Archivo por abril de 2011

CURSO DE VOLUNTARIADO

Cursos de Voluntariado VOLUNTARIADO_GALEGO

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, mantén aberta a inscrición nos cursos de: en Pontevedra. E-mail: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . – Ocio centrado na persoa que terá lugar os vindeiros 3-4-5 de xuño en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). E-mail: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Para inscribirte descarga aqui o formulario de inscripción , cóbreo cos teus datos, e envíao aos enderezos electrónicos do curso no que esteas interesado/a. Se queres máis información chama ao 981 95 70 57 /881 999 189. Para ver a formación no eido do tempo libre durante o ano 2011, Descarga a Convocatoria Completa

CENTRO GALEGO DE PSICOTERAPIA

http://cengap.com/

CAMPOS DE TRABALLO

Hoxe ábrese o período de inscrición para os campos de traballo de Galicia, doutras comunidades autónomas e do estranxeiro

Martes, 26 Abril 2011 06:46
camposHoxe ábrese o prazo de inscrición para solicitar praza nos campos de traballo que se desenvolven en Galicia, noutras comunidades autónomas e nun total de 19 países do estranxeiro. Esta iniciativa está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.Os campos de traballo son actividades encamiñadas a fomentar a convivencia, a participación e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración voluntaria en distintos traballos. De feito, estes proxecto poden estar centrados en distintas temáticas. Os campos de traballo que se ofrecen este ano son: culturais e etnográficos; ambientais; de construción e restauración; sociais e arqueolóxicos.

As inscricións poderanse realizar na propia Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, ou no ben nos servizos de xuventude das xefaturas territoriais, tanto persoalmente ou por teléfono, de luns a venres. A oferta completa pode consultarse no apartado de “Acción de Verán” da web de XUVENTUDE.NET

No que se refire concretamente aos campos de traballo en Galicia, a Xunta oferta un total de 260 prazas en 11 campos distintos, o que supón aumentar en 40 as prazas dispoñibles con respecto ao ano anterior. Estas prazas van dirixidas a mozos e mozas galegos, doutras comunidades autónomas e, cando o campo de traballo é internacional, para a mocidade de países estranxeiros. Mentres existan vacantes, estas prazas en campos galegos poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade.

As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo e agosto. Os 11 campos de traballo terán lugar, en distintas quendas, en: Cabana de Bergantiños (A Coruña); Rois (A Coruña); Narón (A Coruña); Palas de Rei (Lugo); Vilar de Barrio (Ourense); Ourense; e Illas Cíes (Pontevedra).

Por outra banda, os campos de traballo para outras comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres haxa vacantes, ata o 18 de maio. Así, os interesados terán á súa disposición prazas en: A Rioxa, Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Madrid, Melilla, Navarra, País Vasco e Valencia.

Finalmente, para as prazas no estranxeiro, aquelas persoas que queiran participar terán que inscribirse antes do 12 de maio, ou ese mesmo día, sempre que haxa prazas libres. En total, ofértanse prazas en 19 países. En concreto, os países nos que se poderá optar praza son: Alemaña, Armenia, Austria, Corea do Sur, Estonia, Francia, Grecia, Islandia, Italia, Lituania, Marrocos, México, República Checa, Rusia, Serbia, Taiwan, Turquía, Ucraína e Xapón.

EMPREGA TALENTO

Poñer en contacto a executivos de importantes empresas cos mozos e mozas galegos é o obxectivo da xornada experimental Emprega Talento

empregaO proxecto Emprende, financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP), arrinca co obxectivo principal de fomentar a creación de empresas e de emprego para mozos, fomentando actividades que convirtan o Espazo de Cooperación Transfronteirizo nun lugar atractivo para unha nova actividade económica e empresarial.

Unha das súas primeiras actividades é o programa Emplea Talento, que terá lugar o martes 10 de maio de 2011 no Museo Pedagóxico de Galicia (Sán Lázaro 107, Santiago de Compostela) en horario de 16h30 a 21h00.

Ante a necesidade de atopar un punto de encontro entre os mozos que veñen de rematar os seus estudos con dificultades para acceder ao mercado laboral ou emprender os seus propios negocios, directivos que buscan novos talentos para as súas empresas, e directivos que se encontran en situación de desemprego, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado desenvolverá a xornada Emprega Talento.

A falta de experiencia e contactos supón en numerosas ocasións unha barreira para este colectivo. Algúns executivos pasan asemade por un momento difícil, en situación de desemprego con dificultades para sobrevivir ás reestruturacións empresariais.

Entre as saídas para estes perfís cunha ampla traxectoria e experiencia, pero con problemas para encaixar no sistema, encóntranse a formación e a reciclaxe, establecer novas relacións, a actividade de business angel, ou emprender un negocio propio.

Neste contexto, co obxectivo de aunar todas estas necesidades e o mesmo tempo potencialidades, nace Emplea Talento, un programa que con carácter experimental pretende dar resposta ás necesidades dos mozos, favorecendo a creación de oportunidades e promovendo a empregabilidade a través do coñecemento, a formación en habilidades e sobre todo as relacións.

Será un espazo de encontro, participación e intercambio entre mozos preparados con ideas pero sen experiencia e sen contactos por mor de achegar e dar a coñecer as demandas das empresas á hora de iniciar procesos de selección dos seus profesionais e futuros directivos, ofrecendo á xuventude unha vía alternativa para detectar oportunidades laborais e promovendo novos proxectos empresariais e o espírito emprendedor dos mozos.

Emprega Talento está inspirado no novo formato Afterwork, que promove o coñecemento e as relacións de tu a tu, creando un contorno distendido e participativo, as sesións articularanse nos espazos INSPÍRATE e ÁGORA:

ESPAZO INSPÍRATE: no que descubrir, dun xeito próximo e participativo experiencias e persoas inspiradoras (relatorios de impacto sobre cuestións como liderado, éxito e fracaso, os valores, talento, motivación, innovación… que motiven á mocidade e sirvan para atraer a Directores de Recursos Humanos, reunindo no foro a oferta e demanda).

ESPACIO ÁGORA: punto de encontro que permite as relacións, o intercambio e o coñecemento a través de actividades paralelas: talleres de habilidades sobre cómo vender unha idea, cómo impulsar o noso currículo, como afrontar unha entrevista persoal, o liderado e xestión de equipos; tempo para o lecer; lugar para reunións informais no que os asistentes poidan presentarse, entrevistarse, traballar sobre posibles proxectos, etc.

Para máis información e inscricións: 981 53 64 34  | ou apd@gal.apd.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

CAMPIONATO DE EUROPA TRIATLÓN PONTEVEDRA

CAMPIONATO DE EUROPA DE TRIATLÓN PONTEVEDRA

O Campionato de Europa de triatlón Pontevedra 2011 precisa voluntarios Os vindeiros días 24, 25 e 26 de xuño de 2011 celebrarase en Pontevedra o “Campionato de Europa de triatlón” o evento deportivo internacional máis importante de Galicia neste ano. Cerca de 2.000 deportistas virán dende todos os lugares de Europa para disputar os 1.500 metros de natación, 40 Qm. de ciclismo e 10 Qm. de carreira a pé, cunha organización que será soportada por 600 persoas voluntarias, 200 axentes, 100 persoas de organización, 50 oficiais deportivos,… Haberá voluntariado para as tarefas de seguridade e voluntariado para as tarefas deportivas, polo que dentro dos 8 tipos de sectores de traballo voluntario diferentes seguro que algún haberá que poda axustarse ao teu interese. Para máis información fai click aquí

http://www.voluntariadogalego.org/web/index.php?mod=not&ide=1569

BOLETÍN CIMO

Boletín de información útil para el empleo (A Coruña) 25_Abril_2011

OFERTAS DE EMPREGO

OFERTAS DE EMPREGO

Actualizadas a 25/04/2011

LOCALIDADE
POSTO DE TRABALLO OUTROS DATOS
Vilagarcía Traballador social Experiencia 12 meses. Diplomado Traballador social
Vilanova Director financiero Experiencia 36 meses. Técnico superior administración-finanzas e/ou Lcdo/Grao Economía finanzas, Finanzas e Contabilidade
Valga Carpinteiro de aluminio Oficial. Coñecementos informáticos e carné de conducir B
Catoira Camareira Muller. Idade máxima 30 anos. Residencia próxima a Catoira. Carné de conducir. Demandantes de emprego anteriores a 1-01-2011
Vilagarcía Camareira Oficial. 12 meses de experiencia
Vilanova Fresador con control numérico Home. Entre 18 e 25 anos. Experiencia 6 meses
Vilanova Repoñedor supermercado Muller. Entre 18 e 29 anos. Experiencia 6 meses
Vilagarcía Carpinteiro aluminio Oficial de 1ª con 48 meses de experiencia

Máis ofertas

►EMPREGO XUNTA

►CIMO EMPREGO

►RED TRABAJA

OFERTAS DE EMPREGO

OFERTAS DE EMPREGO

Actualizadas a 18/04/2011

LOCALIDADE
POSTO DE TRABALLO OUTROS DATOS
Vilagarcía Camareira (axudante) Muller. Entre 18 e 30 anos.
Vilanova Camarareira (axudante) Muller. Entre 18 e 30 anos. Experiencia mínima 3 meses
Valga Carpinteiro de aluminio Oficial. Coñecementos informáticos e carné de conducir B
Catoira Camareira Muller. Idade máxima 30 anos. Residencia próxima a Catoira. Carné de conducir. Demandantes de emprego anteriores a 1-01-2011
Vilagarcía Camareira Oficial. 12 meses de experiencia
Vilanova Fresador con control numérico Home. Entre 18 e 25 anos. Experiencia 6 meses
Vilanova Repoñedor supermercado Muller. Entre 18 e 29 anos. Experiencia 6 meses
Vilagarcía Carpinteiro aluminio Oficial de 1ª con 48 meses de experiencia
Vilagarcía Operario carga de aves Carga de polos en camión. Transporte por toda a comunidade. Experiencia 6 meses. Coñecemento de rumano. Carné de conducir B

Máis ofertas

►EMPREGO XUNTA

►CIMO EMPREGO

►RED TRABAJA

PEPITA GRILLA CON BLANCA MARSILLACH

BLANCA MARSILLACH PRESENTA EN VALGA “PEPITA GRILLA”

Mércores, 20 ás 20:00 horas

PEPITA GRILLA con BLANCA MARSILLACH

DÍA: Mércores, 20 de abril

HORA: 20:00 horas

LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL DE VALGA

ENTRADA GRATUÍTA

PEPITA GRILLA con Blanca Marsillach é moito máis que unha comedia de teatro. É un fenómeno teatral que involucra ao público con obxectivo de poñelos en contacto co seu eu interior e conseguir con esto reevaluar o concepto que teñen de si mesmos para fortalecer a autoconfianza.

A creación desta arriesgada proposta xurde gracias á iniciativa de Blanca Marsillach por difundir os beneficios do teatro a través dunha fórmula máis próxima e participativa, conseguindo unha nova aplicación ao teatro vinculado coa natureza e o benestar do público.

Durante os seus anos de experiencia no teatro, Blanca comprobou que éste é ademais unha valiosa ferramenta á hora de construír ou reconstruír a autoestima dunha persoa.

Trátase dunha posta en escea novedosa no noso país, aínda que moi coñecida e recoñecida nos Estados Unidos.

O guión, escrito por Elise Varela, é unha historia sobre unha muller que afronta os conflictos e loita por cambiar. O reto de liberarse da abrumadora posesión do seu propio ego.

Trala interpretación de Blanca, o público será invitado a participar activamente e a tentar vencer os seus medos e inseguridades e en ocasións incluso a tomar conciencia do seu propio estado de víctima o victimario. Todo elo da man de Blanca Marsillach, quen foi preparada previamente por unha psicóloga profesional.

Estamos seguros que ao remate desta actividade, ningún dos participantes quedará indiferente. O teatro entretén, culturiza, e é ademais un medio claro e seguro para a transmisión de disciplinas e valores.

Esta representación está patrocinada pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo.

O AFRANCESADO DE PADRÓN DE PEDRO ANTONIO DE ALARCÓN

O AFRANCESADO DE PADRÓN DE PEDRO ANTONIO DE ALARCÓN

C.E.P. Xesús Ferro Couselo

Alumnos e alumnas do C.E.P. Xesús Ferro Couselo desprazáronse ás instalacións de Radio Valga para gravar a obra “O afrancesado de Padrón” de Pedro Antonio de Alarcón.

Trátase dunha iniciativa co obxectivo de recuperar o radioteatro. O radioteatro tivo un desenrolo inicial en 1920 e gañou moita popularidade en 1940. Foi unha forma de entretemento popular a nivel mundial e era utilizado pola maioría das persoas como medio de entretemento cultural. Coa chegada da televisión, a mediados do século XX decaeu en gran medida, e actualmente ten unha pequena presencia.

Aproveitando os actos da Batalla de Casal do Eirigo que se van celebrar esta fin de semana, o colexio quixo colaborar recreando un dos textos máis emblemáticos relacionados coa presencia dos franceses en España.

A emisión terá lugar o venres 15 ás 12:00 da mañá a través das ondas de Radio Valga.