Archivo por septiembre de 2010

A COMPARADA. OS REIS DA TORTILLA DE PATACAS

Carmen Comparada y Juan José Castaño. Os reis da tortilla de patacas. 

 A exquisitez coa que Carme Comparada elabora este prato é unha das causas que cada día fai que a xente se acerque ao bar Comparada, en Valga No ano 1926, Andrés Comparada volvía de Bos Aires, onde estivo emigrado, e abría un bar, o Comparada. Ao principio era moi modesto e pequeno, pero co tempo logrou ir ampliando, e incluso o converteu nun salón de baile, no que se celebraban festas por datas sinladadas coma o antroido ou San Xosé. «Estas festas, que enchían o salón de xente e bo ambiente, pouco gustaban aos curas da época», sinala Carmen Comparada, filla do finado Andrés. O seu pai estivo no Comparada o resto da súa vida, até os 93 anos. Carmen Comparada logo tomou as rendas do negocio. Ela xa non o mantiña como salón de baile, senón que o famoso do bar Comparada na época é o mesmo que o dá a coñecer hoxe en día: a súa comida. Cocidos, tortillas, orella, fabada ou empanada, entre outras cousas, atraen a veciños e xente doutros lugares con ganas de probar a boa comida de Carmen e do seu fillo, que é agora quen rexenta o bar. Juan José Castaño é herdeiro da tradición de traballo e da boa fama que a súa nai, Carmen Comparada, e o seu avó Andrés Comparada, lle deron ao bar. Agora máis ampliado e restaurado, chama tamén a atención pola historia que ten tras del. Durante os primeiros anos do franquismo, xunto con outros locais da zona, Carmen encargábase de repartir os alimentos que o Goberno mantiña na carta de racionamento. Aceite, azucre ou arroz eran algúns deses paquetes que as familias viñan a buscar a bares como o Comparada. Ademais de para o racionamento, naquel momento era tamén unha taberna e un ultramarinos. Disto xa non se acorda Juan José, que manexa agora o bar Comparada, no que as súas anécdotas son ben diferentes. «Do que me lembro é de que, aqueles aos que eu lles vendía gusanitos cando eran pequenos, agora pídenme cubatas», confesa. Dende que el tomou as rendas do Comparada, no ano 2000, a historia cambiou moito, pero non a tradición familiar, que segue dominando á perfección a arte da tortilla de patacas e outras comidas, que seguen sendo un reclamo para os que coñecen o Comparada. Cando se lles pregunta a Carmen e a Juan José polo segredo da súa boa fama, Juan adiántase afirmando que «aquí temos as tres b, bueno, bonito y barato». Isto, acompañado dun trato que non distingue entre persoas fan que haxa días nos que o Comparada complete o seu aforo de 100 persoas. O Comparada pasou de ser salón de baile, a dispensador da carta de racionamento ao mesmo tempo que ultramarinos e taberna, e hoxe, convértese ademais no punto de encontro da zona. No Comparada reúnense representantes de distintas xeracións da mesma familia, pois, os que antes eran novos, agora son adultos, e traen aos fillos, e os que antes eran adultos agora son vellos. «É a roda da vida», di Juan José. De momento, tres foron as xeracións que pasaron polo Comparada, e pasará outra máis, que, aínda que non leve o apelido Comparada, éo tanto coma os demais. Helena Castaño, con tan só dous anos, é unha firme candidata a prolongar a historia desta familia e deste negocio, a súa nai, Susana Ordóñez, que bota unha man no bar de cando en vez, así o ve. LA VOZ DE GALICIA, 19/09/10

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS ALBOR DE VALGA e ASOCIACIÓN CULTURAL E XUVENIL A EIRA

Próximas actividades

CHARLA: DEPORTE E LECER

-O xoves, 16 de setembro de 16:30  a 18:30 no Auditorio

CURSO DE MEMORIA

-Inicio o  venres, 17 de setembro de 17:30 a 19:30 no Auditorio

CURSO DE TAICHI

-Inicio o luns, 20 de setembro de 17:30 a 19:00 no Auditorio

CURSO DE LABORES

-Inicio o xoves, 7 de outubro de 16:00 a 18:00 na Casa de Cultura de Campaña

CURSO DE PINTURA

-Aberto o prazo de inscrición.

SAÍDA A SOUTOMAIOR

-O mércores 22 de setembro ás 16:00 horas.

-Asistencia ao acto de clausura de cursos do programa PENSA EN TI, en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

VISITA Á ESCOLA GALEGA DE CONSUMO E Á CIDADE DA CULTURA

-O xoves, 23 de setembro. Saída ás 9:00 horas

PROGRAMA PEREGRINA DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE.

CAMIÑATA DENDE O MONTE DO GOZO ATA A CATEDRAL.

-O martes, 5 de outubro.

TEATRO “O ENFERMO IMAXINARIO” do grupo de teatro A Barcarola de Pontecesures

TEATRO: O ENFERMO IMAXINARIO

Domingo, 19 de setembro ás 19:30 horas

O grupo de teatro da Asociación “A BARCAROLA” de Pontecesures presenta:

“O ENFERMO IMAXINARIO” de Moliere.

PERSOAXES

ARGAN:  O Enfermo Imaxinario. NATI SOMOZA

BELISA: Segunda muller de Argan. CARMEN LLERENA

ANXELINA. Amante de Cleanto. AVELINA CORDO

BERNALDA. Madriña de Anxélica. NATALIA GÓMEZ

Sr. PURGÓN. Médico de Argan. OTILIA PORTAS

TOMÁS. Pretendente de Anxélica. CARMEN MOSQUERA

Sr. DESCOMPOSTO. Pai de Tomás. DOLORES BARREIRO

Sr. BONAFE. Notario. ROSARIO GRELA

TOÑITA. Criada da casa. ELENA VIDAL

SINOPSE: COMEDIA

Persoaxes diversas: roñóns, manipuladores, inxenuas, refinadas, ridículos, corrosivas, sabichóns…

REPRESENTACIÓN:

DOMINGO, 19 de Setembro no Auditorio Municipal de Valga  ás 19:30 horas.

XVI VILAGARCÍA BASKET CUP

Ademais de promover o deporte, o Vilagarcía Basket Camp ten como obxecto sensibilizar sobre a importancia da saúde e da convivencia en igualdade

Igualdade estuda colaborar coa XVI Vilagarcía Basket Cup para sensibilizar sobre a violencia de xénero

A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia estuda colaborar na edición número dezaseis da Vilagarcía Basket Cup co fin de sensibilizar aos máis de 2.000 nenos e nenas que nela participan, xunto cos seus pais e nais, sobre o problema da violencia de xénero na nosa sociedade.

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, reuniuse  hoxe co director da Fundación Vilagarcía Basket Cup, Alberto Blanco Villa, que lle presentou o proxecto do Vilagarcía Basket Camp para o ano 2011, que ten como obxectivo, ademais de promover o deporte, sensibilizar as nenas e nenos sobre a importancia da saúde e da convivencia en igualdade, así como promocionar a cultura, o turismo e a economía.

A organización espera que na próxima edición participen uns 2.500 nenos e nenas de entre 8 e 17 anos, e unhas 7.000 nais e pais, que durante unha semana convivirán e tendo o baloncesto como elemento integrador tamén se  realizan actividades paralelas que permiten combinar accións educativas con sociais e lúdicas.

Marta González manifestou o interese da secretaria xeral da Igualdade en participar neste evento mediante actividades de sensibilización contra a violencia de xénero e a educación en igualdade, xa que “a educación dos nosos menores é unha forma de lograr un futuro sen violencia contra as mulleres e en igualdade de condicións”.

De feito, co obxectivo de sensibilizar a poboación máis nova e aos seus pais e nais, o próximo 2 de outubro, nas instalacións de INEF Galicia, preto da praia de Bastiagueiro (Oleiros-A Coruña), a secretaría xeral da Igualdade organiza as 11ª Xornada de Pais e Nais Educando en Igualdade “Coeduca no Deporte”, que ten coma obxectivo transmitirlles ás nais e pais o importante labor que poden intentar realizar co fin de apoiar a libre elección e participación das súas fillas e fillos na práctica deportiva, evitando estereotipos de xénero que mediaticen a dita práctica.

A responsable da área de Igualdade convidou a asistir a este evento a responsables da Fundación Vilagarcía Basket Cup, para que poidan coñecer de cerca a forma de traballo e poder axustar así unha posible colaboración para o evento que se realizará en Semana Santa na capital de Arousa.

AGATHA CRISTIE, A RAÍÑA DO MISTERIO

Agatha Cristie (15 de setembro de 1890 – 12 de xaneiro de 1976)

A raíña do misterio, Agatha Cristie, naceu hai 120 anos

A nai de Hercules Poirot e Miss Marple naceu tal dia como hoxe hai 120 anos e con ela comezou un reinado de misterio e intriga na literatura que aínda non encontrou herdeira, nin herdeiro. Agatha Mary Clarisa Miller naceu no seo dunha familia da alta burguesía inglesa o 15 de setembro de 1890 na localidade de Torquay en Devon, Inglaterra. A súa vida acomodada permitiulle dedicarse ao que máis lle gustaba, ler, o que despois lle serviu de inspiración na súa obra.

Agatha casou e adoptou o apelido do marido, co que se fixo internacionalmente famosa. Sen embargo ese matrimonio durou pouco e a ruptura estivo rodeada de certo misterio: o marido comunicoulle que se quería separar e ela, tras unha crise nerviosa, desapareceu unhas semanas, afirmando non lembrar nada do acontecido nese período cando foi atopada. Así o conta en La Vanguardia Salvador Vázquez de Praga no Centenario do nacemento de Agatha Christie.

A escritora volveu a casar posteriormente, cun arqueólogo co que viaxou moito, o que a axudou na súa obra, pero seguiu asinando os seus libros co apelido co que se fixera coñecida no mundo literario: Christie.

A pesar de ser considerada a escritora do crime que intrigou a medio mundo, esta muller dicía non soportar a violencia. Durante seus 85 anos de vida escribiu case 100 novelas, algunhas tan míticas como Asasinato no Orient Express e creou personaxes inesquecibles como os detectives Hercules Poirot e miss Marple. Pero ademais de novelas, Christie tamén destacou no teatro: a súa obra La ratonera, bateu todos os récords de permanencia en cartel en Londres.

A obra da escritora inglesa foi traducida a máis idiomas que a do seu compatriota William Shakespeare, o que lle valeu, en 1971, o título de Dama do Imperio Británico, unha condecoración que naquela época só se concedía moi raramente.

Christie faleceu en 1976 aos 85 anos de idade e, ao contrario que acontece nas súas novelas, sen ningún rasgo misterioso. Sen embargo, a mestra da intriga logrou converter a súa vida nun enigma, xa que mais aló da súa prolífica carreira, pouco se sabe dela aínda hoxe.

EMPREGO EN OCASO SEGUROS

Emprego en Ocaso Seguros na provincia de Pontevedra

Ocaso seguros y Reaseguros precisa 5 candidatos para os seus Plans de Carreira e 2 Xefes de Equipo para as súas oficinas de Vigo, Cangas, Tuy, Ponteareas e o resto da Provincia de Pontevedra.

Requisitos:

- Maiores de 25 anos

- Nivel cultural medio/alto

- Boa presencia

- Espíritu de Traballo

Os interesados deberán chamar de 10:00 a 14:00 h para concertar entrevista ao teléfono 986 222 497 e preguntar polo Sr. Toledano ou enviar o seu currículo ao enderezo electrónicio jcguillan@ocoaso.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Faro de Vigo, 12 de setembro de 2010

INFORME SEMANAL

http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/Informe130910.pdf

DIRECTOR DE PLANTA

Director de Planta

Importante empresa nacional do sector alimentario, busca: director de planta para súa factoría ubicada en Galicia, que procesa 15000 tn de materia prima., con responsabilidades da organización, planificación e execución de todo o proceso productivo. Do aprovisionamento das materias auxiliares para o funcionamento da fábrica. Do mantenemento da planta.
Se require:
1. formación a nivel universitario.
2. experiencia mínima de 2-3 anos en posto similar, no sector agro-alimentario.
3. alto nivel de inglés e disposición a viaxar a feiras tecnolóxicas.
4. fixar residencia en área da fábrica (cidades cercanas a Santiago de Compostela/Pontevedra).
Rogamos envien CV en formato word a : c.v.directorplantagalicia@gmail.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando referencia DP92010.
La Voz de Galicia do domingo 12 de setembro de 2010.

TRABALLA PARA MAPFRE EN PONTEVEDRA



MAPFRE busca persoas creativas, con aspiracións e capacidade de comunicación e para as relacións soicais na provincia de Pontevedra para os seus Plans de Carreira

Ofrecen:

- Remuneracións compostas por fixo + comisións + carteira

- Formación continuada a cargo da empresa

- Promoción segundo a valía

Os interesados deberán enviar o seu C.V. a Avda. García Barbón, 106 (Dpto. de Formación) C.P. 36201 – VIGO

Faro de Vigo, 12 de setembro de 2010

BOLETÍN CIMO

Boletín de información útil para el empleo (A Coruña) 13_Septiembre_2010