Éxito do xogo da Anguía

Dende o venres tódolos nenos de Valga e doutros concellos , disfrutan do xogo da anguía e doutros xogos tradicionais como a mariola ou piturra.

Dende o venres tódolos nenos de Valga e doutros concellos , disfrutan do xogo da anguía e doutros xogos tradicionais como a mariola ou piturra.

Colabora:

  • Colexio de Cordeiro.
  • A.S.M.I.V.A.L.U
  • C.E.I.P de Baño

VALGA LÚDICA E SAUDABLE

Proxecto “enredar no camiño”

Este proxecto ten como finalidade recuperar e promocionar distintos xogos tradicionais, adiviñas, etc… e todo o que ten que ver co mundo do neno e que, de forma didáctica, poidan desenvolver ó aire libre.

XOGO DA ANGUÍA

NORMAS

O taboleiro de xogo consta dun total de sesenta e tres celas: Gaña o xogador ou equipo que primeiro chegue a última cela, ó Nº63.

Sortéase quen tira primeiro e faino o xogador ou equipo que saque o número máis alto nunha tirada de ruleta preliminar. O xogador/es ou equipo/s van tirando por turno e desprazándose tantas celas como puntos obteñan nas súas tiradas.

CELAS ANGUÍA

Nas celas Nº1, 9, 14, 18, 23, 27, 32, 36, 41, 45, 50, 54, 59,63  aparece debuxada unha anguía: avanza de unha a outra e volve a tirar.

“DE ANGUÍA A ANGUÍA NADANDO POLA RÍA”

CELAS DE PATRIMONIO

En cada unha destas celas faranse preguntas sobre o patrimonio histórico- artístico e cultural de Valga. De non acertar deberá permanecer na mesma cela ata o seguinte turno, caso contrario segue avanzando:

    Nº2: Muíño de Beiro
    Nº4: Igrexa Divino Salvador de Setecoros.
    Nº10: Capela de Nosa Señora dos Desamparados da Devesa.
    Nº16: Igrexa de Santa María de Xanza.
    Nº25: Igrexa de Santa Cristina de Campaña
    Nº37: Capela Virxe da Saúde de Casaldeirigo
    Nº44: Capela San Mamedo dos Martores.
    Nº48: Capela San Paio de Vilar.
    Nº56: Igrexa Santa Comba de Cordeiro.
    Nº61: Igrexa de San Miguel de Valga.
    Nº21: Praia Fluvial de Vilarello.
    Nº 29: Mina Mercedes.
    Nº39: Don Xesús Ferro Couselo.
    Nº60: Fervenzas de Parafitas.

CELAS Nº 6 e Nº12: PONTE ROMANA DO SOUTO.

Se un xogador ou equipo cae no número 6 avanza ata a seguinte ponte situada na cela número doce e viceversa e volve a tirar.

“DE PONTE ROMANA A PONTE ROMANA E SIGO CON MOITA GANA”

CELA Nº 19: ESCUDO DO CONCELLO DE VALGA.

Ó caer nesta cela o xogador ou equipo permanecerá 1 turno sen xogar porque detense no Concello a solicitar un documento.

CELAS Nº 26 e 53: ALAMBIQUES

Cando un xogador ou equipo cae na número 26 avanza ata o seguinte alambique na cela número 53 e viceversa. Volve a tirar.

“DE ALAMBIQUE A ALAMBIQUE SIGUE E REPITE”

CELA Nº31: PETO DE ÁNIMAS.

O que caia nesta caixa terá que permanecer 2 turnos sen tirar porque debe facer penitencia.

CELAS Nº34 e 42: PETROGLIFOS.

Quen caia na cela número 34 terá avanzar ata a número 42 e viceversa.

CELA Nº52: BATALLA DE CASALDOEIRIGO

O xogador ou equipo que caia nesta cela estará 2 turnos sen tirar porque deténse a axudar ós feridos.

CELA Nº58: CENTRO DE SAÚDE.

Ó caer aquí hai que volver a cela Nº1 do taboleiro porque debido a un exceso de enerxias caes desfalecido e debes voltar para a casa.

CELAS PROBA: Nº 8, 20, 30, 38, 49, 55 e 62

Nestas celas deberanse superar unhas probas, individuais ou en equipo, para continuar xogando; do contrario deberá permanecer na cela ata a seguinte tirada.

CELA 63: ANGUÍA META

Para gaña-la partida o xogador ou equipo deberá chegar aquí facendo coincidir exactamente os puntos da ruleta coas celas que falten para a chegada.

PREGUNTAS**

  • Con que Concellos limita Valga ó Norte?
  • Con que Concellos limita Valga ó Sur?
  • Con que Concellos limita Valga ó Leste?
  • Con que Concellos limita Valga ó Oeste?
  • Cantas parroquias ten Valga e cales son?
  • Donde están as Fervenzas de Valga?
  • Donde está a Ponte Romana?
  • En que parroquia se atopan os Petroglifos de Camporredondo?
  • Cal é a Festa Gastromónica do Concello de Valga?
  • Cando se celebra a Festa da Anguía e Caña do País?
  • Cita dúas igrexas de Valga.
  • Cita dúas capelas de Valga.
  • Donde se atopa o Peto de Ánimas?
  • A Igrexa de Santa Comba está en Campaña? Verdadeiro ou falso?
  • Onde tivo lugar a Batalla na que gañaron os valgueses no 1809?
  • Contra quen coitaron os valgueses na Batalla de  Casaldoeirigo?
  • Que ríos pasan por Valga?
  • Como se chama a praia fluvial de Vilarello?
  • muiño de Beiro é eléctrico ou de vento?
  • Donde hai un circuito de ximnasia en Valga?
  • Nomea dúas maneiras de cociñar a anguía na Festa da Anguía.
  • Que industrias hai en Valga?
  • A que país emigrou mayoritariamente a xente de Valga durante a Guerra Civil?
  • Que animal aparece no escudo do Concello de Valga?
  • É verdade que Cesures pertencía a Valga e que no ano 1926 se fixo concello independiente?
  • En que ano se lle adicou o Día das Letras Galegas a Don Xesús Ferro Couselo?
  • En que ría está situada Valga?
  • Onde se atopa a Mina Mercedes?
  • De que fruto se fai a augardente?
  • O petroglifo que hai no Concello de Valga, con que nome se coñece?
  • Que se celebra o tres de febreiro no Concello de Valga?
  • Cita dous persoeiros famosos do Concello de Valga.

PROBAS

  • Dar unha volta a correr polo circuito de bicicleta en 3 minutos.
  • Conseguir acertar 3 tiros a porta de 5 intentos.
  • Aguantar á pata coxa durante 3 minutos.
  • Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Dar duas voltas a pés xuntillas arredor do taboleiro en 2 minutos.
  • Conseguir sacar un nº maior a 4 na ruleta. 1 oportunidade.
  • Conseguir sacar un nº menor a 3 na ruleta. 1 oportunidade.
  • Reúne 20 pedriñas nun minuto.
  • Adiviñar con xestos 3 palabras de 5.
  • Cantar unha canción popular en galego.
  • Salto de lonxitude: conseguir saltar máis lexos que o xogador/equipo contrario.
  • Conseguir dar 20 botes seguidos coa pelota.
  • Resolve unha das adiviñas que aparecen neste taboleiro.

**As respostas  a estas cuestións pódelas atopar na Web do Concello, na Oficina de Turismo, no Auditorio Municipal, no Concello e no Museo Histórico Local.
ADIVIÑAS

Which letter is a part of the body?

I`m your uncle’s brother,

but I’m not your uncle.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. What am I?

It is round and yellow.

It is like a ball of fire.

It rises in the East.

It sets in the West.

What is it?

I always come down,

But never go up.

What am I?

It is on your head

And under your hat.

What is it?