http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/Informe270910.pdf
Archivo por septiembre de 2010
INFORME SEMANAL
sep 27
BOLETÍN CIMO EMPREGO
sep 27
|
CONSULTOR COMERCIAL
sep 27
INST.PARA IMPLANT.DE PLANES FORMACION CONSTRUC.,S organizador estatal de plans de formación para traballadores en activo, interesa contratar a 10 traballadores para captación de alumnos que cursarán o Master Oficial Universitario de Prevención en Riscos Laborais.Se require:1. estudos de bacharelato.2. experiencia de máis de dous anos.3. boa presencia, capacidade negociadora, fluidez verbal, traballo en equipo en experiencia como comercial autónomo xestionando zonas xeográficas con altos coñecementos de suites informáticas especialmente en follas de cálculo.Se ofrece:1. salario de 2000 ata 4200 euros.2. xornada parcial en horario continuado.3. 8 semanas iniciais con contrato mercantil autónomo, posibilidade de contrato fixo con superación de período inicial.Horario de 09:00 a 14:00 hrs.http://www.ifconstruccion.es001rrhh@ceser.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo902875763 |
RESPONSABLE DE ALMACÉN
sep 27
BOSCH SEGURIDAD Y CONTROL, S.L. empresa instaladora de servizos de seguridade privada, contraincendios e montaxe de equipos electrónicos necesita incorporar un responsable de almacén para Bergondo (A Coruña), para control de stock de almacén tanto físico como informático, xestión loxística de compras, realización de compras e pedidos a proveedores.Se require:1. estudos de ESO, EXB ou Graduado Escolar.2. experiencia de máis de seis meses.3. habil manexo informático.Se ofrece:1. xornada completa en horario partido.2. salario entre 14000 e 18000 euros/mes.3. contrato de duración determinada con posibildades de contratación indefinida e alta na SS.contabilidad@boschseguridad.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo981639565 |
|
1 Praza de Técnico Especialista en Actividades Deportivas na USC.
A Universidade de Santiago convoca 1 praza pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Si non se cubre a vacante pola primeiro pola quenda de promoción interna, realizarase polo sistema de acceso libre, mediante o sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación no BOE.
Máis información sobre as bases no DOGA do 8 de xullo de 2010.
Máis información BOE do 21 de setembro de 2010.
Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas
Igualdade quere sensibilizar a xuventude sobre a prostitución como forma de violencia e explotación
Unha xornada formativa sobre a trata e a explotación sexual, aberta a toda a cidadanía, será o acto principal da xornada. A mensaxe da campaña deste ano ten como obxectivo concienciar a poboación de que a prostitución é unha forma de violencia contra as mulleres e de fomentar as mafias que se dedican a explotación sexual.
“Cando mercas mulleres fomentas a súa venda. Non formes parte desta cadea de tortura” é a mensaxe que elixiu a Secretaría Xeral da Igualdade con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, que se celebra o próximo 23 de setembro, no que organiza unha xornada sobre o tema na que se abordarán temas como a protección as vítimas ou o turismo sexual.
Este ano a campaña ten coma obxectivo sensibilizar sobre a prostitución como destino das persoas vítimas de trata e como forma de explotación sexual e violencia contra as mulleres. O público desta mensaxe son os mozos máis novos; por iso, distribuiranse nas universidades carteis e folletos coa mensaxe: “Cando mercas mulleres fomentas a súa venda. Non formes parte desta cadea de tortura”.
“É preciso sensibilizar e concienciar a xuventude de que o consumo de prostitución é unha forma de colaborar coa explotación sexual e a violencia contra as mulleres. É importante que as novas xeracións tomen conciencia diso, son o futuro e a nosa responsabilidade é axudar a que se desenvolvan sen estereotipos machistas, sen considerar a prostitución e a trata de persoas como algo normal ou inevitable. Deben ser capaces de ver que se trata dunha forma máis de violencia contra as mulleres, normalizada mediante o diñeiro, que serve de tapadeira ás mafias”, explicou a secretaria xeral da Igualdade, Marta González.
Para lembrar a terrible violación dos dereitos humanos que supón a explotación sexual e a trata de persoas, o departamento de igualdade do goberno galego tamén celebra nese día unha xornada de formación para abordar o asunto, que está aberta a todas e todos os cidadáns.
A xornada, que se realizará na Escola galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago, será inauguradas pola secretaria xeral da Igualdade, Marta González, polo director xeral de xustiza, José Martín Álvarex, e o director da Escola Galega de Administración Pública, Pablo Figueroa.
Nela abordaranse temas como a “Definición e encadre do delito de trata con fins de explotación sexual”e “A sensibilización e incidencia das políticas públicas na erradicación da trata e a proteccións das vítimas”, a través de senllas conferencias impartidas pola profesora titular de Dereito Penal da Universidade Autónoma de Barcelona, Mª José Rodríguez Puerta, e dun representante do Proxecto Esperanza, respectivamente.
Ademais, a xornada concluirá cunha mesa redonda sobre turismo sexual, que contará coa participación do catedrático interino en Dereito Administrativo da Universidade de Extremadura, Pedro Brufau Curiel, a responsable de proxectos da ONG Rescate Internacional, Azahara Montero Magarín e a vicepresidenta da Asociación Catalana para la Infancia Maltratada – Child Prostitution, Child Pornography and Trafficking of Children for Sexual Puposes, Ana Sebastián.
Ao día seguinte, no Museo Pedagóxico de Galicia, celebrarase a xornada “Adopción de medidas de prevención, investigación e tratamento ás mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual” nesta ocasión destinada a persoas que traballan neste ámbito, na que se abordará a explotación sexual e a trata dende un punto de vista xurídico, o protocolo de actuación asinado a finais de 2009 pola Xunta de Galicia e Fiscalía Superior de Galicia, e os recursos existentes a disposición das vítimas.
Esta xornada será inaugurada polo conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Angel Cadenas, o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela e a secretaria xeral da Igualdade, Marta González.
O Instituto da Muller convoca subvencións para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar, dende a Área de Benestar Social, as actividades que, no eido dos servizos sociais, muller e cooperación social,