vinculado á Universidade de Santiago de Compostela, iniciou o seu labor docente no 1994 co obxectivo de satisfacer unha demanda do sector turístico e da hostalería de Galicia. Na actualidade conta con 400 alumnos, futuros directivos hostaleiros e máis de 1.000 ex alumnos que traballan en establecementos hostaleiros de Galicia e de toda España, ademais de países como Francia, Inglaterra, Irlanda, Alemania, Suiza, Portugal, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Marrocos, Túnez, México, Santo Domingo e Cuba. |
INFORME SEMANAL
jun 29
Zoe Santos, de 12 anos, empezou competindo en bailes de salón

Acción formativa AFD dirixida a traballadores desempregados con discapacidade
ASMIVALU, en colaboración co Concello de Valga, e a Consellería de Traballo, organiza unha acción formativa AFD dirixida a traballadores desempregados con discapacidade.
DENOMINACIÓN: RECICLAXE DE SISTEMAS INFORMÁTICOS E PEQUENOS ELECTRODOMÉSTICOS.
REQUISITOS: CERTIFICADO MINUSVALÍA DO 33%
DURACIÓN: XULLO-OUTUBRO (420 horas)
INFORMACIÓN: SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE VALGA
OFERTAS DE EMPREGO
jun 28
RELACIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO
actualizadas a data
28/06/2010)
| Localidade | Oferta | Posto de traballo | Outros datos | Data |
| Vilagarcía | 6207 | Farmacéutico | Licenciado en Farmacia | 07/06/10 |
| Vilagarcía | 5959 | Perruqueiro | Idade entre 18 e 35 anos. Home | 07/06/10 |
| Vilanova | 6054 | Axt. Perruqueira | Idade entre 20 e 50 anos | 07/06/10 |
| Vilagarcia | 6882 | Camareira | Idade entre 25 e 30 anos. Muller | 14/06/10 |
| Vilagarcia | 6689 | Axt. Cociñeira | Muller | 14/06/10 |
| Vilagarcia | 6449 | Axt.Camareira | Muller | 14/06/10 |
| Vilagarcia | 7381 | Prof. secundaria | Lcd. en filoloxia galega y/o hispana, mestre | 21/06/10 |
| Vilagarcia | 6922 | Axt camareiro/a | Idade entre 22 e 35 anos | 21/06/10 |
| Vilagarcia | 6959 | CamareiroXefe de equipo | Idade entre 22 e 35 anos | 21/06/10 |
| Vilanova | 7777 | Cociñeira | 28/06/10 | |
| Vilagarcia | 7634 | Caixera
BRICOKING |
Idade 18 e 35 anos.Valorase FP en administracion. Exper. 6 meses |
28/06/10 |
| Vilagarcia | 7631 | Axt. Almacen BRICOKING | . Idade 18 a 35 anos. Carnet de carretilleiro. Valorase FP adminsitracion comercio.
Expe 6 meses |
28/06/10 |
| Vilagarcia | 7625 | Axt.Dependente BRICOKING | Idade 18 a 35 anos.. Valorase FP comercio. Expe. 6 meses | 28/06/10 |
| Vilagarcia | 7486 | Axt. Carpinteiro BRICOKING | Idade 18 a 36 anos.
Valorase FP carpinteria. Expe 6 meses |
28/06/10 |
| Vilagarcia | 7688 | Lavacoches a man | Idade entre 30 e 40 anos.Home.C. conducir | 28/06/10 |