Archivo por junio de 2011

PRAZAS PARA COLABORADORES-BOLSEIROS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS

Curso 2011/2012

Orde pola que se convocan prazas para colaboradores – bolseiros nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2011/2012.

Pginas_desdeBOLSEIROSNos vindeiros días publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se convocan prazas para colaboradores – bolseiros nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2011/2012.

O número total de prazas é de 15 e as residencias xuvenís son:

O Centro Residencial Xuvenil LUG ( Rúa Pintor Corredoira, nº 2 – Lugo-)

A Residencia Xuvenil Florentino Pérez Cuevillas (Rúa Arturo Pérez Serantes – Ourense-)

A Residencia Xuvenil Altamar (Rúa Cesáreo González, nº 4 – Vigo-)

Máis Información: Descarga o PDF

PRAZAS EN RESIDENCIAS XUVENÍS

Curso 2011/2012

Orde pola que se convocan prazas para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2011/2012.

Pginas_desdeRESIDENCIASProximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se convocan prazas para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2011/2012.

O número de prazas é de 225:

-76 prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG ( Rúa Pintor Corredoira, nº 2 – Lugo-).

-55 prazas na  Residencia Xuvenil Florentino Pérez Cuevillas (Rúa Arturo Pérez Serantes – Ourense-)

-94 prazas na Residencia Xuvenil Altamar (Rúa Cesáreo González, nº 4 – Vigo-)

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes dende o día seguinte ao da publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información: Descargar PDF

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS

Aberto o prazo de preinscrición

A Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía abreu os prazos de preinscrición e matrícula.

Máis información en:

http://www.eoivga.org/

MÁSTER EN XUVENTUDE E SOCIEDADE

MASTER_XUVENTUDE

A Universidade de Santiago de Compostela en Colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organiza un Máster Oficial en Xuventude e Sociedade, curso 2011-2012

25 prazas  -  60 créditos (12 créditos de prácticas en Centros de Información e Documentación Xuvenil)

Máis Información

XXXVII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XIMNASIA RÍTMICA

XXXVII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XIMNASIA RÍTMICA

Zoe Santos Aboy

A ximnasta valguesa ZOE SANTOS ABOY Compite o Sábado, 2 de xullo ás 17:24 horas.

XXXVII CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL

XVI CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBES E AUTONOMÍAS GR (JUNIOR-SENIOR-1ª CATEGORÍA HONOR-SERIE HONOR)

Estadio Municipal de Riazor

http://www.disfrutadecorunaconlaritmica.blogspot.com/

GUÍA DE VERÁN 2011



GUIA_VERAN_2011

GUIA DE VERÁN 2011

ENTRADAS PARA A XIRA GALEGA DE KARTING

ENTRADAS PARA A XIRA GALEGA DE KARTING

Para os posuidores do Carné Xove

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado regala entradas para a Xira Galega de Karting aos titulares de Carné Xove.
Os que estean interesados poden achegarse á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Servizo de Programas, Edificio Adm. San Lázaro, 3º andar, en Santiago de Compostela), e recollelas.

5xiragalegakarting1

ACTUALIZACIÓN GUÍA DO SUG



UNIVERSIDADESPublicada a Guía do Sistema Universitario de Galicia, ferramenta que pretende servir de apoio á hora de escoller os estudos universitarios na nosa comunidade autónoma.
Esta guía pretende ser un importante recurso de orientación que lle facilite aos estudantes de novo ingreso a súa incorporación á universidade, para darlles a coñecer todas as posibilidades que o Sistema Universitario de Galicia lles ofrece no seu proceso formativo. Ademáis pretende servir de axuda e informar sobre os cambios e a reestructuración dos plans de estudos de grao e posgrao, postos en marcha coa implantación do EEES comezada no ano 1999, pero aplicada en todas as titulacións universitarias españolas no curso 2010-2011.
A Guía do SUG describe detalladamente, non só as características de cada unha das titulacións universitarias de grao implantadas nas nosas universidades, o seu plan de estudos e requisitos e condicións de acceso a elas, senón tamén outros aspectos que conforman o novo panorama universitario e poden ser de interese para o futuro alumno.
Contén oferta de bolsas, axudas, premios, información sobre as residencias universitarias, enderezos de interese…
Máis información: http://www.edu.xunta.es/web/node/2416

ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS DE F.P. DE GRAOS MEDIO E SUPERIOR

Admisión en ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior

formacion_profesionalA  Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa  determina os prazos de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2011-2012:

a) O prazo ordinario será do 17 de xuño ao 4 de xullo, ambos os dous incluídos. A matrícula farase do día 19 ao día 22 de xullo de 2011.
b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 1 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos. A matrícula farase do día 27 ao día 30 de setembro de 2011.

A solicitude de admisión farase na secretaría do centro educativo elexido coma primeira opción, podendo solicitar ata cinco ciclos formativos por orde de preferencia.
A oferta de ciclos formativos no curso 2011-2012 podes consultala en http://www.edu.xunta.es/fp

Máis información no DOG do 14 de xuño de 2011

CURSO DE VERÁN. UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011



Triptico_Pgina_1Curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Verán 2011 que se celebrará en Santiago de Compostela do 18-21 de xullo de 2011

Obxectivos: Contribuir ao coñecemento da Aprendizaxe-Servizo como metodoloxia innovadora na educación xeral e no desenvolvemento social do currículo en particular.

Mais Información