Archivo por septiembre de 2011

UN MOZO VALGUÉS, ESTEBAN GÓMEZ, DOUTÓRASE CUM LAUDE

UN XOVE VALGUÉS, ESTEBAN GÓMEZ GARCIA, DOUTÓRASE “CUM LAUDE” POR UNHA TESE SOBRE OS CARBALLOS E BIDUEIROS.

O xove natural de Cordeiro ideou un sistema informático que permite coñecer detalles relevantes para poder mellorar as súas poboacións.

O día 15 de setembro presentou esta tese sobre os modelos de crecemento de poboacións de bidueiros e castañois, obtendo o título de doutor na Escola Politécnica superior de Lugo grazas a unha puntuación de sobresaliente “cum laude”.

Gómez García forma parte do grupo de investigación da Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS) dende hai tres anos, realizando diversas tarefas no campo da modernidade forestal.

O programa creado por Esteban Gómez permite simular distintas alternativas selvícolas de xestión (densidade inicial do carballo, tipo, peso e idade dos radeos, idade do corte final) e analizar as posiblidades de crecemento, produción e rendabilidade económica.

TEATRO EN PONTECESURES

TEATRO EN PONTECESURES “CONTOS COAS MANS ABERTAS”
Ampliar Foto...

A compañía de teatro A Tropa de Trapo porá en escena o espectáculo “Contos coas mans abertas”, dirixido a público adolescente e adulto. Esta proposta baséase en pezas narradas a dúas voces, cun acompañamento de guitarra e laúde arabe que convida á reflexión.

CONTOS COAS MANS ABERTAS recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos… todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante. Sempre aliñado cun pouco de retranca, misterio e ilusión… e o ritmo da música en directo. Un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

VENRES 23 DE SETEMBRO – 21.00 HORAS – CENTRO SOCIAL.

PLAN RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS

PLAN RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS

Prazo: 31 decembro ou agotamento de fondos

O DOG (22-09-11) publica a concesión de axudas dirixidas a reducir o consumo de enerxía eléctrica no sector doméstico, a través da substitución de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas, fornos e placas de indución e de gas por equipamentos con etiquetaxe enerxética de clase A ou superior.

O Plan Renove remata o 31 de decembro de 1011 ou ata que se esgoten os fondos correspondentes.

Máis información:

http://www.inega.es/

DOG 22-09-2011

BOLSAS DE ESPECIALIZACIÓN E FORMACIÓN NO MUSEO NACIONAL CENTRO DE ARTE RAÍÑA SOFÍA

Bolsas de especialización e formación no Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía

nuevo_logo_mini-copiaO Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía convoca bolsas de especialización e formación en materias e actividades competencia deste organismo para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012.

As bolsas serán das seguintes clases:

1. Bolsas de especialización no Departamento de Coleccións: licenciatura.
2. Bolsas de especialización no Departamento de Exposicións: licenciatura.
3. Bolsa de coordinación no Departamento de Actividades Públicas: licenciatura.
4. Bolsa de coordinación no Departamento de Exposicións: licenciatura.
5. Bolsa de prácticas museísticas no Departamento de Exposicións: licenciatura en Historia da Arte.
6. Bolsa de restauración, especialidade pintura, no Departamento de Conservación e Restauración: licenciatura en Belas Artes, especialidade de conservación-restauración, ou ben dunha diplomatura pola Escola Superior de Conservación-Restauración, en ambos casos especialidade pintura.
7. Bolsa de biblioteconomía e documentación na Biblioteca e Centro de Documentación: licenciatura en Biblioteconomía e Documentación o dunha licenciatura cun título técnico de capacitación de alomenos un ano en Biblioteconomía e Documentación.

Todas as bolsas se desenvolverán nos referidos departamentos do organismo autónomo Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía.
Os beneficiarios contarán co asesoramento, orientación e seguimento dun titor.
Prazo: 5 de outubro de 2011.
Información: BOE do 20 de setembro de 2011.
www.museoreinasofia.es

TALLER DE FOTOGRAFÍA NA ILLA DE SAN SIMÓN

Taller sobre fotografía 2.0 na Illa de San Simón

JOANJoan Fontcuberta impartirá un taller sobre fotografía 2.0 na Illa de San Simón

A Agadic e a Fundación Illa de San Simón organizan este curso, que se desenvolverá o 1 e 2 de outubro e para o que se ofertan un total de 25 prazas. O recoñecido artista catalán analizará a vixencia do documental na cultura postfotográfica, así como os novos procesos de produción de identidade.
Fontcuberta fala de cultura postfotográfica para referirse ao contexto actual no que a fotografía dixital e a súa circulación masiva a través de Internet alteraron a natureza do fotográfico e as que eran as súas funcións esenciais. Neste sentido, neste curso abordarase a vixencia do documental e os novos procesos de produción de identidade desde un enforque eminentemente reflexivo.

Coordinado por Xurxo Lobato, o obradoiro desenvolverase ao longo dun total de 12 horas lectivas o sábado 1 de outubro, en horario de mañá e tarde, e o domingo día 2, en sesión matinal. A solicitude de inscrición pode formalizarse a través do enderezo de correo electrónico info@fundacionilladesansimon.org
Ofértanse un total de 25 prazas para fotógrafos profesionais e afeccionados de nivel avanzado artistas visuais, xornalistas, estudantes e demais persoas interesadas na imaxe e na comunicación visual. O prezo da matrícula é de 230 euros en réxime de pensión completa, con aloxamento na noite do sábado ao domingo, e de 150 euros sen aloxamento, aínda que co xantar do sábado incluído.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
Enviado un correo a info@fundacionilladesansimon.org
A mensaxe incluirá: nome e apelidos, DNI e modalidade de inscrición.
Á volta de correo, o solicitante recibirá a confirmación de recepción da solicitude reserva e as instrucción para o pagamento.
Verificado o pagamento, confirmarase a inscrición.
Existirá, de resultar oportuno, unha lista de espera. Cada solicitante en espera recibirá información do posto que ocupa na lista e dos movementos desta.

MODALIDADES DE INSCRICIÓN:
150 €: Inclúe curso, comida do sábado e transporte ao inicio e remate da xornada do sábado e ao inicio e remate da xornada do domingo.
230 €: Inclúe curso, aloxamento en San Simón na noite do sábado ao domingo; comida e cea do sábado, almorzo do domingo; transporte no inicio da xornada do sábado e ao remate da xornada do domingo.

NOTA IMPORTANTE:
Para os solicitantes de reserva na modalidade con aloxamento, éstes deben levar consigo todos os úteis de aseo, pois os cuartos non disporán deles. Os cuartos dispoñen. de toda a roupa de cama e baño.
O número total de prazas, incluídas ámbalas dúas modalidades, é de 25.
Máis información en www.fundacionilladesansimon.org

XORNADAS PARA EMPRENDEDORES XUVENÍS

Xornadas para emprendedores xuvenis: “Aprender a emprender: o reto da empregabilidade”, os días 4 e 5 de novembro.

Cartaz_emprendedores_xuvensOs vindeiros días 4 e 5 de novembro terán lugar en Santiago, unhas xornadas para emprendedores xuvenis, baixo o título “Aprender a emprender: o reto da empregabilidade”

Entre os obxectivos das xornadas están, entre outros,  ofrecer un punto de encontro e diálogo entre a xuventude e expertos emprendedores, contribuír a que os mozos con ideas empresariais desenvolvan o seu potencial empresarial, ofrecendo información e apoio técnico aos xóvenes con ideas emprendedoras.

As xornadas están destinadas a estudantes de formación profesional de último curso, estudantes universitarios, técnicos ou responsables locais de xuventude, mozos interesados na creación de empresas, participantes no programa da Xunta Iniciativa Xove, participantes no proxecto europeo Juventud en Acción, e líderes de asociacións xuvenís.

A inscrición será vía telemática, sendo o prazo de inscrición  do 1 ao 15 de outubro e a admisión será por orde riguroso de inscrición.

O formulario de inscrición estará a disposición dos interesados nos próximos días nesta páxina, no apartado de Programas da Unión Europea.

Máis información

OFERTAS DE EMPREGO

Traballador Social. Concello de Covelo (Pontevedra)
Luns, 19 Setembro 2011
Obxecto desta convocatoria é a provisión con carácter temporal mentres dure a baixa laboral da titular, dun posto de Traballador/a Social no… Ler máis…
Convocadas prazas de policía local.
Luns, 19 Setembro 2011
A Comunidade Autónoma de Castela e León, convoca 10 prazas de policía local, en varios concellos da Comunidade, polo procedemento de… Ler máis…
Convocadas prazas de policía local
Luns, 19 Setembro 2011
O Concello de Badajoz, convoca 6 prazas de axente de policía local, polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20… Ler máis…
Convocadas prazas de administrativo.
Venres, 16 Setembro 2011
O Concello de Pineda de Mar (Barcelona), convoca 4 prazas de administrativo, polo sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de… Ler máis…
Técnico en inserción laboral en Castro Caldelas
Venres, 16 Setembro 2011
O Concello de Castro Caldelas convoca proceso de selección por concurso de méritos máis entrevista para cubrir unha praza de técnico en… Ler máis…
Docentes para a Universidade de La Laguna
Martes, 13 Setembro 2011
A Universidade de La Laguna convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios nas seguinte áreas de coñecemento:… Ler máis…
Subalternos para a Universidade de Oviedo
Martes, 13 Setembro 2011
A Universidade de Oviedo convoca concurso oposición para cubrir 42 prazas de subalternos.Requisitos: certificado de escolaridade ou título… Ler máis…
Técnicos de Acción Sociocomunitaria en Ponferrada
Martes, 13 Setembro 2011
O Concello de Ponferrada en León convoca oposición libre para cubrir as seguintes prazas: 4 prazas de Técnico de Acción Sociocomunitaria. O prazo… Ler máis…
Convocada 1 praza servizo contra incendios da Coruña.
Luns, 12 Setembro 2011
O Consorcio Provincial contra incendios e salvamento da Coruña, convoca 1 praza de suboficial coordinador de servizo , da plantilla de laboral fixo,… Ler máis…
Convocadas prazas do Corpo Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información do Estado.
Mércores, 07 Setembro 2011
O Ministerio de Política Territorial e Administración Pública, convoca 30 prazas do Corpo Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información da… Ler máis…
Convocadas prazas de Policía Local.
Mércores, 07 Setembro 2011
O Concello de Getafe, convoca 10 prazas de policía local, Grupo C2, Escala excutiva de administración especial,subescada de servizos especiais ,… Ler máis…
Administrativo/a para o Concello de Soutomaior
Luns, 05 Setembro 2011
O Concello de Soutomaior convoca concurso oposición para cubrir unha praza de administrativo/a.O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata… Ler máis…
Convocatoria 22 prazas do Corpo de Subinspectores de Emprego e Seguridade Social
Xoves, 01 Setembro 2011
Convócase proceso selectivo para cubrir un total de 22 prazas do Corpo de Subinspectores de Emprego e Seguridade Social, polo sistema xeral de… Ler máis…
Convocatoria dunha praza Concello de Torredonjimeno (Jaén)
Venres, 26 Agosto 2011
O Concello de Torredonjimeno (Jaén) convoca unha praza de Administrativo, pertencente á escala da Administración Xeral, subescala Administrativa e… Ler máis…
Convocatoria dunha praza Concello de Onil (Alicante)
Mércores, 24 Agosto 2011
O Concello de Onil (Alicante) convoca unha praza de Inspector Xefe do corpo de Policía Local de Onil, pertencente á escala de Administración… Ler máis…
Comercial axencia inmobiliaria
Luns, 19 Setembro 2011
Búscase rapaz novo con experiencia en inmobiliariasTeléfono: 670489661.Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Aprendiz dependenta pastelaría
Luns, 19 Setembro 2011
Deixar c.v en Travesía Vigo 181, o luns.Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Comercial seguros
Luns, 19 Setembro 2011
Posibilidade de ascensoFixo e comisiónsEmpresa líder segurosBacharelatoTeléfono: 653857158Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Comerciais repartición publicitaria
Luns, 19 Setembro 2011
Con experienciaEnviar c.v a infocomercialesvigo@gmail.comFaro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Comerciais empresa sector da formación
Luns, 19 Setembro 2011
Para a súa delegación en VigoEmpresa do sector da formación privada e subvencionadaGarántense cursos con certificacións oficiaisVisitas… Ler máis…
Contable fiscal
Luns, 19 Setembro 2011
Experiencia asesoríaEnviar curriculum con foto: Tecnas.Camelias, 38 entresollado.Tecnas.otros@live.comFaro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
5 comerciais
Luns, 19 Setembro 2011
Menores de 30 anosPara multinacionalSoldo fixo máis comisiónsInteresados enviar c.v a: seleccion.vigo@securitasdirect.esFaro de Vigo, domingo 18 de… Ler máis…
Cociñeiro profesional e axudante
Luns, 19 Setembro 2011
Restaurante-taperíaVigoCon experienciaTeléfono: 656571124.Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Persoal para despezamento
Luns, 19 Setembro 2011
Con coñecementos de mecánicaInteresados enviar c.v con foto a: Apdo correos 1043, Mos.Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Persoal diferentes postos
Luns, 19 Setembro 2011
Por ampliaciónEmpresa multinacionalTeléfono: 986206962Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Profesor ballet taekwondo
Luns, 19 Setembro 2011
Para MarínEnviar c.v a: gruppinfo@gmail.com.Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Delegado comercial
Luns, 19 Setembro 2011
Zona Vigo e bisbarraAlta remuneraciónTeléfono: 651191181.Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Camareiras e cociner@
Luns, 19 Setembro 2011
Teléfono: 667729415Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Perruqueira Vigo
Luns, 19 Setembro 2011
Idade entre 18 e 25 anosZona Travesas- VigoTeléfono: 698146294.Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.
Promotores
Luns, 19 Setembro 2011
Xornada completaDe luns a venresDon de xentesTeléfono: 986139021Faro de Vigo, domingo 18 de setembro de 2011.

XXIV PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN



dodroO Concello de Dodro convoca a XXIV edición do PREMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.
Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, con cadanseu libro escrito en lingua galega, segundo a normativa vixente.
Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, condición que se estende ao soporte dixital. No momento do fallo do certame, non poderán estar presentados a ningún outro concurso.
Os participantes deberán enviar 4 exemplares da obra, mecanografados, sen remite identificador, ó seguinte enderezo:

XXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro- A Coruña

As obras concursantes deberán ostentar o título e un lema, que tamén figurará no exterior dun sobre que conteña a fotocopia do DNI do autor ou autora, o seu teléfono e enderezo, así como un pequeno currículo literario, no caso de que teña obra publicada.
O prazo de presentación das obras remata o día 13 de novembro do ano 2011.
A dotación do Premio, único e indivisible, será de 2.300 €.
A obra galardoada publicarase dentro da Colección de Poesía “Eusebio Lorenzo Baleirón” da Editorial Sotelo Blanco, que se reserva os dereitos de edición. A contía do premio será considerada como un adianto dos dereitos de autoría. O autor ou autora recibirá gratuitamente 25 exemplares.
Máis información no Concello de Dodro, www.concellodedodro.org

BOLSAS DE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL NO SENADO

Bolsas de comunicación institucional no Senado

microfonoO Senado convoca tres bolsas de formación sobre comunicación institucional, interna e externa, dirixidas a mozos licenciados que desexen especializarse neste campo.
As bolsas outórganse cunha duración dun ano (dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2012) e consistirán en doce pagamentos de 900 €.
Requisitos:
licenciados universitarios en Periodismo españois ou ben os posuidores dun título de Grao Oficial equivalente, que reúnan as dúas condicións seguintes:
a) ter nacido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1984.
b) non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado.
O prazo para a presentación de instancias estarará aberto ata o día 7 de outubro de 2011, ás 13:30 horas.
Máis información no BOE do 20 de setembro de 2011 e en www.senado.es

INFORME SEMANAL

http://xuventude.xunta.es/201109204653/informe-semanal-do-19-de-setembro-de-2011.html