Archivo por diciembre de 2010

CONCURSO AIRIÑOS DE ROCK & ROLL

Concurso Airiños de Rock & Roll

banner_airinos_de_rock

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o concurso “Airiños de Rock & Roll”.

Gustaríache tocar en directo no Coliseum da Coruña o 26 marzo acompañando a DEF CON DOS e O’FUNK’ILLO ?

Dous dos grupos participantes terán esta oportunidade. Ademáis tódolos membros dos grupos participantes terán a oportunidade de acudir ó encontro de músicos, no que haberá unha Master Class impartida polo músico PEPE BAO

Poderán participar todos los grupos musicais formados por mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2011. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre 14 e 16 anos.

O prazo de inscrición ábrese o 18 de xaneiro e a recepción de inscricións remata o día 18 de febreiro de dous mil once.

Podes ver as bases do concurso aqui

Podes descargarte o boletín de inscripción aqui

Podes ver o cartel do programa aqui

A CONTEMPORANEIDADE DE ROSALÍA

INFORME SEMANAL

http://xuventude.xunta.es/informe-semanal-do-27-de-decembro-de-2010.html

PROGRAMA MOGAL

Os primeiros participantes do programa Mogal asinan os seus contratos para facer prácticas laborais en países da Unión Europea
leonardoOs 47 mozos e mozas da primeira quenda do programa Mogal de mobilidade xuvenil mantiveron hoxe unha xuntanza informativa no Centro Coordinador de Información Xuvenil de Santiago, onde asinaron os contratos de formación práctica Leonardo da Vinci co director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.

En total, o programa Mogal permitirá que ata decembro de 2010 un total de 187 mozos e mozas galegos realicen prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda.Ovidio Rodeiro recordou que a promoción da mobilidade xuvenil é un dos principiais eixos que se desenvolven na estratexia Xuventude 2013

O obxectivo do programa Mogal é facilitar a integración dos participantes dentro do mercado laboral europeo, mediante estadías formativas en empresas e organizacións de 12 semanas de duración, das que 2 serán exclusivamente lingüísticas.

Os participantes nesta primeira quenda tamén poderán coñecer hoxe cales son as empresas que os acollerán durante este período formativo, que comezará a partir da segunda quincena de xaneiro.

Haberá outras catro quendas para este mesmo proxecto, e o período de solicitudes para a seguinte convocatoria sairá publicado na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado www.xuventude.net a partir do 11 de xaneiro.

Para participar no Mogal hai que ter entre 18 e 30 anos de idade e ter realizados estudos relacionados cos sectores do moble e madeira, restauración, turismo, imaxe, informática, deseño, electricidade ou mecánica.

Con esta iniciativa preténdese que os participantes cheguen a conseguir coñecementos e competencias útiles para o seu desenvolvemento profesional, ao tempo que se adquire unha mellor competencia lingüística no idioma do país de destino.

Para este programa a Unión Europea achegará 506.556 euros e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado completará con 50.655,6 euros o presuposto total, que é de 557.211,6 euros. Estas cifras practicamente duplican as do anterior programa de mobilidade Leonardo, que rematou en 2010 cun orzamento conxunto de 273.000 euros e no que participaron 105 mozos e mozas.

EXPOSICIÓN TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS EN VALGA

Inauguración da exposición dos traballos arqueolóxicos

Onte tivo lugar no Museo Histórico Local de Valga a inauguración da exposición dos traballos arqueolóxicos realizados no concello.

Onte tivo lugar no Museo Histórico Local de Valga a inauguración da exposición dos traballos arqueolóxicos realizados no concello: a ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA EN SANTA COMBA DE LOURO, un proxecto de investigación científica  que nace co fin de clarificar a existencia dun antigo cenobio altomedieval que se convertiría no século XII en mosteiro benedictino femenino e no século XIII priorato de coengos regulares de Santo Agostiño. E a PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA TERRESTRE E SUBACUÁTICA EN AGRAMAR co fin de dilucidar a  posibel existencia de elementos de carácter arqueolóxico que aporten datos sobre a existencia da Turris Augusti mencionada nos textos clásicos, así como una posible zona portuaria de época romana.

Os traballos arqueolóxicos son o resultado dunha intervención solicitada e financiada polo Concello de Valga e a Consellería de Cultura e Deporte e levada a cabo pola Área de Arqueoloxía do Departamento de Historia I da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a supervisión científica dos profesores D. Fernando Acuña Castroviejo e Dna. Raquel Casal García.

PROGRAMA EXECUTIVA

http://www.programaexecutiva.org/

Programa Executiva: formar ás profesionais galegas
para alcanzar postos de liderado e dirección

HOXE REMATA O PRAZO

CAMPAÑA DE RECICLAXE DE MÓBILES

CAMPAÑA DE RECICLAXE DE MÓBILES

En colaboración co CEIDA e o Instituto Jane Goodall

O Concello de Valga reinicia a campaña de reciclaxe de móbiles

O Concello de Valga, reinicia a campaña Mobilízate pola selva, do Instituto Jane Goodall (IJG), que conta en Galicia coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e Caixa Galicia, e que consiste na recompilación de móbiles para a súa reciclaxe co fin de protexer os ecosistemas africanos.

Os veciños que queiran participar nesta iniciativa poden depositar o seu móbil en desuso (en funcionamento ou non) no punto de recollida habilitado polo concello e que está situado no Auditorio Muncipal ou nas dependencias do concello de Valga. O teléfono deberase entregar coa batería pero sen o cargador, sen a tarxeta SIM e ningún outro elemento.

Na actualidade, a taxa de reciclaxe de móbiles é inferior ao 5% e, por outra banda, tan só en España existen máis de 52 millóns de liñas telefónicas. A este número hai que engadir todos aqueles aparatos que se cambian e que os cidadáns gardan ou tiran ao lixo. Toda esta cantidade de teléfonos, xunto con outras tecnoloxías como os ordenadores ou as consolas, fabrícanse con coltán. Este é un mineral que se extrae na República Democrática do Congo con man de obra semiescravizada onde, ademais, se destrúen os hábitats de moitas especies africanas tales como os chimpancés e os gorilas.

A reciclaxe de móbiles axuda a reducir a demanda dos seus compoñentes, entre eles o coltán, e a tratar adecuadamente os materiais tóxicos evitando así a degradación do medio ambiente. Fonebank, a entidade que trata a reciclaxe dos móbiles, aportara unha parte do valor dos terminais ao Instituto Jane Goodall; polo que esta iniciativa axuda a recadar fondos para os programas de educación e de conservación no Congo, como o que esta levando a cabo o Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga.

Mobilízate pola selva é unha campaña que se está a desenvolver por distintos puntos de toda Galicia (concellos, centros educativos, entidades bancarias,…) e que se puxo en marcha  tras a sinatura dun convenio de colaboración entre CEIDA e o Instituto Jane Goodall. O IJG fundouse en 1977 pola afamada primatóloga e naturista inglesa Jane Goodall. O IJG, implantado en trinta países do mundo, leva a cabo diferentes programas de investigación e conservación en África, destacando o Parque Nacional de Gombe en Tanzania, o Centro de Recuperación e Reserva de Tchimpounga (República do Congo), o santuario de Ngamba Island (Uganda) e outros en Guinea, Senegal, Gabón e Sudáfrica. O IJG implica á poboación local para desenvolver os seus proxectos.

Para máis información:

-          OMIX

-          AUDITORIO MUNICIPAL

-          www.movilizateporlaselva.org

-          http://www.ceida.org/inst-jane-goodall.html

MUSICAIS

Musicais de Onte e Hoxe

Este domingo día 26 de decembro no Auditorio Municipal.

PROGRAMA XUVENTUR NEVE

Programa XUVENTUR NEVE

NEVE2011
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza para principios do ano 2011 o Programa Xuventur neve, destinado a mocidade galega entre 18 e 35  anos,  ofréceche diferentes alternativas de participación, entre os meses de xaneiro e marzo de 2011,

Para mais información: XUVENTUR NEVE

BO NADAL

BO NADAL


Que nunca falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar a onde ir  e alguén a quen querer.

BO NADAL