Archivo por mayo de 2011

OFERTAS DE EMPREGO

LOCALIDADE
POSTO DE TRABALLO OUTROS DATOS
Vilanova Esteticista Expe. 12 meses. Ciclo medio/superior estética
Vilanova Director financiero Experiencia 36 meses. Técnico superior administración-finanzas e/ou Lcdo/Grao Economía finanzas, Finanzas e Contabilidade
Illa de Arousa Dep. Carnicería/Chacinería Idade máxima 50 anos. Experiencia
Vilagarcía Axente comercial Experiencia 12 meses
Vilanova Camareiro axte Experiencia 6 meses
Valga Encofrador Oficial 1ª e 2ª. Idade entre 25 e 50 anos. Home. Permiso de conducir. Formación en prevención

Máis ofertas

►EMPREGO XUNTA

►CIMO EMPREGO

►RED TRABAJA

OFERTA PERSOAL DOCENTE

CURSO: ATENCIÓN SOCIO-SANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓN

OFERTA PERSOAL DOCENTE

Ábrese o prazo para selección de persoal docente co fin de impartir distintos módulos do curso: ATENCIÓN SOCIO-SANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS.

TITULACIÓN:

Licenciado/a en Medicina e cirurxía, Psicoloxía ou psicopedagoxía

Diplomado/a en Enfermería, Traballo Social, Educación Social e Técnico superior en Integración social.

PRAZO: 10 XUÑO

INFORMACIÓN:

SERVIZO DE FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO

OMIX

AUDITORIO


OFERTAS PERSOAL DOCENTE

CURSO XESTIÓN INTEGRADA DE RRHH

OFERTA PERSOAL DOCENTE

Ábrese o prazo para selección de persoal docente co fin de impartir distintos módulos do curso: XESTIÓN INTEGRADA DE RRHH.

Titulacións: Licenciados/as Ciencias do Traballo, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Ciencias Políticas e da Administración, Psicoloxía, Diplomado/a en Relacións Laborais, Biblioteconomía e Documentación, Xestión e Administración Pública, Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática de Xestión, Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática de Sistemas.

PRAZO: 10 XUÑO

INFORMACIÓN:

SERVIZO DE FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO

OMIX

AUDITORIO

PRAZAS NAS FORZAS ARMADAS

CONVOCATORIA DE PRAZAS

FORZAS ARMADAS

Ábrese o prazo de segunda convocatoria para inscrición nas Forzas Armadas.

PRAZO: 13 xuño

INFORMACIÓN:

SERVIZO DE FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO

OMIX

AUDITORIO

SAÚDE AUDITIVA

CHARLA INFORMATIVA SOBRE SAÚDE AUDITIVA

Unha revisión auditiva é a forma máis segura de controlar a audición.

A audición diminue a medida que pasan os anos e soamente se nota cando xa non se oien determinados sons ou non se comprenden ben algunhas palabras; por iso canto antes se detecta máis fácil e eficaz é a solución.

A Charla Informativa sobre saúde auditiva terá lugar:

DÍA: Luns, 23 de maio

HORA: 18:30 horas

LUGAR: Auditorio

PROGRAMA MOZOS COOPERANTES

PROGRAMA MOZOS COOPERANTES

cooperantesO Instituto da Xuventude (INJUVE), coa colaboración do Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) e da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), pon en marcha a XXII edición do programa Mozos cooperantes para 2011-2012.
O programa “Mozos cooperantes” ten como obxectivo a incorporación de mozos españois de ata 30 anos á cooperación oficial ao desenvolvemento.
Con este fin, o Instituto da Xuventude formalizará cos mozos seleccionados un contrato laboral de 9 meses de duración (do 1 de outubro de 2011 ao 30 de xuño de 2012).
O obxecto do devandito contrato será o desempeño de tarefas no marco dun proxecto de cooperación para o desenvolvemento nalgún dos países nos que España, realiza este tipo de actuacións a través da AECID.
Os ámbitos de actuación dos proxectos cobren varios sectores: educación, marxinación, microempresas, medioambiente, mellora do hábitat, gobernabilidade e estabilidade institucional, protección dos dereitos humanos, desenvolvemento rural integral, restauración do patrimonio histórico, sector agropecuario, etc.
Requisitos para participar
Posuír a nacionalidade española ou estar a residir legalmente en España.
Non ter cumprido os 30 anos de idade antes do 1 de outubro de 2011.
Estar inscrito como demandante de emprego nas oficinas dos servizos públicos de emprego estatal ou das comunidades autónomas.
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións (expedida por unha universidade española ou título homologado):
Licenciaturas: Antropoloxía, Arquitectura, Bioloxía, CC. Ambientais, CC. da Educación, CC. Políticas, Dereito, Económicas, Xeografía, Historia, Historia da Arte, Ing. Agrónomo, Periodismo, Psicoloxía, Psicopedagoxía, Publicidade e Relacións Públicas e Socioloxía.
Diplomaturas: Arquitecto Técnico, CC. Empresariais, Educación Social, Traballo Social, Turismo, Enxeñaría Técnica Agrícola, Enxeñaría Técnica de OO. PP.
O número de proxectos nesta XXII edición é de 75 e distribúense en 33 países.
Os destinos das e os mozos cooperantes, segundo o proxecto que se lles asigne, son os seguintes: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Republica Dominicana, Uruguai, Venezuela, Angola, Alxeria, Bangla Desh, Cabo Verde, Cambodja, Filipinas, Guinea Ecuatorial, Marrocos, Mozambique, Namibia, Níxer, Senegal, Timor Oriental, Túnez e Vietnam.
Procedemento de selección
A mediados de maio o INJUVE remitirá aos servizos públicos de emprego a oferta de prazas, que se poñerá a disposición das oficinas de emprego para que os e as solicitantes poidan encher a ficha de inscrición.
Aquelas persoas interesadas en participar, sempre que cumpran os requisitos, deberán acudir á oficina de emprego que lles corresponda e cumprir o formulario de inscrición.
Os servizos públicos de emprego (estatal e autonómicos) realizarán a preselección de candidatas e candidatos sobre a base da súa formación e experiencia profesional, tanto a relativa á súa titulación, como ao ámbito da cooperación ao desenvolvemento.
Posteriormente, o INJUVE baremará os perfís que mellor se adecúen ao esixido nos proxectos, convocando as persoas seleccionadas a unha entrevista en Madrid, na sede do Instituto da Xuventude (C/ Ortega e Gasset, 71). A esta entrevista haberán de achegar copia da documentación acreditativa dos méritos que figuren na súa solicitude. Tras esta fase, que terá lugar a mediados de xullo, realizarase a selección definitiva dos e as 75 mozas cooperantes para esta edición.
En setembro convocarase aos e as 75 mozas a un curso selectivo en Madrid, dunha semana de duración e cuxa superación é obrigatoria para a formalización do contrato. Este curso ten por obxecto achegarlles os coñecementos e instrumentos necesarios para o desenvolvemento do seu labor.
Tras a superación do curso e unha vez achegada a documentación orixinal requirida, asinarase o contrato do traballo co INJUVE e á posterior incorporación nos respectivos destinos.

Para máis información:
Instituto da Xuventude
José Ortega e Gasset, 71.
28006 Madrid
Teléfono: 91 363 76 50 / 47
Fax: 91 363 76 10
alatina@injuve.es
www.injuve.es

PREMIO GALICIA DE VOZ NATURA PARA O C.E.P. XESÚS FERRO COUSELO

O PREMIO GALICIA DE VOZ NATURA RECAE NO COLEXIO XESÚS FERRO COUSELO

Traballo medioambiental en Valga

Un colexio pequeno en tamaño, pero grande en compromiso co seu medio ambiente próximo. Así define o comité científico de Voz Natura ao Xesús Ferro Couselo e, por iso e moitos outros motivos, foi seleccionado como gañador do PREMIO GALICIA deste curso. Os expertos do programa da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre tomaron esta dificil decisión tras inspeccionar en primeira persoa e revisar as memorias dos 272 traballos realizados nesta 14ª edición. Xunto a este, fallaron catro premios provinciais e un ao mellor traballo infantil. No caso dos gañadores do Premio Galicia, o comité destaca que souberon compensar a limitación de medios con grandes dosis de rigor e dedicación. Os cen alumnos do centro e todo o profesorado traballaron sobre auga, ciencia, etnografía, refostación, limpeza de ecosistemas, horta, xardíns, enerxías alternataivas e actividades de concienciación.

Por si fora pouco, aínda tiveron tempo para darlle un enfoque solidario ao traballo. A través de distintas iniciativas, recaudaron fondos para construir un pozo de auga no campamento saharauí de Dajla. De ahí precisamente chegan cada verán a Valga os nenos que participan no programa Vacación en Paz, para pasar esta época alonxados da calor do deserto.

Outro dos componentes que valorou o comité á hora de adxudicar o premio foi a capacidade da comunidade escolar para involucrar nas súas acción ás suas familias, veciños e ás autoridades municipais.

Como recompensa ao seu traballo, os alumnos do Ferro Couselo disfrutarán de tres días de actividades en Pena Aventura Park, en Ribeira de Pena (Portugal), con unha visita ao parque nacional Peneda-Gerés.

Noraboa a toda a comunidade educativa do Xesús Ferro Couselo, mestres, alumnos, anpa, pais, avós e veciños que colaboraron para que esta iniciativa lograse a súa merecida recompensa.


OFERTAS DE EMPREGO

OFERTAS DE EMPREGO
LOCALIDADE
POSTO DE TRABALLO OUTROS DATOS
Vilanova Esteticista Expe. 12 meses. Ciclo medio/superior estética
Vilanova Director financiero Experiencia 36 meses. Técnico superior administración-finanzas e/ou Lcdo/Grao Economía finanzas, Finanzas e Contabilidade
Illa de Arousa Dep. Carnicería/Chacinería Idade máxima 50 anos. Experiencia
Catoira Camareira Muller. Idade máxima 30 anos. Residencia próxima a Catoira. Carné de conducir. Demandantes de emprego anteriores a 1-01-2011
Vilagarcía Camareiro/a Idade entre 25 e 45 anos. Experiencia 24 meses
Vilanova Fresador con control numérico Home. Entre 18 e 25 anos. Experiencia 6 meses
Vilanova Limpador de coches Entre 18 e 40 anos. Muller.Experiencia 6 meses
Vilagarcía Carpinteiro aluminio Oficial de 1ª con 48 meses de experiencia
Vilagarcía Conductor retroescavadora Entre 18 e 50 anos. Carné C. Experiencia 6 meses

Máis ofertas

►EMPREGO XUNTA

►CIMO EMPREGO

►RED TRABAJA

CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Campamentos de verán para persoas con discapacidade.

campamentosdiscapacidadeA Consellería de Traballo e Benestar ten aberto xa o prazo de inscrición para o programa de campamentos para persoas con discapacidade 2011 que oferta máis de 300 prazas: 77 na quenda de integración e 250 na quenda específica, repartidas polas catro provincias galegas, para participantes de entre 9 e 40 anos.

O prazo para inscribirse remata o 20 de maio.

Nesta ocasión incorpóranse dúas actividades innovadoras con campamentos temáticos: Planeta Bambalina, no campamento xuvenil Espiñeira, en Boiro; e Planeta Natura, no Albergue Xuvenil de Gandarío.
O primeiro céntrase no teatro e pretende presentar aos mozos e mozas os últimos recursos audiovisuais relacionados co cine e a televisión, aprender diferentes técnicas de expresión corporal como instrumento básico para acadar unha mellor socialización, promover a desinhibición ou desenvolver unha boa verbalización e vocalización, tanto na vida cotiá como en escena.

No campamento de Planeta Natura traballarase para coñecer e comprender novos xeitos de aproveitamento de recursos, así como sistemas de produción e transformación das materias primas con menos impacto ambiental, aprendizaxe de patróns de conduta e consumo respectuosos co medio ambiente, descubrir o entorno ou coñecer recursos patrimoniais da zona, non só ambientais, senón tamén culturais, artísticos ou sociais.

Nos mesmos poderán participar mozos e mozas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% e que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade. Para inscribirse é necesario completar un impreso que se pode recoller nos servizos de Dependencia e Autonomía Persoal e nos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nos servizos sociais comunitarios e nas oficinas de información xuvenil dos concellos, así como na páxina web http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-verán.

Xunto coa solicitude deberán presentar o informe médico, segundo modelo oficial que está á disposición dos demandantes nos mesmos lugares. Ademais, as persoas beneficiarias do título de familia terán unha bonificación do 50% no pagamento das taxas establecidas, se ben se pode obter máis información au respecto no teléfono 900 333 666.

As prazas convocadas serán adxudicadas por unha comisión composta por representantes da Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal con preferencia para as persoas que non participaron en anos anteriores.

INFORME SEMANAL

http://xuventude.xunta.es/uploads/boletinxuventude_2_05_11.pdf