| O DOG publica a convocatoria das 220 prazas en residencias que oferta Xuventude aos estudantes no curso 2010/2011 | |
| O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde que regula a convocatoria das prazas residenciais que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aos estudantes para o curso 2010/2011. Así, as 220 prazas do total _todas en réxime de internado- distribúense do seguinte xeito: 76 no centro residencial xuvenil LUG; 50 para a residencia Florentino L. Cuevillas de Ourense; e 94 na residencia Altamar de Vigo. Deste xeito, a Consellería de Traballo e Benestar pon a disposición dos mozos e mozas estudantes, durante o ano académico, as súas instalacións, nas que se lles ofrecerán aloxamento, mantenza, así como unha serie de actividades convivenciais e educativas. | |
| Para os efectos dos usos das instalacións, o curso académico abranguerá desde o 16 de setembro de 2010 ata o 15 de xullo de 2011. O prazo para solicitar estas prazas está aberto ata o 9 de xullo. En total, a cota que haberá que aboar por mes _incluíndo aloxamento e mantenza- será de 263 euros.En concreto, estas prazas están dirixidas aos estudantes de ciclos formativos de grao medio e grao superior; de bacharelato; de estudos superior en ensinanzas artísticas; e de estudos universitarios -ben de grao ou equivalente, ou ben de estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nos casos nos que non se teña xeneralizado a implantación dos novos títulos-.
Ademais, para poder acceder ás prazas haberá que cumprir unha serie de requisitos como posuír a nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro residente en España. Os solicitantes non poderán superar a idade de 30 anos na data en que remate o prazo de solicitude. A isto hai que sumarlle outro requisito, que establece que, para acceder á praza, non pode existir oferta de centros públicos para realizar os estudos correspondentes no concello onde radique a residencia familiar. Neste caso, exceptúase a realización de estudos universitarios nos que o estudante non acade a nota de corte. A valoración das solicitudes realizarase por parte dunha comisión cualificadora creada para tales efectos, e que, entre outros aspectos, valorará os seguintes criterios de selección: que o estudante xa fora residente no cursos anterior, o rendemento académico, a renda da unidade familiar, a situación de familia numerosa, a minusvalía de calquera membro da unidade familiar ou a situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai ou da nai. Cada comisión elevará a proposta de resolución no prazo máximo de 2 meses, e as listas de admitidos serán expostas nas residencias xuvenís, no rexistro xeral dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e no Centro de Información Administrativa e Atención ao cidadán de Santiago de Compostela. |
|
| Información anexaConvocatoria e Solicitude VIDEO SOBRE A RESIDENCIA XUVENIL LUG DE LUGO VIDEO SOBRE A RESIDENCIA FLORENTINO LOPEZ CUEVILLAS DE OURENSE VIDEO SOBRE A RESIDENCIA XUVENIL ALTAMAR DE VIGO |
|
Archivo por 29 de junio de 2010
| O Centro Superior de Hostalería de Galicia ofrece 16 bolsas de estudo para o vindeiro curso académico 2010/2011 |
| O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, acaba de sacar a súa nova convocatoria de bolsas de estudos para os alumnos que se matriculan por primeira vez no curso 2010-11 en calquera das súas titulacións. En total son 16 bolsas que cubrirán os gastos de matrícula e docencia (quedan excluídos os gastos de manutención e aloxamento). A cantidade ascende a 5.325 €, que se restará do custo do curso (6.325 €, en réxime externo, e 9.795 €, en réxime interno). Cubre o 85% do prezo dun alumno externo e un 65% dun interno. O prazo para solicitar está aberto e remata o próximo 15 de xullo. As bases e o formulario de solicitude pódense baixar de Internet na páxina web www.cshg.es. |
| Das 16 bolsas, sete son para expedientes académicos sobresaíntes (con expedientes por riba do Só poden solicitar bolsa os candidatos que se matriculen no primeiro curso de Diploma, Gran Diploma e Certificado de Cociña. Sempre que o alumno aprobe o curso, a axuda renovarase automaticamente nos seguintes cursos (tres en Diploma e dous en Gran Diploma e Certificado, respectivamente). Na actualidade, o CSHG ofrece bolsas de estudos para o 12% dos alumnos matriculados (a día de hoxe, hai case 400 no Centro). O obxectivo é facilitar o acceso aos estudantes con bo expediente académico, aptitudes e vocación cara o sector hostaleiro, sen que a situación económica da familia constitúa un impedimento. O Centro Superior de Hostelaría de Galicia (CSHG), integrado na Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, TURGALICIA, S.A., dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, vinculado á Universidade de Santiago de Compostela, iniciou o seu labor docente no 1994 co obxectivo de satisfacer unha demanda do sector turístico e da hostalería de Galicia. Na actualidade conta con 400 alumnos, futuros directivos hostaleiros e máis de 1.000 ex alumnos que traballan en establecementos hostaleiros de Galicia e de toda España, ademais de países como Francia, Inglaterra, Irlanda, Alemania, Suiza, Portugal, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Marrocos, Túnez, México, Santo Domingo e Cuba. |
INFORME SEMANAL
jun 29