Archivo por marzo de 2011

PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2011

Premios provinciais a Investigación 2011

A Deputación de Pontevedra, dentro das súas múltiples actividades no ámbito da cultura, vén dando preferencia especial a quen se dedica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e do benestar social. Consciente da importancia de todo isto, e seguindo a traxectoria emprendida dende hai anos, convoca os Premios Provinciais á Investigación 2011. A convocatoria ten por obxecto fomentar a investigación, concedendo os seguintes premios: Premios a traballos de investigación: 1. ciencias e Tecnoloxía, dotado con 3.000€. 2. Humanidades e ciencias Sociais, dotado con 3.000€. 3. Provincia de Pontevedra (tema libre é referido á provincia), dotado con 3.000 €. 4. PREMIO CARMELA ARIAS DÍAZ DE RÁBAGO” (referido a persoeiros da provincia de Pontevedra, no ámbito local, provincial, galego ou internacional, que se caracterizasen pola súa contribución á mellora e desenvolvemento da comunidade) dotado con 3.000€. Premios a xoves investigadores: 1. Novas Tecnoloxías, dotado con 2.000€. 2. Humanidades e ciencias Sociais, dotado con 2.000€. Enténdese por xoven investigador,ser maior de idade, na data da conclusión do prazo desta convocatoria e non superar a idade de 26 anos. Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a convocatoria en calquera dos idiomas oficiais da comunidade Autónoma de Galicia (castelán ou Galego). Os traballos presentaranse por triplicado en soporte de papel, unha copia en formato dixital e un resumo de 20 folios como máximo, ademais do currículo e os méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é tese, nin foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo non se poderá presentar a diversos epígrafes. Para garantir o seu anonimato proporanse “baixo un lema” sen que conste a identificación do seu autor. Premio para teses: 1. Teses de doutoramento ciencias e Tecnoloxía, dotado con 2.000€. 2. Teses de doutoramento Humanidades e ciencias Sociais, dotado con 2.000€. Deberán achegar a correspondente certificación académica. As teses presentaranse en calquera dos idiomas oficiais da comunidade Autónoma de Galicia (castelán ou Galego) co seu título orixinal, por duplicado en soporte de papel, así como unha copia en formato dixital. Adxuntándo un resumo de 20 folios como máximo. As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 14 de novembro de 2011, especificando o premio ó que se opta, e acompañada da fotocopia do DNI. Non poderán presentarse a estes premios as persoas que teñan a condición de funcionario, persoal laboral, o persoal que teña relación contractual coa Deputación de Pontevedra. Máis información: Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP), núm.60, do luns 28 de marzo de 2011. www.depontevedra.es

BOLETÍN CIMO

Boletín de información útil para el empleo (Pontevedra) 28_Marzo_2011

BECAS DE VERÁN N O INSTITUTO DE ASTROFÍSICA DE CANARIAS

Becas de verán no Instituto de Astrofísica de Canarias

astrofisica canariasO Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca 8 axudas para a formación de estudantes dos últimos cursos universitarios. A súa finalidade é a de formar os devanditos estudantes na investigación astrofísica.
Duración: do 1 de xullo ao 15 de setembro de 2011.
Están destinadas a estudantes universitarios de titulacións superiores ou de ciclo longo e de grao (preferentemente de Física ou Matemáticas con orientación Astrofísica) que no momento da presentación de instancias estean a cursar algún dos dous últimos cursos da súa titulación e superasen, polo menos, un 50% dos créditos necesarios para obter o título. Para os efectos desta convocatoria exclúense os estudos de Máster.
Dotación das bolsas:
A dotación das Bolsas de Verán é de 700 € brutos mensuais máis unha cantidade fixa de axuda para gastos de viaxe cuxas contías ascenden a:
60 € para residentes canarios, non residentes na illa de Tenerife.
200 € para residentes na Península.
300 € para nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega, Islandia, Liechtenstein ou Suíza.
500 € para residentes no resto do Mundo.
O IAC proporcionará aos bolseiros seleccionados un seguro privado de enfermidade e accidente.
O prazo para presntar solicitudes estará aberto ata o 26 de abril de 2011.
Máis información no BOE do 25 de marzo de 2011 e no Instituto de Astrofísica de Canarias, www.iac.es.

INFORME SEMANAL

http://xuventude.xunta.es/201103282779/informe-semanal-do-28-de-marzo-de-2011.html

V EXPOSICIÓN DA CAMELIA BELLA OTERO EN VALGA

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/03/27/0003_201103A27C8992.htm

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/03/27/valga-transforma-auditorio-gigantesco-escaparate-camelias/530266.html

A CONCIENCIA ECOLÓXICA DE VALGA

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/03/24/0003_201103A24C16991.htm

MILITAR TROPA E MARINERÍA

MILITAR TROPA E MARINERÍA

1050 PRAZAS

Ábrese o prazo de inscrición para ingreso nas Forzas Armadas.

REQUISITOS:

Graduado en Secundaria

Idade:18-29 anos

PRAZO:

11 Abril

INFORMACIÓN:

SERVIZO DE FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO

OMIX

AUDITORIO

OFERTAS DE EMPREGO

OFERTAS DE EMPREGO

Actualizadas a 21/03/2011

LOCALIDADE
POSTO DE TRABALLO OUTROS DATOS
Vilagarcía Soldador (aprendiz) Idade entre 16 e 21 anos. Experiencia 6 meses
Vilagarcía Camareira (axudante) Muller. Entre 18 e 30 anos. Experiencia 1 ano
Vilagarcía Cociñeira (axudante) Muller. Entre 18 e 30 anos. Experiencia 1 ano
Vilanova Electricista de automóbil Experiencia 24  meses
Vilagarcía Perruqueira oficial 1ª Idade entre 20 e 40 anos
Vilagarcía Camareira Muller. Idade entre 18 e 25 anos

Máis ofertas

►EMPREGO XUNTA

►CIMO EMPREGO

►RED TRABAJA

INFORMACIÓN:

SERVIZO DE FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO

OMIX

AUDITORIO

INFORME SEMANAL

http://xuventude.xunta.es/201103212678/informe-semanal-do-21-de-marzo-de-2011.html

AUXILIAR DE SERVIZOS DE TURISMO

Saíu publicado no xornal Diario de Pontevedra, no taboleiro informativo do Concello de Sanxenxo e na páxina web oficial municipal, o anuncio da última oferta de emprego público para Sanxenxo. Trátase dunha convocatoria urxente para seleccionar e contratar temporalmente por interinidade a 1 AUXILIAR DE SERVIZOS DE TURISMO, que cubra as necesidades de atención nas Oficinas de Turismo do Concello de Sanxenxo. As persoas que esteades interesadas en participar no proceso de selección, tedes de prazo ata o xoves, 24 de marzo de 2011, ás 14 horas, para entregar a documentación que cómpre, no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo. Consultade as bases completas, na sección de ofertas de emprego público da web municipal e se queredes coñecer as últimas ofertas de emprego privado que xestionan o Servizo Público de Emprego de Vilagarcía e os Concellos de Pontevedra e Sanxenxo, botádelle unha ollada ao apartado de descargas. Para a aclaración de calquera dúbida ou ampliación da información, chamade ao tlf. 986 720 075 do Concello de Sanxenxo, de 8 a 15 horas!!