Archivo por 4 de septiembre de 2010

CURSOS BIC GALICIA PARA EMPRENDEDORES

Cursos de Bic-Galicia para emprendedores. 
 Se tes intención de constituír a túa empresa podes atopar axuda nos cursos para emprendedores organizados por Bic-Galicia. Bic Galicia é un organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, que ten entre as súas funcións fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de empresas e dotar os futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa. Para acadar este fin, entre outras actividades, organiza en colaboración con distintas entidades, con distintas entidades como concellos, colexios profesionais, cámaras de comercio, centros educativos, asociacións empresariais etc. e de forma telemática a través do campus virtual de Bic Galicia cursos para emprendedores: Seminario de Motivación Emprendedora O seu obxectivo principal é motivar as persoas, con inquietudes emprendedoras latentes, a que transformen as súas ideas de negocio en proxectos empresariais. Abórdanse os tres elementos necesarios para a creación dunha empresa: o emprendedor,a idea de negocio e os recursos necesarios para a posta en marcha. Seminario de Xeración e Maduración de Ideas O seu obxectivo é que os asistentes coñezan fontes potenciais de ideas empresariais, xeren as súas propias ideas e, na última fase do seminario, realicen unha avaliación da viabilidade do seu proxecto. Seminario de Creación de Empresas O seu obxectivo é que os participantes avalíen a viabilidade técnica, comercial, económica financeira do seu proxecto empresarial, para o cal realizarán un plan de empresa asesorados por un titor. Seminarios modulares de xestión de empresas Realízanse distintos seminarios sobre elementos fundamentais de xestión empresarial como financiamento, márketing, ou comercialización. Os asistentes adquiren os coñecementos básicos para a xestión do seu futuro negocio durante os seus primeiros meses de vida. Podes consultar a convocatoria dos cursos, que se van celebrar nos próximos meses en varios concellos de Galicia (A Coruña, A Estrada, Arzúa, As Pontes, Cerceda, Fene, Ferrol, Lourizán, Lugo, Mazaricos, Mos, O Grove, Ourense, Riveira, Santiago de Compostela, Vigo, Vilagarcía de Arousa), na páxina web de Bic-Galicia Información obtida da web de Bic-Galicia Bic-Galicia Barrio de San Lázaro 63A. Edificio Igape 3º. 15.703-Santiago de Compostela Teléfono: 981546823 Fax: 981546832

CURSO CONFECCIÓN DE PRENDAS EN VALGA

Prazo: 10 setembro
Información:
OMIX
AUDITORIO

CURSO CERÁMICA EN VALGA

Prazo: 10 setembro
INFORMACIÓN:
OMIX
AUDITORIO

CURSO PINTURA EN CRISTAL EN VALGA

Curso de pintura en cristal

 Ábrese o prazo  de inscrición no curso de PINTURA EN CRISTAL.
 PRAZO :10 de SETEMBRO
INFORMACIÓN
·          SERVIZO DE FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO
·          OMIX
·          AUDITORIO MUNICIPAL

CONCERTO NORDESTINAS NO AUDITORIO DE VALGA

CONCERTO NORDESTINAS  Sábado 11 de setembro as 21:00 h no Auditorio Municipal
  O próximo sábado dia 11 de setembro o grupo NORDESTINAS actuará no Auditorio Municipal de Valga a partir das 21:00 horas. Podese ver máis información deste grupo na sua páxina web www.falcatruada.com/_site_/grupos/nordestinas/ da que se pode ata descargar algunhas das cancións do seu novo disco “A ollada contemporánea á tradición mariñeira” O grupo está formado por tres dos músicos máis relevantes da nova escena galega: Abe Rábade, Guadi Galego (Berrogüetto, Espido) e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful). Neste proxecto as voces de Guadi Galego e Ugía Pedreira, modelan o repertorio mariñeiro do Norte, achegándose á súa infancia, á música popular que lle transmitiron os seus pais, xuntándoa coas súas propias composicións que tamén miran ao mar. Todo vai envolto coas harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o santiagués Abe Rábade. http://www.falcatruada.com/_site_/grupos/nordestinas