Archivo por noviembre de 2010

INFORME SEMANAL

http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/novembro10/Informe291110.pdf

BOLETÍN CIMO

Boletín de información útil para el empleo (A Coruña) 29_Noviembre_2010

ESCOLA PARA PROFESIONAIS DA IGUALDADE

Escola para profesionais da igualdade

Zona de matrícula nos cursos on-line

-Curso de deseño e xestión de proxectos de igualdade.

Prazo de inscrición: do 26 de outubro ao 1 de novembro.

Inicio do curso: 10 de novembro.

-Curso ‘Muller e dereito de familia’

Prazo de inscrición: do 29 de novembro ao 3 de decembro.

-Curso ‘Aproximación psicolóxica á violencia de xénero’

Prazo de inscrición: do 1 ao 10 de decembo.

-Curso ‘Aproximación psicolóxica do ámbito da igualdade’

Prazo de inscrición: do 1 ao 10 de decembro.

-Curso ‘Liderar en clave de xénero’

Prazo de inscrición: do 13 ao 17 de decembro.

A Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia, vén de deseñar un programa de accións formativas que, nesta primeira etapa, se dirixen ao persoal técnico de centros e recursos en materia de igualdade, dependentes das administracións locais galegas.

Esta formación on-line xurde como resposta á necesidade de actualización continuada e permanente dos coñecementos profesionais, adaptada aos tempos actuais, constituíndo ademais unha alternativa para aquelas persoas que combinan traballo e formación, podendo elixir cada persoa o seu horario.

As accións formativas que integran o presente programa pretenden potenciar e elevar as capacidades e destrezas do persoal dos centros e recursos en materia de igualdade en catro ámbitos fundamentais: xurídico, psicolóxico, deseño e xestión de proxectos e liderado, e así mesmo facilitar ferramentas que permitan a implementación da estratexia de mainstreaming de xénero e da normativa vixente en  medidas, plans e proxectos.

As accións formativas que se ofertan na presente edición son:

  • Muller e Dereito de familia
  • Aproximación psicolóxica á violencia de xénero
  • Deseño e xestión de proxectos de igualdade
  • Liderar en clave de xénero

Para cursar as dúas primeiras precisarase unha licenciatura universitaria na materia correspondente –Dereito, Psicoloxía- e para as outras dúas dunha licenciatura ou diplomatura universitaria.

No desenvolvemento deste programa de formación cóntase coa colaboración da Escola Galega de Administración Pública, así como tamén con especialistas universitarios nas materias que se van abordar nesta edición.

Cada unha destas accións formativas consta de 60 horas. Esta formación on line inclúe titorías especializadas para o seguimento do alumnado e para a resolución das dúbidas que xurdan no desenvolvemento dos cursos. Unha vez rematada cada acción formativa, e tendo superado os obxectivos establecidos, poderase obter unha certificación acreditativa expedida pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

A quen vai dirixida a formación?

A Escola de Profesionais da Igualdade está dirixida a todo o persoal que traballa nos centros e recursos en materia de igualdade, dependentes das administracións locais galegas.

Que titulacións son necesarias para participar?

  • Deseño e xestión de proxectos: Calquera licenciatura ou diplomatura universitaria
  • Liderar en clave de xénero: Calquera licenciatura ou diplomatura universitaria
  • Muller e dereito de familia: Licenciatura en Dereito
  • Aproximación psicosocial á violencia de xénero: Licenciatura en Psicoloxía

Como rexistrarse na plataforma de teleformación?

Rexistrase é moi sinxelo. Só tes que entrar na plataforma de teleformación da Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) e introducir os teus datos. O enlace para facelo é https://egap.xunta.es/matricula/login.php

Que debes facer para matricularte?

Unha vez rexistrados os datos na plataforma de teleformación da EGAP debes matricularte na acción formativa que desexes cursar. Actualmente, non está dispoñible a matrícula, pero estamos traballando para que nos próximos días xa podas inscribirte na primeira acción formativa: “Deseño e xestión de proxectos de igualdade”.

Qué ferramentas estarán dispoñibles para o alumnado?

Xunto coa Plataforma de Teleformación da EGAP, a Escola para  Profesionais da Igualdade disporá dun Servizo de Titorías de carácter persoal e individualizado ideado para lograr un mellor proceso formativo e adaptado á dispoñibilidade de tempo de cada participante. O servizo de titorización inclúe:

  • Enderezo electrónico do servizo de titorías
  • Liña de teléfono 900 (gratuíta) en horario de 9h00 a 19h00
  • Foro e chat co alumnado

AXENDA CULTURAL EN SANTIAGO

Axenda Cultural
Música

Fred Martins + Ramón Bermejo

Data: 29
Hora. 22:30

Lugar:

Casa das Crechas
Vía Sacra, 3. 15704
Teléfono: 981 560 751

Prezo: 3 euros

Trío Tunes García Legido: jam flamenca

Data: 29 de novembro de 2010
Hora: 23:00

Lugar:Pub Borriquita de Belém
San Paio, 22

Casual Jazz Trío

Data: 30 de novembro de 2010
Hora: 20:30

Lugar:Arteria Noroeste
Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Prezo:5 euros, 4 euros prezo reducido

Taller Atlántico Contemporáneo

Data: 30 de novembro de 2010
Hora: 20:30

Lugar:Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629

Xoel López + Iván Ferreiro + Elodio y los Seres Queridos

Data: 30 de novembro de 2010
Hora: 21:00

LugarSala Capitol
Rúa Concepción Arenal, 5
Teléfono: 981 574 399

Prezo: 10 euros

A voz humana, de Poulenc, coa Real Filharmonía

Data: 2 de decembro de 2010
Hora: 21:00

Lugar:Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo:14 euros

Teenage Fanclub

Data: 3 de decembro de 2010
Hora: 21:30

Lugar:Sala Capitol
Rúa Concepción Arenal, 5
Teléfono: 981 574 399

http: www.teenagefanclub.com

Lokua Kanza

Data: 4 de decembro de 2010
Hora: 21:00

Lugar:Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo: 15 euros

Teatro/Danza

Citizen(primeira parte)

Data:1 de decembro de 2010
Hora: 21:30

Lugar:Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 573 998

Prezo:9 € | Estud/parad/xub/discp: 7 € | Internet: 7 € | Mércores día do espectador: 7

‘Citizen’ (segunda parte)

Data:1, 2,5 de decembro de 2010
Días da semana: Mércores, Xoves, Venres, Sábado
Hora: 21:30

Lugar:Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 573 998

Prezo:9 € | Estud/parad/xub/discp: 7 € | Internet: 7 €

XORNADAS: EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL

XORNADAS: EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL

SÁBADO, 27 DE NOVEMBRO

XORNADAS

EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL

PROGRAMA

09:30 – Entrega documentación

10:00 – Funcionamento dunha cooperativa

Ruth Mª Rodríguez Ferreirós (AGACA)

10:45-1ª MESA REDONDA: COOPERATIVAS DE SERVICIOS

Alejandro GArcía Permuy (Abeiro Social S. Coop. Galega – servizos sociais)

Susa, representante da empresa “Xardinería Isabel”

12:00 – Pausa – Café

12:30 – 2ª MESA REDONDA: COOPERATIVAS VITIVINÍCOLAS

Carlos Carrión (Vinos Paco y Lola)

Roberto Rivas Reboredo (Viña Moraima)

14:00 – CLAUSURA polo Alcalde de Valga, José María Bello Maneiro

Os asistentes recibirán Diploma de asistencia

INSCRICIÓNS:

SERVIZO DE FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO

OMIX

AUDITORIO

IV ENCONTRO INTERXERACIONAL

IV EDICIÓN DO ENCONTRO INTERXERACIONAL

A SEMENTEIRA DO TRIGO

O venres, 26 de novembro terá lugar A SEMENTEIRA do trigo enmarcado dentro do IV ENCONTRO INTERXERACIONAL DO CONCELLO DE VALGA.

Sairemos ás 10:30 do Auditorio Municipal para achegarnos á finca onde escolares do C.E.P. XESÚS FERRO COUSELO, do C.E.I.P. de BAÑO e do C.E.I.P. AGRO DO MUIÑO de AMES coñeceran a través de membros da asociación de maiores AXENTIVA o proceso de sementar o trigo de maneira tradicional.

Esta é a primeira parte dun proceso que seguirá co sega, malla, moenda, amasado e elaboración do pan de trigo.

Os escolares e maiores virán vestidos de maneira tradicional.

Os Encontros Interxeracionais pretenden achegar xeracións do noso concello onde os maiores transmitan a súa experiencia, sabiduría, formas de traballo, tradición oral, xogos populares.. aos máis novos para que non se perdan no esquecemento, ademais de fomentar o respecto e a tolerancia.

Convidamos a todos/as a participar.

A EIRA INFORMA: SAÍDA AO PAÍS VASCO

Imos realizar unha saída ao país Vasco durante a ponte da Constitución o vindeiro decembro entre os días 3 e 8 do devandito mes. Todos días feriados para que ninguén perda de traballar ou estudar.

O albergue-residencia é na localidade de Zarautz, a menos de dez kilómetros de San Sebastián. E entre as cidades que se pretenden visitar están Zarautz, San Sebastián, Hendaia e Bilbao.
Prégase a todos aqueles que esteades interesados por favor nos vaiades confirmando os nomes (mailo dni e un teléfono de contacto) pois só hai 34 prazas. O autobús e o albergue van cuberto, mais iso xa o veredes no programa.
O dito, canto antes nos deadelos nomes dos interesados, moito mellor. E outra cousa: só xente de entre 18 e 30 anos (exceptúanse aqueles representantes da federación que acturarían para o caso a modo de monitores).

IV EMAX DE CHAVES – PORTUGAL

As asociacións participantes no IV EMAX de Chaves acordaron que en 2011 este encontro se celebre en Galicia

emaxA nosa comunidade acollerá o próximo ano a quinta edición do Encontro mostra asociativa xuvenil Portugal e Galicia, segundo se ten decidido no EMAX celebrado na localidade portuguesa de Chaves esta fin de semana. As fotografías e conclusións do encontro pódense atopar na páxina oficial de Facebook http://www.facebook.com/#!/fnaj.pt

Por parte galega asistiran ao IV EMAX máis de 150 mozos e mozas, representantes de entidades asociativas de toda a comunidade, sendo esta aedición con máis preresentantes galegos de todas as edicións celebradas ata a data.

BOLETÍN CIMO

Boletín de información útil para el empleo (A Coruña) 22_Noviembre_2010

A ASOCIACIÓN A EIRA EN CHAVES – PORTUGAL

Asociacións xuvenil de Galicia e do Norte de Portugal debaten en Chaves sobre compromiso social e cooperación

Máis dun cento de mozos e mozas vinculados a unhas corenta asociacións e entidades galegas participarán no ‘4º EMAX: encontro mostra asociativa xuvenil Portugal e Galicia’, que se celebrará esta fin de semana na localidade portuguesa de Chaves.

O obxectivo desta iniciativa, que apoia a Dirección Xeral da Xuventude e Voluntariado, é crear un espazo aberto ao asociacionismo e á reflexión sobre a importancia de que os mozos e mozas participen del para o desenvolvemento dunha sociedade máis xusta. Tamén se pretende abrir un foro no que se expresen os grupos integrados por este colectivo.

No encontro trataranse temas de interese común, especialmente aqueles relacionados coas oportunidades que se derivan da cooperación transfronteiriza. A parte, porase en común o traballo e as experiencias das asociacións e agrupacións en distintas áreas, como a do cinema, teatro, artes, deporte, animación, prensa e formación, entre outras.

A apertura dos actos realizarase o sábado no pavillón municipal de Chaves ás 10.30 horas, despois de distribuír as credenciais entre os participantes, que se fará desde as 9.30 horas. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, intervirá no Centro Cultural desta localidade as 11.30 horas na sesión inaugural xunto a distintas autoridades lusas.

Xa a mediodía, abrirase un debate entre expertos e profesionais lusos e españois sobre a cooperación e a actividade emprendedora como elementos clave para o futuro. No serán desenvolveranse diversas actividades que culminarán cunha cea, un concerto festa e unha ruta de cultura e lecer.

O domingo terá lugar a segunda sesión plenaria e posterior debate sobre a identidade luso-galaica e as boas prácticas necesarias na cooperación transfronteiriza. A recollida dos expositores iniciarase ao finalizar as actividades programadas para o serán, sobre as 17.00 horas.