Bolsas para a formación de persoal en temas de investigación mariña. 

 A Consellería do Mar convoca bolsas para a formación de persoal en temas de investigación mariña: 1. Unha (1) bolsa destinada a titulados superiores universitarios que desexen realizar a tese de doutoramento no seguinte tema: “Identificación de proteínas de ostra plana Ostrea edulis relacionadas coa tolerancia a enfermidades” O importe da bolsa incluirá unha asignación mensual de 1.145 € brutos. O período de duración desta bolsa será de vinte e catro (24) meses. As solicitudes están á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e na internet no enderezo http://conselleriamar.xunta.es. As solicitudes poden presentarse ata o 11 de setembro de 2010. 2. Nove (9) bolsas para completar a formación de técnicos especialistas en FP2 e técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña.O importe da bolsa incluirá: a) Unha asignación mensual bruta de 715 euros. b) Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas. A duración das bolsas será de vinte e catro (24) meses. As bolsas realizaranse no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) que está integrado polo Centro de Investigacións Mariñas de Corón-Vilanova de Arousa e o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o ata o 11 de setembro de 2010. Máis información no DOG do 10 de agosto de 2010 e na web da consellería de mar.