Desde hoxe, día 28 de febreiro e ata as 9:00 h. do venres, día 4 de marzo, ábrese o prazo para o segundo sorteo do programa Carné Xove. Sortearánse un lote de 2 prazas no programa Roteiros para a Xuventude, subprograma Multiaventura en Ourense, no fin de semana do 18 ao 20 de marzo. Dado que Roteiros para a Xuventude está destinado á mozos/as de 18 a 30 anos, neste segundo sorteo só poden participar os usuarios de Carné Xove, maiores de 18 anos. Para participar tes que cubrir este formulario. Aqui podes consultar as bases do sorteo. |
Archivo por febrero de 2011
Este venres, 25 de febreiro ás 17:00 horas no Auditorio Municipal terá lugar unha charla sobre a importancia da saúde bucodental, os problemas que ocasiona un mal coidado da boca, como conservar en bo estado os dentes e cales son os hábitos máis axeitados para unha boa hixiene bucal.
Convidamos a tódalas persoas interesadas a asistir e a formular as súas dúbidas á odontóloga María Berdullas Barreiro.
Fomento dunha condución segura e sen alcol entre a mocidade

| A campaña “Libre” de fomento da condución segura amplíase ao entroido e á Semana Santa e conta cun tema musical propio do grupo Jabon Blue |
| A campaña ‘Libre’, de fomento dunha condución segura e sen alcol entre a mocidade, desenvolverase este ano máis alá dos propios meses de verán e, así, xa terá presenza nos días de Entroido e na Semana Santa. Ademais, este ano a iniciativa contará cun tema musical “propio” elaborado polo grupo ribeirense “Jabón Blue”. Podes escoitar o tema e ver o video “Flores en la carretera” neste enlace |
INFORME SEMANAL
feb 22
EN.PIEZAS 11
feb 19
| En.Piezas 11 |
Caixa Madrid convoca o concurso de curtas En.Piezas 11
Se convocan a cineastas españois menores de 36 anos que presenten as súas obras (curtas) nalgunha das seguintes seccións e cos respectivos premios: Piezas.ficción: Pezas de ficción non animada que non excedan os trinta minutos de duración. Valorarase o risco no tratamento temático, narrativo e estético da proposta. Premio á mellor pieza.ficción: 3.000 € Re-cortadas: Todas as pezas que se presenten neste apartado -con formulación e enfoque estético totalmente aberto- deberán ter unha duración máxima de tres minutos. Premio ao mellor re-cortad@: 3.000 €. Piezas.doc: Sección aberta a documentais dunha máxima metraxe de quince minutos, onde se valorará especialmente a creatividade e a orixinalidade das pezas, de acordo coas estratexias do cine de “non ficción” contemporáneo. Premio á mellor pieza.doc.: 3.000 €. Piezas.anime: A destacar o uso das técnicas de animación en convivencia coas solucións estéticas e o pulso narrativo. Máxima metraxe de quince minutos. Premio á mellor peza. anime.: 3.000 €. Todos os participantes, independentemente da sección á que se presenten, optarán ao premio especial do xurado Gran Peza, dotado con 12.000 €, co fin de apoiar os seus futuros proxectos audiovisuais. O prazo de presentación de traballos no concurso de curtas “En.Piezas 11″ estará aberto ata o 18 de marzo. A entrega de premios e a proxección das películas seleccionadas terá lugar en La Casa Encendida de Madrid, durante a primeira quincena de maio. |
ENTROIDO VALGA
feb 18
FESTIVAL I.E.S. DE VALGA
feb 18
FESTIVAL I.E.S. VALGA
AXENDA 21
No Auditorio de Valga viuse onte moito teatro e escoitouse moita música. O Instituto de Valga celebrou o seu Festival Axenda 21, no que os alumnos e alumnas abogaron pola defensa do medio ambiente a través das súas actuacións. “Voa con nós” foi o lema, reflexando o desexo de manter o noso aire libre de polución.
Os flamantes presentadores foron Sara Seco e Pedro Calvo, que deleitaron ó público coa súa simpatía e enxeño. No fondo do escenario houbo un decorado espectacular feito polos propios alumnos, e un grupo de seis deles foron cambiándoo ó longo do festival para amosar cómo unha cidade sucia e contaminada pode convertirse nunha cidade limpa e chea de cor.
Os membros da Banda Municipal de Banda fixeron arrancar o festival co seu habitual brillo. O último número foi unha canción conxunta de alumnos e profesores: practicamente a metade do público animouse a subir para cantar e bailar o tema italiano Volare.
E entre esta primeira actuación e a última, un vendaval de talento, que durou case tres horas. En total, participaron 80 alumnos e alumnas. Zoe Santos fixo unha preciosa coreografía de ximnasia rítmica; Brais Villar interpretou maxistralmente un preludio de Chopin ó piano; Alex Barreiro amosou grande talento humorístico ó recitar un monólogo de Benedetti; e Adrián Castiñeiras fixo rir a todos imitando a Nadal e Mouriño ante as preguntas do “xornalista” Yago Brea.
Houbo varios solistas vocais, de gran calidade todos eles. Maite Rodríguez encantou ó público coa súa voz doce e sempre afinada (cunha composición propia, ademais, titulada Voa con nós); María Rodríguez e Javier Carballo interpretaron unha canción a dúo de xeito moi profesional; Lara Alvarez e Verónica Fernández entoaron o Libre de Nino Bravo con gran sentimento; e a interpretación do clásico dos Scorpions, Wind of Change, por Belén Barral e Jonathan Losas logrou grandes aplausos.
Non faltou o rap: Jonatan Blanco e José Castiñeiras compuxeron o seu propio, sen deixar de mencionar con humor a algún dos seus profesores, e o longo recitado de Marcos Lorenzo e Borja Lorenzo houbera conseguido un sobresaínte en calquera exame!
Actores amenos e divertidos foron Raquel Bustelo, Jéssica Freire, Fátima Mato, Luz Iglesias, Ismael Suárez, Sergio Piñeiro, Maite Rodríguez, María Arufe, Elvis García, Samuel García, Fran Bragado, María Arufe e Lucía Franqueira. Uxío Lorenzo e Paula Vázquez, entre outros, leron poesías de autores galegos sobre o tema do aire.
Ana Blanco, Adrián Arufe, Fernando Gómez, Iria Varela, Natalia Castiñeiras, Ismael Azidane, Xurxo Eitor e Sergio González foron algúns dos músicos que deleitaron con pezas como o Son do Ar de Luar na Lubre ou coa música da película “Piratas do Caribe”. O baile correu a cargo das moi xóvenes Alba García, Julia Viqueira, Carolina Casal, Nerea Guimarey, Ana Otero, María Sanmarco, Vanesa Sánchez, e Fátima Piedras.
Caixa Madrid convoca o concurso de curtas En.Piezas 11

