Archivo por enero de 2011

OFERTAS EMPREGO

OFERTAS DE EMPLEO DE MONITOR/A DE TIEMPO LIBRE

Do 6 de febreiro ao 19 de marzo vaise celebrar o 12º salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra no que se oferta aos centros de ensino e familias unha ampla programación vencellada a fomentar á lectura.

Estas actividades teñen lugar de luns a venres polas mañás de 9.00 a 14.00h e tardes de 16.30 a 21.00h.

Debido á grande asistencia de público precisamos contar con alumnos/as de curso de monitor/a de tempo libre interesados en realizar prácticas non remuneradas ben na quenda de mañá ou de tarde.

Ditas prácticas se xustificarían mediante certificado.

As persoa que poidan estar interesadas se poñan en contacto coa xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Contacto: Pilar PortelaCorreo : pilar.portela@pazodacultura.orgTel.: +34 986 833061

OFERTA DE EMPLEO GARDEN HOTELS ANIMADORES, TEMPORADA 2.011

La cadena Garden Hotels (3-4 estrellas), con establecimientos en Baleares y Andalucía necesita ANIMADORES para trabajar en animación infantil , animadores de deportes y monitores de fitness , a jornada completa.

_ Contrato a partir de 1 mayo, 2.011

_ Alojamiento y manutención incluídos

_ Vuelos pagados a la finalización del contrato

_ Salario bruto 1120€ brutos.

_ Curso de formación gratuito y obligatorio para los candidatos seleccionados. Alojamiento y manutención durante la formación a cargo de Garden Hotels.

REQUISITOS

Buen nivel de inglés, con conocimientos de alguno de estos idiomas: alemán, holandés, francés, sueco o danés.

_ Edad máxima: 30 años.

_ Para infantil: preferible técnicos y titulados en Educación

_ Deporte: Monitores deportivos, animadores, titulados de. Física

_ Especialistas en fitness: titulación en Ed. Física (Magisterio o INEF), monitores deportivos.

_ Experiencia no requerida pero valorada.

ENTREVISTAS

A realizar en Valladolid, día 7 de Febrero, 2.011

CONTACTO: Mandar Curriculum + Carta de presentación+ Fotografía a la siguiente dirección

E-mail: juan.alvarez@gardenhotels.com

Juan Alvarez Espinos

Coordinador de Animación

TLF: 0034 971 888 400

Móvil: 0034 660 326 700

C/Menestrals, 5. Pol. C´an Matzarí.

07300 Inca

AULA XUVENTUR

AULA XUVENTUR
Programa Aula Xuventur

AULA_XUVENTURAULA XUVENTUR

A Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa AULA XUVENTUR para os centros de ensino galegos. Poderá participar o alumnado de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º curso da educación secundaria obrigatoria (ESO), 1.º curso de bacharelato e 1.º ciclo de grao medio, que non teña cumpridos os 18 anos.

O programa ofrece tres alternativas de participación:

Módulo I:

VIVE O MAR, dirixido ao alumnado con idades entre os 12-16 anos e que estea cursando 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO, con aloxamento no albergue xuvenil das Sinas.

Módulo II:

MULTIAVENTURA NO MIÑO – (Multideporte no Miño – Multiaventura Náutica), dirixido ao alumnado con idades entre os 14-17 anos que estea cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio. Aloxamento no albergue  xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín.

Módulo III:

PLANETA MAR, dirixido ao alumnado con idades entre os 14-17 anos que estea cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio. Aloxamento no albergue xuvenil de Gandarío.

Ofértanse un total de 1360 prazas, repartidas en diferentes quendas desde febreiro á xuño do 2011.

Condicións Xerais da actividade

INSCRICIÓNS E RESERVAS

A inscrición realizarase unicamente na modalidade en liña, dende a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: www.xuventude.net.

A inscrición deberá realizala o centro de ensino correspondente. Non se admitirán solicitudes individuais do alumnado.

Cada módulo ten o seu formulario de inscrición específico, que se deberá ter en conta á hora de solicitar o destino para asegurarse de cubrir o axeitado.

Cada centro de ensino poderá solicitar e participar nos 3 módulos de actividades.

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición comezará o día 7 de febreiro ás 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada quenda. O formulario estará dispoñible nesta mesma páxina web: www.xuventude.net a partir do día 7 de febreiro.

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles por módulo.

No prazo de 7 días dende o envío da solicitude, enviaráselle ao enderezo electrónico que figure no formulario de inscrición, un correo no que se confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza. De non recibir a comunicación de admisión no prazo de 7 días, entenderase que non se obtivo a praza.

Unha vez comunicada a adxudicación de prazas ao centro educativo por correo electrónico, este disporá dun prazo máximo de 5 días para enviarlle a documentación correspondente, que se sinale na comunicación de adxudicación, á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. No caso contrario, poderá ser excluído do programa.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

·    Son viaxes en grupo e, xa que logo, débense respectar os horarios establecidos, tanto para as saídas programadas como para os servizos opcionais.

·    Durante a estadía nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna en cada un deles.

·    As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do programa ou servizo, incluso de cancelalo en caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes.

·    A realización e o desenvolvemento das actividades estará condicionada polas condicións meteorolóxicas xerais.

·    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá cancelar calquera dos programas, no caso de que non exista un número mínimo de participantes.

·    Se calquera das persoas participantes incumpre as normas xerais que alteren o desenvolvemento normal da actividade, a persoa poderá ser expulsada do programa. Neste caso, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non se fará responsable da viaxe de volta da devandita persoa, nin reembolsará ningunha cantidade económica.

·    Será necesario levar a tarxeta sanitaria durante a viaxe.

·    Unha vez que se teña a confirmación da participación no programa por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o centro deberá confirmar a asistencia, como mínimo, do 80% das prazas indicadas na súa solicitude.

Devolución de taxas

Só se procederá á devolución de taxas cando, por causas non imputables ás persoas interesadas, o servizo non se preste ou cando a Administración cancele a totalidade da actividade (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e Decreto lexislativo 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan normas para a xestión da liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia).

Toda a información sobre o programa no seguinte DOCUMENTO.PDF

OFERTAS DE EMPREGO

OFERTAS DE EMPREGO

ACTUALIZADAS AO 31  XANEIRO

LOCALIDADE
POSTO OUTROS DATOS
Vilagarcía Peón cantería Experiencia
Vilanova Arquitecto técnico Encargado de obra. Experiencia de 1 ano
Vilagarcía Enx. Técnico industrial Idade entre 24 e 45 anos. Carné de conducir. Titulación de Enxeñeiro Técnico. Informática: Autocad e deseño. Valórase inglés.
Vilagarcía Técnico administrativo Muller. Entre 21 e 30 anos. Carné de conducir e título de ciclos superior administrativo.
Vilagarcía Arquitecto Técnico Experiencia 48 meses

CADEAS POLA PAZ EN VALGA

http://www.valga.es/publicacions/ver.htm;jsessionid=2110C40C2E63EAACBD2130F3FC88C6CE?publicacionId=18344

CURSO PARA OBTER O CERTIFICADO DE APTITUDE DE PROFESOR DE FORMACIÓN VIAL

CURSO PARA OBTER O CERTIFICADO DE APTITUDE DE PROFESOR DE FORMACIÓN VIAL

autoescuelaA Dirección Xeral de Tráfico (DGT) convoca un Curso para obter o certificado de aptitude de profesor de formación vial. O curso, que terá carácter teórico e práctico, constará de dúas fases: unha de ensino a distancia e outra de formación presencial no centro onde o curso se celebre.
As quendas da fase de presencial terán lugar en Alicante, Cantabria, Madrid, Málaga, Las Palmas de Gran Canaria, Palma de Mallorca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Valladolid e Zaragoza.
PROBA PREVIA DE SELECCIÓN:
As persoas aspirantes serán sometidas a unha proba previa de selección que consistirá na realización de dúas probas eliminatorias, unha teórica e outra práctica.
ou Proba teórica.
A proba teórica, que versará sobre normas relativas a condutores, vehículos e circulación, sinais reguladores da circulación e cuestións de seguridade vial, terá carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito, en impreso facilitado ao efecto, a un cuestionario de 30 preguntas sobre as materias antes indicadas, seguindo un sistema de elección múltiple.
A proba práctica versará sobre técnica e dominio da condución e circulación en vías abertas ao tráfico, e terá unha duración mínima de trinta minutos.
Requisitos:
Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.
Ser titular do permiso de condución da clase B que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, polo menos, cunha antigüidade mínima de dous anos.
Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen para a obtención dun permiso do grupo 2.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de febreiro de 2011.
Máis información no BOE do 10 de xaneiro de 2011 e en www.dgt.es

BOLSA PARA A REPÚBLICA CHECA

BOLSA PARA A REPÚBLICA CHECA

O Ministerio de Educación, Xuventude e Cultura Física da República Checa ofrece 7 bolsas para os Cursos de Verán de Estudos Eslavos (Praga- 2 bolsas, Brno 3 – bolsas, Olomouc -2 bolsas). A bolsa cobre a residencia en establecementos universitarios en réxime de pensión completa, matrícula e excursións.
Organizadores:
Cursos de Verán de Estudos Eslavos están organizados polas Universidades Públicas en diferentes lugares da República Checa (Praga, Brno, Olomouc) durante o verán de 2011.
Requisitos dos solicitantes:
Ter suficiente coñecemento da lingua checa ou outra estranxeira (inglés, alemán ou francés). Os cursos son divididos en catro niveis segundo o coñecemento do checo – principiantes e tres niveis de avanzados.
Os candidatos que conseguen a bolsa recibirán aviso da parte da Universidade (aprox. en maio 2011) e deberán responder o antes posible á Universidade para confirmar a participación no curso.
Candidaturas:
As candidaturas para as bolsas dos Cursos de Verán de Estudos Eslavos deberán presentarse por correo na Embaixada da República Checa nos formularios correspondentes antes do 18 de marzo de 2011
Dirección: Avenida Pío XII, 22 -24, 28016, Madrid, Tel.: 91 353 18 80

A candidatura debe conter:
1) aplicación – aplicacións son dispoñibles nas páxinas web das Universidades Públicas checas (indicadas máis abaixo), que organizan os Cursos de verán.
2) currículo vitae
3) carta de motivación

Máis información sobre os Cursos de Verán de Estudos Eslavos:

LŠSS Praha 29.7.- 6.8.2011: http://lsss.ff.cuni.cz/
LŠSS Olomouc 23.7. – 20.8 2011: http://lsss.upol.cz/
LŠSS Brno 23.7. – 20.8.2011: http://www.phil.muni.cz/kabcest/

Embaixada da República Checa: http://www.mzv.cz/madrid

BOLSAS DE COMEDOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO

BOLSAS DE COMEDOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO
A Universidade de Vigo convoca bolsas de comedor para o curso 2010/2011.

Beneficiarios

Alumnos matriculados no curso 2010/2011 e no curso anterior na Universidade de Vigo, en calquera centro universitario dos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo, e reúna as condicións que veñen recolleitas na Resolución Rectorial publicada na páxina web da universidade de Vigo.

Prazo

O prazo é ata o 11 de febreiro de 2011.

Información

Tlfno.: 986812000. http://www.uvigo.es/

BOLSAS DE ESTUDOS PARA BACHARELATO INTERNACIONAL

BOLSAS DE ESTUDOS PARA BACHARELATO INTERNACIONAL


jovenes-estudiantes3Como cada ano a Fundación Barrié dota con 45000 euros unha bolsa dirixida a candidatos galegos para cursar estudos convalidables e equivalentes ó 2º de Bacharelato en algún dos Colexios do Mundo Unido. As bases da convocatoria xeral e os impresos de solicitude poden recabarse na web da Fundación Comité Español dos Colexios do Mundo Unido, Praza das Salesas, 2-1º 28004 Madrid. Tel/Fax. 91 702 2424; e-mail: cmu@colegiosmundounido.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de febreiro de 2011
www.colegiosmundounido.es

BOLSAS DO CSI DE INTRODUCIÓN Á INVESTIGACIÓN

BOLSAS DO CSI DE INTRODUCIÓN Á INVESTIGACIÓN


investigacionO Consello Superior de Investigacións Científicas convoca 150 bolsas de Introdución á Investigación para estudantes universitarios, no marco do Programa Xunta para a Ampliación de Estudos.
Requisitos:
a) Ter aprobados igual ou máis do 40% e menos do 75% dos créditos correspondentes á súa titulación.
b) Estar matriculado durante o curso 2010-2011 nunha Facultade ou Escola Técnica Superior Universitaria en materias que somen un número total de créditos igual ou superior a 50.
c) Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Licenciado, Enxeñeiro Superior ou Arquitecto.
d) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 1,50 para alumnos de Escolas Técnicas Superiores e a 2 para alumnos do resto de ensinanzas.
A contía total das bolsas será de 1.500 € cando a distancia entre a súa localidade de residencia e a localidade de situación do Centro onde vaia cumprir o seu plan de traballo, sexa inferior a 60 km e de 2.000 € para distancias iguais ou superiores.
As solicitudes efectuaranse utilizando os medios telemáticos que estarán dispoñibles nos servidores de información do Consello Superior de Investigacións Científicas, www.csic.es.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberta ata o 23 de febreiro de 2011.
A duración das bolsas será de 2 meses e gozaranse entre os meses de xuño a setembro de 2011.
Máis información no BOE do 24 de xaneiro de 2011 e en www.csic.es

BOLSAS PARA CURSOS DE VERÁN E PARA ESTUDIOS DE LONGA DURACIÓN EN DINAMARCA

BOLSAS PARA CURSOS DE VERÁN E PARA ESTUDOS DE LONGA DURACIÓN EN DINAMARCA


O Ministerio de Asuntos Exteriores de Dinamarca convoca bolsas para cursos de verán e cursos de longa duración en Dinamarca.
A partir do ano escolar 2011/2012, as bolsas de longa duración e de verán no marco dos Convenios Culturais destinaranse especificamente a estudantes de postgrao altamente cualificados, así como a mozos investigadores que desexan afondar nos seus estudos da lingua e cultura danesa, ou nunha área de estudo relacionada con Dinamarca, como por exemplo estudos de deseño, de medioambiente, etc.
O prazo de presentación da solicitude dunha bolsa de longa duración é o 28 de febreiro de 2011.
O prazo de presentación da solicitude dunha bolsa de verán é o 28 de marzo de 2011.
Máis información en www.ambmadrid.um.dk/es