Archivo por octubre de 2011

PRÁCTICAS EN EMPRESAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

Prácticas en empresas a estudantes universitarios PDF Imprimir
Xoves, 27 Outubro 2011 09:33
empresasA Fundación Empresa Universidad Gallega (Feuga) convoca bolsas para prácticas en empresas dirixidas a estudantes universitarios.
Titulacións:
Diplomatura Empresariais/Diplomatura en Relacións Laborais/Enxeñaría Técnica en Topografía: 2 bolsas. Empresa: LOGICA EQUIMPAMIENTOS INTEGRAIS, S.L.
A Coruña
Diplomatura Empresariais/Diplomatura Relacións Laborais: 1 bolsa. Empresa: MIGUEZ CUTRIN, S.L.
Santiago
Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación: 5 bolsas. Empresa: XESTIÓN BIBLIOTECARIA E DOCUMENTAL, S.A.
Santiago
Diplomatura en Fisioterapia: 1 bolsa. Empresa: FISAM, S.L.
A Coruña
Diplomatura en Fisioterapia: 2 bolsa Empresa: RPS-RECUPERACIÓN FUNCIONAL, S.L.
Santiago
Diplomatura en Óptica e Optometría: 1 bolsa. VIGO OPTICA COLÓN, S.L.
Vigo
Enxeñaría Técnica de Telecomunicación/Ingenería Técnica Industrial. Office, bo expediente académico: 2 bolsas. Empresa: ENXEÑEIROS E ARQUITECTOS CONSULTORES IDOM, S.A
Santiago de Compostela
Enxeñaría Técnica Industrial, espec. Electricidade/Enxeñaría de Minas: 2 bolsas. Empresa: TEYDI, S.L.U.
Monforte de Lemos
Enxeñaría Técnica Industrial, espec. Electricidade/mecánica/electrónica/Enxeñaría Industrial: 1 bolsa. CIE GALFOR, S.A.
San Cibrao das Viñas
Licenciatura Administración e Dirección de Empresas/Diplomatura Empresariais. Contabilidade, facturación, control de custos e stock: 1 bolsa. Empresa: COCARGA, S.L.
Vigo
Licenciatura en Comunicación Audiovisual: 1 bolsa. Empresa: I.G. DOCUMENTACIÓN, S.L.
A Coruña
Licenciatura en Psicoloxía: 1 bolsa. Empresa: CENTRO DE DIA SAN CARLOS, S.L.
A Coruña

Prazo: 7 de novembro de 2011.

Máis información: www.feuga.es

BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN EMPRESAS DE FEUGA

Bolsas de formación práctica en empresas de Feuga PDF Imprimir
Xoves, 27 Outubro 2011 09:38
becasA Fundación Empresa Universidad Gallega (Feuga) convoca bolsas para Titulados Universitarios.
Requisitos:
1. Estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA.
2. Ser diplomado, licenciado ou doutorado universitario. No caso das titulacións nas que para a obtención do título sexa necesaria a presentación do proxecto fin de carreira, será suficiente ter aprobadas todas as materias desta.
3. Ter cursado estudos nunha das tres Universidades da nosa Comunidade Autónoma. Se o título pertencese a outras Universidades, poderase acceder ao programa de bolsas de formación se está doutorado ou matriculado nun Curso de Doutorado dunha das tres Universidades da Comunidade Autónoma.
. Poderán acceder ao programa de bolsas, os fillos de emigrantes galegos retornados, independentemente de onde obtivesen a súa titulación, se esta foi validada.
. Tamén poderán acceder ao programa de bolsas os titulados doutras Universidades españolas, se a titulación solicitada non se impartise nas tres Universidades da Comunidade Autónoma.
4. Non ter máis de 30 anos.
5. Ter finalizado os estudos nos tres últimos anos.
6. Non ter gozado doutra bolsa de FEUGA por un período de 6 ou máis meses.
7. No caso de ter gozado doutra bolsa de FEUGA por un período inferior a 6 meses, deberá ter cumplimentar o cuestionario de avaliación correspondente á bolsa gozada. O período máximo computado do total das bolsas non poderá exceder de 12 meses.
8. Non ter desempeñado en ningún momento traballo profesional remunerado relacionado coa súa titulación, baixo ningunha modalidade de contratación (os candidatos do programa de bolsas achegarán o correspondente Certificado de Vida Laboral).
9. A bolsa é incompatible con calquera outro tipo de ingresos.
10. Non ter relación de parentesco dentro do primeiro grao de consanguinidade (pais – fillos) con ningún membro da propiedade e/ou dirección da empresa na que realizarán as prácticas profesionais.
11. Cumprir os requisitos establecidos pola empresa ofertante da bolsa (idiomas, coñecementos de informática…) complementarios da súa formación.
As condicións para a empresa
A compañía debe de ofrecer garantías de que conta con instalacións e medios para desenvolver a formación do titulado dentro do horario laboral da empresa, confeccionar un plan de formación personalizado e designar unha persoa que exerza de titor para facilitar a integración do bolseiro, asesoralo e realizar un seguimento continuo da súa actividade.
A selección
FEUGA traslada a oferta ao Servizo Público de Emprego, no que previamente se inscribiron aqueles licenciados interesados en acceder ao mercado laboral. O Servizo Público de Emprego realiza unha preselección segundo o perl profesional que demanda a empresa, contacta cos candidatos para preguntalos se desexan entrar no proceso e que se envíe copia do seu currículo vitae a FEUGA, que elixe entre as candidaturas presentadas as máis idóneas para propoñelas á compañía.
Prazo
O prazo está aberto todo o ano.

Máis Información:

FEUGA Vigo

Área Comercial – Local A9. Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo (Pontevedra)
Tfno. 986 812 665 Fax 986 812 666

FEUGA Santiago de Compostela

Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Universitario Sur
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno. 981 534 180 Fax 981 524 351

www.feuga.es

EMPRÉGA-T EN VALGA

Xuventude colabora cun proxecto dunha asociación de Valga para mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas PDF Imprimir
Xoves, 27 Outubro 2011 08:47
VALGAA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está a apoiar un proxecto para mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas de Valga que está desenvolvendo a asociación xuvenil A Eira de Valga. Así, o responsable da área autonómica, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe a primeira Xornada Empréga-t que organiza este colectivo e que está financiada pola Xunta a través do novo modelo de participación xuvenil Iniciativa Xove.

O obxectivo desta actividade é informar á mocidade das medidas e instrumentos de información e asesoramento que existen para mellorar a súa inserción laboral.

Rodeiro destacou que o novo modelo de participación xuvenil impulsado pola Xunta está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos.

O director xeral de Xuventude tamén resaltou que esta forma de participación xuvenil supón poñer en marcha “unha escola de cidadanía activa”, na que se desencadea un proceso de educación non formal de gran utilidade para o futuro, xa que os participantes asumen como propio o compromiso de impulsar unha actividade, na que eles son os únicos e directos responsables.

O programa de apoio á participación xuvenil, ‘Iniciativa Xove’, foi modificado en 2010 pola Consellería de Traballo e Benestar para facelo máis aberto, unhas modificacións que continúan sendo efectivas este ano. Cabe lembrar tamén que o orzamento destinado a esta orde de axudas aumentouse en 20.000 euros con respecto a 2010. Si se toma como referencia o exercicio de 2009, o financiamento deste programa ten aumentado nun 55 por cento.

Grazas á reformulación acometida en 2010, actualmente poden optar ás subvencións os grupos informais de mozos e mozas –sen ter que estar constituídos en asociacións- se cumpren o requisito de contar como mínimo con 5 persoas de entre 18 e 29 anos. Ademais, a orde segue aberta ás asociacións xuvenís e ás entidades prestadoras de servizos á xuventude que carezan de interese de lucro.

Outra das novidades é que, desde o ano pasado, os solicitantes poden pedir á Xunta un adianto económico do 80 por cento sobre a cantidade total da axuda concedida. A finalidade desta modificación é impedir que a falta de liquidez sexa un obstáculo para levar a cabo unha boa idea.

Segundo o ámbito do proxecto, os 269 beneficiados repártense do seguinte xeito: un total de 124 proxectos do eido autonómico (79 de grupos informais e 45 de asociacións) e 145 de ámbito local, presentados por asociacións xuvenís e outras entidades. En concreto, estes últimos 145 distribúense territorialmente: 28 en A Coruña, 25 en Lugo, 31 en Ourense e 61 en Pontevedra.

Mellora da empregabilidade
A Xornada Empréga-t, desenvolvida hoxe en Valga, contou coa celebración dunha mesa redonda na que se abordaron varios temas de actualidade no mercado de traballo, como o funcionamento do servizo público de emprego, as axudas GDR para as iniciativas locais de emprego, as necesidades de formación para a empresa ou as novas cualificacións profesionais e as acreditacións de competencias.

Pola tarde, realizaranse obradoiros prácticos, entre eles o de técnicas de busca de emprego a través de Internet e o de elaboracións de currículos.

A asociación xuvenil a Eira tamén aproveitará para presentar as bases do seu concurso ‘Emprende en Valga’, que ten por obxecto premiar a aqueles emprendedores que presenten ideas innovadoras susceptibles de transformarse en proxectos empresariais a curto e medio prazo.

BASES DO CONCURSO EMPRENDE EN VALGA E FICHA DE INCRICIÓN

Bases do concurso

Ficha inscrición

EMPREGA-T EN VALGA

FICHA INSCRICIÓN

CONTOS COAS MANS ABERTAS

CONTOS COAS MANS ABERTAS

Fondo Galego de Cooperación

‘Contos coas mans abertas’ sensibilizará sobre  a solidariedade internacional en Valga

- O Concello organiza a representación en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que promove esta xira por 42 municipios

- A proposta da compañía A Tropa de Trapo, dirixida a público adolescente e adulto, inclúe música en directo con instrumentos de diferentes países

A xira 2011 do espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega á vila pontevedresa de Valga mañá mércores 19 de outubro. A representación, organizada polo Concello en calidade de membro da entidade municipalista, terá lugar no Auditorio Municipal ás 11 horas. Ao espectáculo asistirá alumnado do IES de Valga, usuarias e usuarios do Centro de Día e mais membros da asociación Asmivalu, aínda que está aberto ao público en xeral.

Tras a excelente acollida colleitada en 2010, a proposta músico-teatral creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a asociación de Concellos e Deputacións percorrerá este ano un total de 42 Administracións socias. O espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia.

Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, ‘Contos coas mans abertas’ é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e grandes soños. Son contos para mellorar e entender o mundo.

Mulleres da aldea, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes ou unha tribo bosquimá son algúns dos protagonistas das historias de Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súa inquedanza pola narración oral no proxecto A Tropa de Trapo. Desde entón levan percorrido toda Galicia, e mesmo outras Comunidades Autónomas, facendo reflexionar a nenos, mozos e maiores cos seus diferentes espectáculos.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 96 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galego no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste xeito de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.

Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití e mantén aberta unha conta de emerxencia para contribuír a paliar a crise alimentaria no Corno de África.

OFERTAS DE EMPREGO

Profesor de formación de adultos no Concello de Padrón
Martes, 11 Outubro 2011
O Concello de Padrón convoca un procedemento de selección para a provisión temporal dun posto de traballo de profesor ou profesora de formación… Ler máis…
Convocada 1 praza temporal de enxeñeiro informático na UDC.
Luns, 10 Outubro 2011
A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (6 meses), como colaborador nas tarefas vinculadas ao proxecto. Técnicas e ferramentas para o… Ler máis…
Convocada 1 praza temporal de técnico superior de actividades técnicas na Coruña.
Luns, 10 Outubro 2011
O Ministerio de Ciencia e Innovación, convoca no CSIC , unha praza de técnico superior de actividades técnicas e profesionais. O prazo de… Ler máis…
Persoal docente e investigador. USC
Luns, 10 Outubro 2011
A Universidade de Santiago de Compostela fai unha convocatoria pública de persoal docente e investigador contratado.Prazas convocadas polo… Ler máis…
Convocadas prazas de sarxento de bombeiros.
Luns, 10 Outubro 2011
O Goberno Autonómico de Navarra, convoca 5 prazas de bombeiro sarxento, polo sistema de concurso-oposicion.O prazo de presentación de solicitudes… Ler máis…
Convocada 1 praza de arquitecto no Concello de Baiona.
Luns, 10 Outubro 2011
O Concello de Baiona, convoca 1 praza de arquitecto, polo sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días… Ler máis…
Convocadas prazas de persoal laboral.
Luns, 10 Outubro 2011
O Concello de Algarrobo (Málaga), convoca 2 prazas de operario de mantemento, 1 de conserxe, 1 de operario de máquina de limpeza e 1 de monitor… Ler máis…
Bolsa de emprego no Concello de Pedrafita do Cebreiro
Luns, 10 Outubro 2011
O Concello de Pedrafita do Cebreiro fai unha convocatoria pública para a formación de bolsas de emprego dos postos de Oficial de 1ª (albanel),… Ler máis…
Bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar do Concello de Cervantes
Luns, 10 Outubro 2011
O Concello de Cervantes fai unha convocatoria pública para actualizar a bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar.Requisitos: posesión do… Ler máis…
Prazas na Deputación de Ourense
Luns, 10 Outubro 2011
A Deputación Provincial de Ourense convoca como persoal laboral temporal as seguintes prazas: Técnico en xestión documental: título de grao ou… Ler máis…
Convocada 1 praza temporal para licenciado en bioloxía na UDC.
Xoves, 06 Outubro 2011
A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal( 4 meses) para licenciados en bioloxía, para realizar tarefas no proxecto de monitorización da… Ler máis…
Convocadas 2 prazas temporais para enxeñeiro informática e licenciados matemáticas.
Mércores, 05 Outubro 2011
A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal para enxeñeiros informática e 1 para enxeñeiros informática ou licenciados en matemáticas. O… Ler máis…
Convocada 1 praza temporal para enxeñeiro informático na UDC.
Mércores, 05 Outubro 2011
A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal para enxeñeiro informático preferiblemente con Máster ou Dea (9 meses), como colaborador/a nas… Ler máis…
Convocadas prazas de Bombeiros, Técnicos e Técnicos medios no Concello de A Coruña.
Mércores, 05 Outubro 2011
O Concello de A Coruña, convoca 7 prazas de bombeiros, 5 de técnicos de administración xeral, 7 de técnicos medios da administración xeral polo… Ler máis…
Convocadas prazas de peón, enxeñeiro e auxiliar administrativo.
Mércores, 05 Outubro 2011
O Consorcio de Augas de Busturialdea (Bizkaia), convoca 2 prazas de auxiliar administrativo, sete de peón-operario, unha de enxeñeiro de camiños,… Ler máis…
Mecánico vehículos industriais
Luns, 10 Outubro 2011
Empresa en Alava precisa mecánico vehículos industriais.Se valorará carné de conducción D. Posibilidade de vivenda.Interesados chamar ó tfno:… Ler máis…
Secretario/a de dirección
Luns, 10 Outubro 2011
Importante empresa no área de Santiago, selecciona: secretaria/o de dirección.Imprescindible dominio de inglés, experiencia en posto similar ou… Ler máis…
Secretario/a de dirección
Luns, 10 Outubro 2011
Importante empresa no área de Santiago, selecciona: secretaria/o de dirección.Imprescindible dominio de inglés, experiencia en posto similar ou… Ler máis…
Comerciais textiles
Luns, 10 Outubro 2011
Empresa líder en fabricación textil corporativo, naútico e deportivo con estudio, fabricación e comercialización de agasallos de empresa,… Ler máis…
Varios postos para tendas
Luns, 10 Outubro 2011
Cadena de Tendas precisa incorporar en A Coruña, Santiago e Vigo:-xefe/a de vendas (comercialización, planificación e estratexía da cía a nivel… Ler máis…
Vendedores de baños&cerámica
Luns, 10 Outubro 2011
Jesús Babío selecciona vendedores de baños&cerámica para os seus centros de Ferrol e Perillo (Oleiros) na provincia de A Coruña.Se… Ler máis…
Profesores Autodesk 3ds Max
Luns, 10 Outubro 2011
Imprescindible:-titulación/experiencia afín ó posto.-dominio 3ds Max: Modelado, Renderizado e Animación.-residencia en A Coruña ou cercanías.Se… Ler máis…
Xefe/a de Producción
Luns, 10 Outubro 2011
Importante empresa do sector Naval, con sede en Asturias, precisa incorporar un xefe/a de producción.Se require:-mínimo de 6 anos no sector da… Ler máis…
Operario de Mantenemento
Luns, 10 Outubro 2011
Sistemas Técnicos de Accesorios e Mantenemento SL., empresa de Padrón dedicada á fabricación de ferraxes, xuntas de estanqueidade, perfis de… Ler máis…
Ofertas do Servizo de Emprego Público 10/10/2011
Luns, 10 Outubro 2011
Condutores de camión, en xeral – localidade: vigo (pontevedra) nº oferta: 12/2011/10472 requisitos chofer de primeira con experiencia no sector… Ler máis…
Patronistas
Luns, 03 Outubro 2011
CH Carolina Herrera & Purificación García interesan contratar Patronistas. Imprescindible mínimo de cinco años de experiencia.Interesados enviar… Ler máis…
Comercial vendas PVC
Luns, 03 Outubro 2011
Silmaplast interesa contratar Comercial Vendas PVC, con experiencia en venda directa, valoramos coñecemento: fiestras, obras, marketing… Ler máis…
Mecánico de maquinaria
Luns, 03 Outubro 2011
Volmaquinaria de Construcción España, SAU, empresa líder na distribución, venda e reparación de Maquinaria de Construcción e Obras Públicas,… Ler máis…
Auxiliar administrativo
Luns, 03 Outubro 2011
Se necesita auxiliar administrativo, con experiencia mínima de dous anos en loxística.Interesados enviar CV a laboral13@gmail.comLa Voz de Galicia… Ler máis…
Comercial
Luns, 03 Outubro 2011
Se necesita comercial con experiencia e referencias para concesionario automóviles zona Ferrol (A Coruña).Idade 25-40 anos.Interesados chamar por… Ler máis…

OFERTAS DE EMPREGO Actualizadas a 10-10-2011

LOCALIDADE
POSTO DE TRABALLO OUTROS DATOS
Valga Técnico sistemas informáticos Formación FPII en sistemas informáticos ou Técnico superior en Administrativo. Experiencia 2 anos
Vilagarcía Cociñeiro Axte Idade entre 18 e 35 anos. Xornada parcial
Vilagarcía (Carril) Cociñeiro/pasteleiro Idade máxima 30 anos. Experiencia
Vilagarcía Axente comercial Ter unha discapacidade superior ao 33% e sen problemas de mobilidade. Experiencia 6 meses
Vilagarcía Camareiro Axte Idade entre 18 e 35 anos. Xornada parcial
Catoira Camareiro Carné de conducir e coche propio
Vilagarcía Dependente de elecgtrodomésticos Idade entre 25 e 45 anos. Exper. 6 meses. Oficial 1ª

Máis ofertas

►EMPREGO XUNTA

►CIMO EMPREGO

►RED TRABAJA

Máis información:

info@aeira.es

BOLSA NO CENTRO NACIONAL DE TRANSPLANTES

Bolsa no Centro Nacional de Transplantes
Imprimir
image_transplanteO Centro Nacional de Transplantes e Medicina Rexenerativa convoca unha bolsa orientada á optimización da doazón e o transplante de órganos, tecidos e células e ao fomento do coñecemento e a investigación en transplantes.
Requisitos:
Estar en posesión do título de licenciado, ou de grao no seu caso, en Medicina, Farmacia ou Bioloxía.
A contía será de 1.354,81 € mensuais.
O prazo para solicitar a bolsa estará aberto ata o 18 de outubro de 2011.
Máis información no BOE do 1 de outubro de 2011 e en www.ont.es

BOLSAS NO PARLAMENTO DE GALICIA

Bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia
Imprimir
parlamentoO Parlamento de Galicia convoca as seguintes bolsas:

5 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
1 bolsa de formación en comunicación institucional.
1 bolsa de formación en publicacións.
2 bolsas de formación en informática.
1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.

- 5 bolsas formativas co obxecto de realizar estudos e traballos de carácter arquivístico, bibliotecario e documental. Requisitos das persoas solicitantes: ser licenciada en documentación ou diplomada en biblioteconomía e documentación.

- 1 bolsa para a realización de estudos e traballos sobre comunicación institucional: poderán solicitar a concesión da bolsa as licenciadas e os licenciados universitarios españois en facultades de Ciencias da Comunicación, ou de Ciencias Sociais e da Comunicación.

- 2 bolsas para a formación práctica de persoal informático: poderán solicitar a concesión da bolsa as persoas con licenciatura ou diplomatura universitaria
en informática.

- 1 bolsa para a formación práctica de persoal técnico de publicacións: poderán solicitar a concesión da bolsa aquelas persoas que posúan licenciatura universitaria en tradución e interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1.ª lingua ou lengua A1) sexa a lingua galega, ou licenciatura en filoloxía galega.

- 1 Bolsa de xestión parlamentaria: licenciatura en ciencias políticas e da administración ou en dereito

Requisitos:

As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2005-2006 ou en anos posteriores, o cal deberá acreditarse ao termo do prazo de presentación das solicitudes.
Ter nada despois do 31 de decembro de 1981.
Ter un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Non resultar beneficiaria dunha bolsa en convocatorias anteriores no Parlamento de Galicia.

As bolsas terán unha duración de doce meses. A contía total das bolsas será de 12.000 € brutos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o  26 de outubro de 2011.

As solicitudes están dispoñibles en www.parlamentodegalicia.es e no Boletín do Parlamento do 26 de setembro de 2011.

Máis información no DOG do 6 de outubro de 2011
Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do 26 de setembro de 2011
www.parlamentodegalicia.es