Archivo por octubre de 2010

CURSO MONITOR TEMPO LIBRE EN SANTIAGO

Curso de monitor de tempo libre en Santiago de Compostela
 
A Escola de Tempo Libre de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela organiza un curso oficial de monitor de tempo libre.
O curso de monitor de tempo libre imparte, as sesións teóricas, ao longo de 10 fins de semana.
Prezo: Entre 150 e 225 €
Duracion: 200 h. teóricas
Modalidade: Presencial
Localidade: Santiago de Compostela
Data límite de inscrición: 5 novembro 2010
Data inicio: 13 novembro
Data fin: 10 abril 2011
Máis información: Cáritas. Teléfono 981 581 542
animacion.cdsantiago@caritas.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

PANORAMA, COSTA OESTE E PHILADELPHIA O DOMINGO EN CAMBADOS

Panorama, Costa Oeste e Philadelphia despedirán a tempada cun concerto de apoio á campaña LIBRE o domingo en Cambados
 
A praza de Fefiñáns de Cambados será o esceario onde Panorama, Costa Oeste e Philadelphia despedirán a tempada musical o domingo 31 de outubro cun concerto gratuíto que comezará ás oito da tarde.

As tres orquestras transmitiron durante este verán nas súas actuacións nun total de 250 festas da comunidade galega mensaxes de prudencia ao volante.

No decurso do concerto terá lugar a preestrea do vídeo clip ‘Flores en la carretera’, do grupo galego Jabón Blue, que conta coa colaboración, entre outros, do actor galego Manuel Manquiña e do compositor Luís Cobos.

Este tema musical busca concienciar á mocidade da necesidade de conducir sen ter bebido alcohol e converterase na banda sonora das próximas accións da campaña Libre.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Xuventude instalará na praza de Fefiñáns unha carpa na que se informará sobre os programas para a mocidade da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, entre eles a oferta do Quérote+ ou os cursos de condución segura que teñen lugar as fins de semana no circuíto de Forcarei.

A Dirección Xeral de Xuventudeten previsto crealizar, dende o mes de novembro e ata o mes de maio, máis de 200 accións nos pubs e discotecas de 52 vilas e cidades galegas, para concienciar aos mozos e mozas dos perigos derivados de conducir despois de ter consumido alcol.

Estas actuacións están integradas na campaña ‘Libre’, promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que fomenta a condución cun ‘cero cero’ de alcol a través da potenciación das quendas entre amigos e a figura do condutor alternativo. Todo, para que a mocidade sexa consciente dos beneficios de ir ao volante libre de preocupacións.

No marco desta iniciativa, Xuventude impulsou este verán accións directas durante as noites en medio cento de festas celebradas en Galicia e logrou que case 5.000 condutores se sometesen a probas voluntarias de alcoholemia antes de coller os seus vehículos.

Así mesmo, puxo en marcha un ciclo de cursos de condución segura, que se celebrarán en Forcarei (Pontevedra) todas as fins de semana ata a do 4 de decembro e co que se pretende formar en técnicas e sistemas de seguridade a máis de 500 mozos e mozas de entre 18 e 35 anos.

 

    

CLAUSURA OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DE SANTIAGO II

“OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DE SANTIAGO II”

CLAUSURA O MARTES, 2 DE NOVEMBRO

29/10/2010

CLAUSURA

“OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DE SANTIAGO II”

DÍA: 2 DE NOVEMBRO DE 2010

PROGRAMACIÓN:

10:00 VISITA Á OBRA: REFORMA DA ÁREA DEPORTIVA DE CAMPAÑA

10:30 VISITA Á OBRA: ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DO EDIFICIO DE SERVIZOS NA PRAIA DE VILARELLO

11:00 ENTREGA DE DIPLOMAS

LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL DE VALGA

ASISTIRÁ AO ACTO DE CLAUSURA O DELEGADO TERRITORIAL D. JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS

EXPOSICIÓN SOLIDARIA

EXPOSICIÓN SOLIDARIA

Colaboración entre as ANPAS e ASMIVALU

29/10/2010

As ANPAS do C.R.A. de Valga, C.E.I.P. de Baño e C.E.P. do Xesús Ferro Couselo únense por unha causa solidaria.

Os nenos e nenas dos tres colexios que asisten á actividade extraescolar de pintura van doar cadros á asociación de discapacitados ASMIVALU no marco dunha Exposición que vai ser inaugurada o 4 de Decembro na Casa do Concello.

Os cartos recaudados da venda dos cadros serán entregados íntegramente á asociación ASMIVALU.

Dende a directiva das tres ANPAS agradecen a colaboración de tódolos nenos e nenas e informan que se outras persoas queren colaborar poden poñerse en contacto coas ANPAS.

ENCONTRO ASOCIATIVO XUVENIL EN CHAVES, PORTUGAL

Enviámosvos información de moito interese para tódolos que queirades participar nun Encontro Asociativo Xuvenil en Chaves, Portugal, o vindeiro 20 e 21 de novembro.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado xunto co Instituto Portugués da Xuventude organizan o 4º Emax, Encontro mostra asociativa xuvenil… Ler máis..

INFORME SEMANAL

Revisa as novidades desta semana

PEREGRINAXE EN MOUNTAIN BIKE

PEREGRINAXE EN MOUNTAIN BIKE (BTT)

CAMIÑO PORTUGUÉS

O Concello de Valga, en colaboración coa Asociación MOCIVALGA e a AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL, están a organizar unha peregrinaxe dende OPORTO ata SANTIAGO DE COMPOSTELA, en bicicleta, que se realizará desde o 4 ata o 7 de decembro.

INFORMACIÓN:

OMIX

AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS PROTECCIÓN CIVIL

AUDITORIO

SAMAÍN EN VALGA

SAMAÍN

Venres, 29 ás 17:30

Convidamos a tódolos nenos e nenas do concello á celebración do SAMAÍN o vindeiro venres, 29 de outubro ás 17:30 horas no Auditorio.

Traede a vosa cabaza para expoñer. Podedes vir disfrazados, teremos un contacontos e faremos un conxuro con chocolate.

PASARÉDELO DE MEDO!

INFORMACIÓN:

OMIX

AUDITORIO

DOCENTES DE TEMPO LIBRE EN SANTIAGO

Docentes de tempo libre en Santiago de Compostela

A Fundación de Estudios e Análises (FESAN) precisa docentes de para a Escola de Tempo Libre para impartir cursos de monitor.

FESAN é unha fundación que nace en 1997 co obxectivo de proporcionar formación a través da cal se facilite a inserción laboral e un aumento da capacitación dos traballadores.

Toda persoa interesada pode introducir o currículum na web de fesan

PRAZA DE TÉCNICO SUPERIOR DE F.P. NA CORUÑA

Convocada 1 praza de Técnico Superior de Formación Profesional na Coruña.
O Consello superior de investigacións científicas, convoca 1 praza laboral temporal de técnico superior de formación profesional en análisis y control na provincia da Coruña.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 2 de novembro de 2010.
Máis información Centro de información administrativa, publicado o 25 de outubro de 2010.