Archivo por agosto de 2010

OFERTAS DE EMPREGO

actualizadas a data

30/08/2010

Localidade

Posto de traballo

Oferta

Vilagarcía

Empregada Fogar

10705

Vilagarcia

Axte. Cociña

11205

Vilagarcia

Peón / Albanel

11348

Valga

Dependenta de conxelados

11524

CURSO: ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO

A selección farase o venres 3 de setembro ás 10:00 horas no Auditorio de Valga.

Requisitos: 2º E.S.O. ou ata 2º Bacharelato, Celga.

OBRADOIRO SOBRE A ELABORACION DA CANA EN VALGA

Los niños de Valga participaron en un taller sobre la elaboración de la caña.

 Los niños de Valga participaron ayer en un taller sobre la elaboración de aguardiente. Una veintena de niños de Valga participaron ayer en un taller formativo y educativo sobre “o tesouro das adegas galegas”, una iniciativa puesta en marcha por el gobierno municipal para dar a conocer a las nuevas generaciones las claves de un producto tan autóctono como es la “caña do país”. La propuesta está incluida dentro del programa de la Festa da Anguía y de la Mostra da Caña do País que se desarrolla este fin de semana en el municipio del Ulla. Los pequeños también tendrán su espacio diferenciado hoy a las cinco de la tarde en el parque Irmáns Dios Mosquera con un gran festival infantil en el que no faltarán los juegos populares ni la espuma. Hoy también tendrá lugar la cata final del concurso de aguardientes de donde saldrán los nombres de los ganadores que se conocerán el domingo justo antes de la comida. La cata final será a las ocho menos cuarto en las dependencias del Concello. DIARIO DE AROUSA, 27/08/10

ADMISION A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACION PROFESIONAL

 
Do 1 ao 13 de setembro estará aberto o prazo extraordinario de presentación de solicitudes aos ciclos formativos de Formación Profesional.
Na web da Consellería de Educación, www.edu.xunta.es/fp, están dispoñible a a listaxe de ciclos formativos de grao medio con matrícula liberada. Calquera persoa que cumpra os requisitos de acceso aos ciclos formativos pódese matricular nos ciclos formativos con matrícula liberada.

Máis información en http://www.edu.xunta.es/fp/admisionCM.htm

DELICIAS VALGUESAS DA ASOCIACION DE MULLERES RURAIS ALBOR DE VALGA

Valga presenta hoxe as delicias valguesas, un bombón recheo de caña.  Co gallo da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, a asociación de mulleres rurais Albor, presenta como novidade este ano un produto denominado delicias valguesas, un bombón recheo de caña do país. As delicias valguesas serán presentadas hoxe venres ás 20.30 horas no museo histórico local da localidade e coincide coa inauguración da exposición de traballos de artesanía e traballos artísticos feitos polas mulleres rurais nos distintos obradoiros realizados ao longo do ano: pintura, bordado, punto de cruz e manualidades, entre outros. A caña do país é a materia prima principal das delicias valguesas, a partir da cal se elaboran distintos licores de forma artesanal con sabores e aromas como kiwi, amora, toxo, figos, framboesa, guindas ou claudia, ademais das tradicionais variedades de caña branca, de herbas e tostada. As delicias valguesas presentaránse nunha tartaleta de chocolate, que polo gusto doce e suave se converte nun ideal acompañamento para este tipo de postres. Eventos toda a semana Despois de que o calendario de actividades se abrise o mércores cun obradoiro sobre a pesca da anguía para os nenos, esta mañá haberá outro no que os máis cativos coñecerán a forma de elaboración da caña do país. A primeira selección das augardentes presentadas a concurso nas modalidades de branca, herbas e tostada, tamén se celebrará hoxe. O venres albergará tamén outros espectáculos dirixidos a nenos e a adultos. Antes da presentación das delicias valguesas e a inauguración da exposición de artesanía das mulleres rurais, ás 17.00 horas eles serán os protagonistas, xa que disfrutarán dun festival infantil de xogos que rematará coa festa da espuma. Máis tarde, ás 20.45 horas, procederáse a realizar a cata final das cañas e, case dun xeito simultáneo inauguraráse unha exposición de pintura da artista Marina Cocós. Media hora despois os asistentes poderán disfrutar da obra A cadeira voadora de Os 7 magníficos + 1. Xa o sábado, pola mañá visitaránse os lugares presentados ao concurso O lugar máis fermoso do mundo e á tarde celebraráse a festa da bicicleta ás 17.30 horas. Á noite, a partir das 23.00 horas, haberá música até altas horas. O espectáculo comezará coa orquestra Impacto de Valga, que tamén será a que peche a noite. Logo ofreceráse unha queimada popular gratuíta e unha gala musical na que participarán o grupo musical M-3 de Vigo, Lucía Pérez, Nuria Fergó e La Guardia. O domingo será o día do peche das festas, no que os actos máis destacables son a demostración da elaboración da caña, a lectura do pregón a cargo de Luís Zahera, a entrega de premios e a degustación da anguía. LA VOZ DE GALICIA, 26/08/10

BRATH e NOISE PROYECT O DOMINGO, 29 DE AGOSTO EN PONTECESURES

 

Dentro do programa “Cultura en Ruta” de Caixanova, o domingo, 29 de agosto, terán lugar na Plazuela os seguintes actos:

-12:30 horas. Pasarúas cos gaiteiros da “Asociación Musigaiba”.
-19:00 horas. Espectáculo infantil. “Dous pallasos en apuros”.
-20:30 horas. Concerto de “Noise Proyect”.
-21:45 horas. Actuación da banda de música galega “Brath”

ROMARIA DOS MILAGRES DE REQUIAN

O sábado 28 de agosto, Romaría das Milagres en Requián.

  Xa o venres día 27 de agosto actuará un grupo sorpresa no campo da festa.

 O día 28, día da Virxe das Milagres, haberá misas de hora en hora, de 8 a 13 horas. A das 11 horas será en galego e a das 13 horas, solemne. Pola tarde as misas serán rezadas ás 18, ás 19 e ás 20 horas. As actuacións musicais serán a cargo da Charanga Xirimbao e da Banda de Música Cultural da Estrada.

Na verbena, que comezará ás 21 horas, actuarán as orquestras LIMÓN e CABARET.

 O domingo, 29 de agosto, celebrarase o día de Nosa Señora da Piedade, con misa solemne ás 13 horas, sesión vermouth a cargo do grupo ALKAR, e verbena nocturna a cargo deste grupo e de ACHÉ.

OBRADOIRO SOBRE A CAPTURA DA ANGUIA EN VALGA

Un taller sobre a captura da anguía en Vilarello inaugura hoxe o programa festivo

A Festa da Anguía é unha cita ineludible para os veciños de Ulla-Umia.

Comezou a conta atrás. O municipio de Valga inaugura hoxe de forma oficial o programa da vixésimo segunda edición da Festa da Anguía, unha das citas gastronómicas ineludibles na zona do Ulla e do Umia.

A cita é a partir das once da mañá nas inmediacións da praia fluvial de Vilarello e terá como principais protagonistas da xornada aos máis pequenos da casa que terán a oportunidade de participar nun obradoiro sobre a pesca da anguía e coñecer de preto os segredos deste peixe extraño, pero moi saboroso.

O programa de actividades continuará ao longo de toda a semana. De feito mañá mesmo a partir das once celebrarase outro obradoiro para nenos, pero en esta ocasión sobre a elaboración da caña do país, outro dos produtos estrela do municipio valgués. A cita será tanto no Auditorio como no Museo Histórico Local.

Os nenos son os principais protagonistas desta nova edición da Festa da Anguía e da Mostra da Caña do País. As actividades organizadas en exclusiva para eles copan o venres o parque Irmáns Dios Mosquera cun gran festival infantil a partir das 17 horas.

INFORME SEMANAL

http://xuventude.xunta.es/informe-semanal-do-23-de-agosoto-de-2010.html

PROGRAMA DA XXII FESTA DA ANGUÍA E XX MOSTRA DA CAÑA DO PAÍS EN VALGA

http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=18051