Archivo por julio de 2010

INFORME SEMANAL

Informe250710

BOLETIN CIMO

Boletín de información útil para el empleo (A Coruña) 26 Julio 2010

26 XULLO, DOAZÓNS DE SANGUE EN PONTECESURES

O luns, 26 de xullo, doazóns de sangue en Pontecesures.

O luns día 26 de xullo, estará en Pontecesures a Unidade Móbil do SERGAS, para a doazón de sangue.
A unidade estará situada na Plazuela. O horario será de 10 a 14 e de 16 a 21 horas.
De novo faise un chamamento á solidariedade dos cesureños. Fai falla sangue segundo as autoridades sanitarias e resulta moi importante acudir á chamada.

CURSO: EMANCIPACIÓN XUVENIL E ORIENTACIÓN LABORAL

Emancipación xuvenil e orientación laboral
 
CURSO DE VERÁN Emancipación xuvenil e orientación laboral  (gratuíto )

Organiza: Espazo Xove. Rede de centros de xuventude de Noia, dependente da Dirección xeral de xuventude e Voluntariado.

-50 horas de duración( de 9 de agosto a 30 de setembro de 2010)

-Modalidade a distancia

-30 prazas máximo.

-Dirixido a aqueles mozos e mozas menores de 30 anos de idade interesados en adquirir coñecementos a cerca da vivenda e emprego para a mocidade asi como habilidades de cara a emancipación xuvenil. Terán prioridade na admisión do curso os titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e formación pofesional en TASOC.

-Prazo de inscrición: ata o 6 de agosto

VALGA NO CAMIÑO PORTUGUÉS

O ALCALDE RECIBE AOS ALCALDES DO CAMIÑO PORTUGUÉS

VALGA NO CAMIÑO PORTUGUÉS

O alcalde de Valga acompañado do deputado do Parlamento Arxentino D. Jorge Villaverde reciben aos alcaldes do Camiño Portugués.

A comitiva fixo unha parada na ponte de San Miguel para proseguir ata Padrón.

TÉCNICO EN DEPORTES


Anuncio das bases da convocatoria para a cobertura, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de persoal laboral fixo denominada técnico de deportes.

No BOP número 118, do 24 de xuño de 2010, saen publicadas as bases corrixidas da convocatoria para cobertura, mediante o sistema de concurso-oposición dunha praza de persoal laboral fixo, denominada técnico de deportes, incluída na oferta de emprego público do Concello de Cee do ano 2010.

Características básicas da praza.

Denominación: técnico de deportes.

Categoría profesional: licenciado.

Nº de vacantes: 1.

Titulación: licenciado.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de documentación: 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE.

Informa: DOG do 23 de xullo de 2010.

BOLETÍN CIMO

Boletín de información útil para el empleo (A Coruña) 23 Julio 2010

DOA SANGUE. COMPARTE SAÚDE

CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

COMPARTE SAÚDE

DOA SANGUE

VALGA, Venres, 23 de xullo

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia está hoxe en Valga

PONTEVALGA: xunto á Parada de Taxis de 10:00 a 14:00 horas

CORDEIRO: no Auditorio  de  16:00 a 21:00 horas

CUESTIONARIO XUVENTUDE III PLAN ESTRATÉXICO DE XUVENTUDE 2010 – 2013

Ola a todos, gustaríanos que cubrírades o seguinte cuestionario o maior número de mozos e mozas para logo incorporala información ao Plan estratéxico. Tamén se pode descargar da páxina web xuventude.net no apartado Plan Estratéxico e xa o remites ao correo da subdirección de Programas.
Gracias pola vosa axuda.

Cuestionario _def-1

CURSOS EN COLABORACIÓN CON CRUZ VERMELLA EN VALGA

CURSOS EN COLABORACIÓN CON CRUZ VERMELLA

PRIMEIROS AUXILIOS EN BEBÉS E NENOS

SOCORRISMO E PRIMEIROS AUXILIOS

CURSOS

  • PRIMEIROS AUXILIOS EN BEBES E NENOS
  • SOCORRISMO E PRIMEIROS AUXILIOS

O Concello en colaboración con CRUZ VERMELLA , organiza os cursos homologados ,que a continuación se relacionan:

PRIMEIROS AUXILIOS EN BEBES E NENOS de 20 horas . Puntuable para garderías

SOCORRISMO E PRIMEIROS AUXILIOS de 40 horas Puntuable para SERGAS

PRAZO SOLICITUDES:30 XULLO

NÚMERO DE ALUMNOS.20

INFORMACIÓN:

  • SERVIZO DE FORMACIÓN ,ORIENTACIÓN E EMPREGO
  • OMIX
  • AUDITORIO