INVITACIÓN Sabe o que a Europa Social pode facer por vostede
Archivo por junio de 2010
| A Xunta presenta os cursos de verán para os máis de 3.077 estudantes seleccionados para mellorar o seu nivel de linguas estranxeiras |
| A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de presentar os programas dos cursos aprendizaxe de linguas estranxeiras no verán de 2010, que beneficiaran a 3.077 alumnas e alumnos galegos. Así, desde a semana pasada, representantes da Consellería manteñen encontros informativos cos estudantes de 6º de educación primaria, 1º, 2º, 3º, 4º de educación secundaria obrigatoria; e 1º e 2º de bacharelato, que están a cursar os seus estudos en centros educativos sostidos con fondos públicos da comunidade autónoma de Galicia. Os seleccionados viaxarán a distintas zonas de Europa, Canadá ou en España, en función do curso que estean a desenvolver e do idioma a mellorar. Deste modo haberá actividades en Canadá, Francia, Reino Unido, Irlanda, Alemaña e España. |
| Deste modo, ao longo dos últimos días mantivéronse encontros cos 371 seleccionados da provincia de Lugo; os 325 de Ourense; 1.272 de A Coruña e 1.109 de Pontevedra, que acompañados das súas familias ou titores legais asistiron ás charlas informativas impartidas por Educación xunto aos responsables das distintas empresas que os desprazarán aos destinos.
No caso de Canadá, a estadía terá unha duración de tres ou catro semanas. En total serán 420 estudantes de 1.º e 2.º de bacharelato os que terán a ocasión de viaxar ao continente americano. Trescentas vinte prazas son para aqueles que opten polo inglés, mentres que o outro centenar que escolla francés. O custo por cada alumno será de entre 2250 e 2.850 euros, dos que as familias achegarán entre 310 e 350 euros. Os que fagan os cursos de inglés no continente europeo serán 920 alumnos matriculados en 3.º e 4.º de ESO, que se distribuirán entre Irlanda e Reino Unido, tamén en quendas de tres semanas. Neste caso, o custo por alumno será de entre 1.400 e 1.890 euros, dos que cada alumno ou alumnas achegará tan só entre 150 e 175 euros. Os 300 seleccionados para estudar francés no país galo terán as mesmas condicións económicas. A estes engádense 12 alumnos e alumnas que mellorarán os seus coñecementos en alemán durante un curso de tres semanas. Por outra banda 200 alumnos e alumnas de 2º de ESO melloraran as competencias en inglés asistindo a un “Pueblo Inglés”, cun custe de 1.400 euros do que os pais abonarán 150 euros. Para os estudantes de 1º de ESO haberá 395 prazas para as clases de inglés que se impartirán durante dúas semanas noutras comunidades autónomas, nas que se aloxarán nunha residencia ou campamento. O custo é de 1000 euros e as familias contribuirán con 120. Do mesmo modo, 850 prazas están destinadas para os alumnos de 6º de Educación Primaria que realizarán o curso dentro de Galicia, cun custo de 500 euros, do que as familias só aboarán 60. Por primeira vez esta ano non só se realizaran as actividades entre xuño e agosto, senón que tamén se desenvolverá unha quenda no mes de setembro, o que permitirá aos nenos e nenas galegos participar no sistema educativo de Irlanda ou Canadá, e compartir as experiencias dos estudantes estranxeiros. Os beneficiados destas achegas terán cubertos o gastos dunha viaxe na que estarán acompañados por monitores e monitoras, así como os gastos de docencia e material escolar, as actividades deportivas, culturais e complementarias dos cursos. Tamén terán cubertos os gastos de mantemento e aloxamento. O propósito do ambicioso programa de aprendizaxe de linguas estranxeiras non é só que os asistentes aprendan inglés, senón que este idioma o apliquen durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, nas que se inclúen competicións deportivas, xogos, obradoiros, ou excursións. Todo isto permitirá darlles unha formación lingüística, social, cultural e ambiental aos alumnos. Nos cursos que se celebrarán no estranxeiro, o obxectivo é que os asistentes practiquen o idioma de forma intensiva, polo que os estudantes asistirán a clases con alumnos de diversas nacionalidades. Ao igual que acontece nos campamentos, dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria preséntase un programa que lle permite ao alumnado formarse lingüisticamente, pero tamén como persoas. Deste xeito, os seleccionados para os cursos vivirán con familias ou en residencias e todos terán a oportunidade de desenvolver actividades fóra das aulas, nas que se inclúen excursións, actividades deportivas, xogos ou obradoiros temáticos. Un ano máis a Consellería de Educación demostra o seu interese por formar aos estudantes galegos nos coñecementos dunha terceira lingua que complemente os estudos do curso escolar. |
CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL
jun 24
| A Consellería de Educación ofertará sete novos ciclos de Formación Profesional o vindeiro curso e ampliará a oferta de varios ciclos formativos |
| A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai ofertar o vindeiro curso sete novos títulos de Formación Profesional, todos eles adaptados á Lei das Cualificacións e Formación profesional. Estas titulacións darán resposta ás necesidades de cualificación dos sectores produtivos e de servizos galegos, o que favorece unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura: Produción Agroecolóxica; Produción Agropecuaria; Instalacións de Telecomunicación; Deseño e fabricación Mecánica; Viaxes e Xestión de Eventos; Administración de Sistemas Informáticos en Rede; Guía, información e asistencias turísticas. |
| Os títulos de técnico en Produción Agroecolóxica, e de técnico en Produción Agropecuaria, ambos os dous de nova creación. Este último refunde os ciclos de Explotacións agrarias Extensivas, Explotacións Agrícolas Intensivas e Explotacións gandeiras, co fin de conseguir un currículo adaptado ás demandas profesionais do sector.
Da mesma forma, para dar resposta ás necesidades do sector da lousa, pasa a impartirse no CIFP de Someso (A Coruña) formación en Cubrición de edificios: lousas. Así mesmo, o título de técnico en Instalacións de Telecomunicación, adaptado aos perfís profesionais que demandan na actualidade as empresas do sector, pasa a substituír ao ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo. O ciclo medio que se imparte na actualidade ten un perfil profesional orientado a unha competencia xeral de instalar e manter equipos electrónicos de consumo, de son e imaxe, microinformáticos e terminais de telecomunicación, que pola evolución do sector que se deu nos derradeiros 15 anos non está a ser demandado en toda a súa extensión, obrigando aos titulados a realizar unha nova formación de cara a cubrir as necesidades do mercado de traballo coas cualificacións que este require. Así, este ciclo nace como unha titulación moi demandada, coa que o sistema educativo galego vai poder preparar ao alumnado en competencias tales como montaxe e mantemento, de infraestruturas de telecomunicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e de datos, sonorización e megafonía, instalacións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos. Por outra banda, incorpóranse á oferta formativa outras catro titulacións que pasan a substituír a outras actualmente vixentes, para dar aos estudantes unha formación actualizada e axeitada ao mercado de traballo dos nosos días. Deste xeito implantaranse os títulos de técnico superior en Deseño e fabricación Mecánica, Viaxes e Xestión de Eventos, Administración de Sistemas Informáticos en Rede e Guía, información e asistencias turísticas. Todos estes ciclos incluirán un módulo de formación en centros de traballo que posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización de prácticas en situacións reais de traballo, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. Ademais, pasan das 1.400 horas a ter unha duración de 2.000, co que se consigue unha formación aínda máis completa. Por outra banda, e atendendo á crecente demanda por parte dos estudantes, volve a implantarse no IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos, (Lugo), o ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría. Ademais dos de nova creación e novas implantacións, a Consellería de Educación vén de ampliar a oferta en varios ciclos formativos. O caso máis significativo é o da implantación no IES de Vilamarín (Ourense) do ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos, uns estudos que ata o momento só se estaban a impartir en Santiago de Compostela. Grazas á residencia para estudantes coa que conta este centro, alumnas e alumnos de toda Galicia poderán realizar estes estudos no instituto ourensán. É tamén de especial importancia para o sector o ciclos superior de Química Industrial, que comezará a impartirse o vindeiro curso no IES Marqués de Sargadelos, de Cervo (Lugo), coa colaboración da empresa Alcoa. Ademais, haberá ata seis ampliacións de oferta modular en ciclos formativos para adultos de diferentes ramas profesionais, coa finalidade de atender as demandas de inscrición. En total o vindeiro curso ofertaranse en centros públicos 648 ciclos, 339 de grao medio, e 309 de grao superior; e 148 para adultos, dos que 73 son de grao medio e 75 de grao superior. Isto é posible grazas, segundo explicou o director xeral de Educación ao proceso de reforma e modernización da FP que está a desenvolver a Consellería de Educación, polo que ata o momento se adaptaron 20 ciclos formativos nesta lexislatura e se harmonizou con eles outros 6 xa modificados polo goberno anterior. Na actualidade, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa está a traballar sobre oito novos currículos cos que mellorar a oferta e poñer en valor estes estudos, e situar Galicia entre as primeiras comunidades autónomas en ter adaptado todos os títulos autorizados polo Ministerio de Educación. Esta estratexia compleméntase coa próxima aprobación dun novo decreto que regulará a formación profesional, introducindo nos ciclos formativos as linguas estranxeiras e que recolle promover o espírito emprendedor entre os estudantes, nos que se desenvolverá ademais unha identidade profesional que os leve a interesarse por unha aprendizaxe continua, adaptándose á evolución dos procesos produtivos e ao cambio social. Así mesmo, a Consellería de Educación está a promover a figura dos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP), que imparten oferta de Formación Profesional Ocupacional e Formación Profesional Continua. |
| O Centro Superior de Hostalería de Galicia ofrece 16 bolsas de estudo para o vindeiro curso académico 2010/2011 |
| O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, acaba de sacar a súa nova convocatoria de bolsas de estudos para os alumnos que se matriculan por primeira vez no curso 2010-11 en calquera das súas titulacións. En total son 16 bolsas que cubrirán os gastos de matrícula e docencia (quedan excluídos os gastos de manutención e aloxamento). A cantidade ascende a 5.325 €, que se restará do custo do curso (6.325 €, en réxime externo, e 9.795 €, en réxime interno). Cubre o 85% do prezo dun alumno externo e un 65% dun interno. O prazo para solicitar está aberto e remata o próximo 15 de xullo. As bases e o formulario de solicitude pódense baixar de Internet na páxina web www.cshg.es. |
| Das 16 bolsas, sete son para expedientes académicos sobresaíntes (con expedientes por riba do Só poden solicitar bolsa os candidatos que se matriculen no primeiro curso de Diploma, Gran Diploma e Certificado de Cociña. Sempre que o alumno aprobe o curso, a axuda renovarase automaticamente nos seguintes cursos (tres en Diploma e dous en Gran Diploma e Certificado, respectivamente). Na actualidade, o CSHG ofrece bolsas de estudos para o 12% dos alumnos matriculados (a día de hoxe, hai case 400 no Centro). O obxectivo é facilitar o acceso aos estudantes con bo expediente académico, aptitudes e vocación cara o sector hostaleiro, sen que a situación económica da familia constitúa un impedimento. O Centro Superior de Hostelaría de Galicia (CSHG), integrado na Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, TURGALICIA, S.A., dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, vinculado á Universidade de Santiago de Compostela, iniciou o seu labor docente no 1994 co obxectivo de satisfacer unha demanda do sector turístico e da hostalería de Galicia. Na actualidade conta con 400 alumnos, futuros directivos hostaleiros e máis de 1.000 ex alumnos que traballan en establecementos hostaleiros de Galicia e de toda España, ademais de países como Francia, Inglaterra, Irlanda, Alemania, Suiza, Portugal, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Marrocos, Túnez, México, Santo Domingo e Cuba. |
PRAZAS EN RESIDENCIAS
jun 24
| DOG publica a convocatoria das 220 prazas en residencias que oferta Xuventude aos estudantes no curso 2010/2011 | |
| O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde que regula a convocatoria das prazas residenciais que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aos estudantes para o curso 2010/2011. Así, as 220 prazas do total _todas en réxime de internado- distribúense do seguinte xeito: 76 no centro residencial xuvenil LUG; 50 para a residencia Florentino L. Cuevillas de Ourense; e 94 na residencia Altamar de Vigo. Deste xeito, a Consellería de Traballo e Benestar pon a disposición dos mozos e mozas estudantes, durante o ano académico, as súas instalacións, nas que se lles ofrecerán aloxamento, mantenza, así como unha serie de actividades convivenciais e educativas. | |
| Para os efectos dos usos das instalacións, o curso académico abranguerá desde o 16 de setembro de 2010 ata o 15 de xullo de 2011. O prazo para solicitar estas prazas está aberto ata o 9 de xullo. En total, a cota que haberá que aboar por mes _incluíndo aloxamento e mantenza- será de 263 euros.
En concreto, estas prazas están dirixidas aos estudantes de ciclos formativos de grao medio e grao superior; de bacharelato; de estudos superior en ensinanzas artísticas; e de estudos universitarios -ben de grao ou equivalente, ou ben de estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nos casos nos que non se teña xeneralizado a implantación dos novos títulos-. Ademais, para poder acceder ás prazas haberá que cumprir unha serie de requisitos como posuír a nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro residente en España. Os solicitantes non poderán superar a idade de 30 anos na data en que remate o prazo de solicitude. A isto hai que sumarlle outro requisito, que establece que, para acceder á praza, non pode existir oferta de centros públicos para realizar os estudos correspondentes no concello onde radique a residencia familiar. Neste caso, exceptúase a realización de estudos universitarios nos que o estudante non acade a nota de corte. A valoración das solicitudes realizarase por parte dunha comisión cualificadora creada para tales efectos, e que, entre outros aspectos, valorará os seguintes criterios de selección: que o estudante xa fora residente no cursos anterior, o rendemento académico, a renda da unidade familiar, a situación de familia numerosa, a minusvalía de calquera membro da unidade familiar ou a situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai ou da nai. Cada comisión elevará a proposta de resolución no prazo máximo de 2 meses, e as listas de admitidos serán expostas nas residencias xuvenís, no rexistro xeral dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e no Centro de Información Administrativa e Atención ao cidadán de Santiago de Compostela. |
|
| Información anexa
Convocatoria e Solicitude |
|
| O sábado 3 de xullo celebrarase o II Festival do Humor de Xove, que onte foi presentado en Santiago coa presenza do director do evento, o presentador e humorista Roberto Vilar (ex dos Tonechos), o actor Manuel Manquiña e o director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro. Festival do Humor de Xove . Será ás 22.30. Nesta segunda edición do festival xovense actuarán David Amor, Edu Soto, Manuel Manquiña, Luis Zahera, As Cantareiras de Ardebullo e un artista belga que está entre vos mellores clowns, Elliot. Trala intervención dos humoristas, a noite continuará coa actuación dunha banda en directo formada por por dez membros e coa que cantarán Edu Soto e Manquiña. |
| A gala rematará cunha sesión dun picadiscos, na praza local. Tamén está previsto entregar ou premio Harold Lloyd. Ou ano pasado concedéuselle ao programa dá TVG Luar, este ano será para ou espazo de humor Corre Carmela que chove, emitido en Radiovoz e V Televisión, que recollerá Xacobe Pérez en Xove. Este ano a escenografía será unha homenaxe ao xovense Tomás Mariño, precursor dá navegación aérea. O aforo é de 1.200 persoas |
RESIDENCIAS XUVENÍS
jun 23
RESIDENCIAS XUVENIS
A Conselleria de Traballo e Benestar, convoca prazas en residencias xuvenís dirixidas a estudantes, en Lugo, Ourense, Vigo
DESTINATARIOS:Estudantes de ciclos formativos, bacharelato, estudos universitarios
PRAZO: 9 XULLO
OFERTAS DE EMPREGO
jun 22
RELACIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO
actualizadas a data
21/06/2010)
| Localidad | Oferta | Posto de traballo | Data |
| Vilagarcia | 5115 | Monitor deportivo | 18/05/10 |
| Catoira | 5619 | Axt. Cociña | 31/05/10 |
| Catoira | 5603 | Camareiro | 31/05/10 |
| Vilagarcía | 6207 | Farmacéutico | 07/06/10 |
| Vilagarcía | 5959 | Perruqueiro | 07/06/10 |
| Vilanova | 6054 | Axt. Perruqueira | 07/06/10 |
| Vilagarcia | 6882 | Camareira | 14/06/10 |
| Vilagarcia | 6689 | Axt. Cociñeira | 14/06/10 |
| Vilagarcia | 6449 | Axt.Camareira | 14/06/10 |
| Vilagarcia | 7381 | Prof. secundaria | 21/06/10 |
| Vilagarcia | 7374 | Axt camareiro/a | 21/06/10 |
| Vilagarcia | 7380 | Axt camareiro/a | 21/06/10 |
| Vilagarcia | 6922 | Axt camareiro/a | 21/06/10 |
| Vilagarcia | 6959 | CamareiroXefe de equipo | 21/06/10 |
A Conselleria de Traballo e Benestar, convoca un curso de formación en: Estudos sobre a xuventude, metodoloxia para a produción e análise de datos
MODALIDADE:A distancia
DURACIÓN:150 horas
DESTINATARIOS:Titulados en Pedagoxía, Psicoloxia, Socioloxia, Traballo Social,Educación Social,Maxisterio e TASOC
PRAZO: 3 XULLO
CURSOS PARA UNIVERSITARIOS
A Conselleria de Traballo e Benestar, convoca un curso de formación en: Emancipación xuvenil e Orientación laboral
MODALIDADE:Semipresencial
DURACIÓN:90 horas
DESTINATARIOS:Titulados en Pedagoxía, Psicoloxia, Socioloxia, Traballo Social,Educación Social,Maxisterio e TASOC
PRAZO: 3 XULLO