Archivo por julio de 2011

INFORME SEMANAL

http://xuventude.xunta.es/201107194101/informe-semanal-do-18-de-xullo-de-2011.html

CURSO DE ESPECIALISTA EN INFORMACIÓN XUVENIL



A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2011, convoca o seguinte Curso Teórico de Especialista en Información Xuvenil .

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 21 de xullo de 2011, e realizarase a través da páxina www.xuventude.net, cumprimentando a ficha de inscrición,e as sesións presenciais terán lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia.

Requisitos: Ter feito o Curso Básico de Información Xuvenil.

Descarga a Convocatoria Completa

FORMULARIO DE SOLICITUDE

INFORME SEMANAL

http://xuventude.xunta.es/201107124018/informe-semanal-do-11-de-xullo-de-2011.html

IMAGINA ATLÁNTICA

IMAGINA ATLANTICA Programa de Intercambios para Mozos Profesionais

IMAGINA_ATLANTICAXuventude Creativa Imagina Atlantica

A dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ao abeiro do programa Espazo Atlántico (FEDER) presenta este Proxecto que inclúe 24 estadías para mozos profesionais nos sectores do espazo cultural virtual: arte dixital, nos ámbitos da Comunicación audiovisual; Publicidade; Produción artística, cultural; Produción visual; Multimedia; Patrimonio e turismo aplicado á arte dixital, … en Porto (Portugal), Bangor (Gales  Reino Unido e Angoulème (Francia).

Se estás interesado en participar e realizar algunhas das distintas estadías en empresas e institucións do sector, envía a túa candidatura.

A selección farase en función da entrada das peticións e dos curriculums. Xúntase documento informativo e bases para poder participar.

Estadias para mozos profesionais. Descarga o PDF

Programa Mobilidade, paises de destino e prazas. Descarga o PDF

Mais Información: 981 54 10 10.

ASAMBLEA FEXUGA

A asociación A EIRA participou na asamblea anual da FEXUGA (Federación da Xuventude de Galicia) o pasado sábado, 2 de xullo en Santiago de Compostela.