Archivo por diciembre de 2011
BO NADAL
dic 25
Plantación

“Monte Beiro: un monte de todos” nace como unha iniciativa conxunta das asociacións A Eira (Valga) e Dobre Espacio (Vilagarcía de Arousa) como unha prolongación do programa “Cambio climático: informacion, detección, prevención”. Colaboraron: Concello de Valga, Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Cordeiro, C.E.P. Xesús Ferro Couselo, C.E.I.P. Baño e Asmivalu.
“Cambio climático: información, detección, prevención” foi un ambicioso proxecto desenvolvido, en diferentes zonas de Galicia en colaboración con outras organizacións locais ao longo dos anos 2010 e 2011 e co apoio e a financiación da Consellería de Medio Ambiente. Recollemos aquí só algúns dos datos máis salientables:
-70.000 metros cadrados reforestados con especies autóctonas (5.250 árbores e arbustos empregados)
-3.000 metros cadrados de viveiros experimentais (350 árbores, arbustos e flores)
-717 participantes directos e 34 organiacións colaboradoras (asociacións, comunidades de montes, concellos, centros educativos e empresas privadas)
Agora, con “Monte Beiro: un monte de todos”, o reto é realizar unha intervención na que conxugar os valores naturais, paisaxísticos e etnográficos do entorno e potencialos, coa participación de todos os veciños, recreando un pequeno bosque secundario con 320 pés de árbores e arbustos do país.
En breve colgarase a guía didáctica en formato dixital.
| Formación práctica para doutores no CSIC | ![]() |
![]() |
A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca concurso para a incorporación de persoal con grao doutor para a súa formación como técnico de transferencia de coñecemento, mediante contrato en prácticas, no marco do programa «Xunta para a Ampliación de Estudos».A dotación destes contratos será de 27.540,24 euros brutos anuais para o ano 2012. Requisitos: a) Estar en posesión do título de Doutor. b) Non ter transcorrido máis de dez anos dende a data de obtención do doutorado (data de lectura e aprobación da Tese doutoral). Os doutores contratados incorporaranse e traballarán na Vicepresidencia Adxunta de Transferencia do Coñecemento do CSIC (3), o Instituto de Física de Cantabria (1), o Centro de Ciencias Humanas e Sociais de Madrid (1) e na Delegación do CSIC en Cataluña (1), O prazo de presentación de solicitudes estará aberta ata o 31 de decembro de 2011. Máis información no BOE do 8 de decembro de 2011 e en www.csic.es |
| Bolsa do Real Instituto e Observatorio da Armada | ![]() |
![]() |
O Real Instituto e Observatorio da Armada convoca unha bolsa de axuda á investigación a desenvolver utilizando os medios instrumentais, histórico-artísticos e bibliográficos da Institución, sobre os seguintes temas de actividade científica e cultural do Real Instituto e Observatorio da Armada:
Astronomía, Xeodesia, Xeofísica, Metroloxía e Historia Poderán optar a esta bolsa todos os españois sen límite de idade que acrediten experiencia, traballos ou certificados académicos relacionados coa presente convocatoria. |
| Bolsas de Introdución á Investigación no CSIC | ![]() |
![]() |
A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, convoca 100 bolsas destinadas a alumnos matriculados nos cursos intermedios de carreira, en Facultades e Escolas Técnicas Superiores Universitarias. As bolsas convócanse no marco do Programa «Xunta para a Ampliación de Estudos»Requisitos: Ter aprobados máis do 40% e menos do 70% dos créditos correspondentes á súa titulación. Estar matriculado durante o curso 2011-2012 nunha Facultade ou Escola Técnica Superior Universitaria en materias que somen un número total de créditos igual ou superior a 50. Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Licenciado, Enxeñeiro Superior ou Arquitecto. Ter obtido unha nota media igual ou superior a 1,50 para alumnos de Escolas Técnicas Superiores e a 2 para alumnos do resto de ensinanzas. A contía total das bolsas será de 1.500 € cando a distancia entre a súa localidade de residencia e a localidade de situación do Centro onde vaia cumprir o seu plan de traballo, sexa inferior a 60 km e de 2.000 € para distancias iguais ou superiores O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de xaneiro de 2012. As solicitudes están dispoñibles en https://sede.csic.gob.es Máis información no BOE do 10 de decembro de 2011 e en www.csic.es |
| Recoñecemento de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral | ![]() |
![]() |
A Dirección Xeral de Formación e Colocación convoca o procedemento para a avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 2.450 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
«Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2)» Certificados de profesionalidade e as súas unidades de competencia Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: Desenvolver intervencións de atención física domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades de atención sociosanitaria Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: Preparar e apoiar as intervencións de atención ás persoas e ao seu contorno no ámbito institucional indicadas polo equipo interdisciplinar Operacións básicas de restaurante e bar: Asistir no servizo de alimentos e bebidas Confección e mantemento de artes e aparellos: Confeccionar e montar artes e aparellos de pesca Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial: Trazar e mecanizar tubaxes. Requisitos de participación no procedemento: 1) No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Para as unidades de competencia de nivel I requiriranse 2 anos de experiencia laboral cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria. 2) No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Para as unidades de competencia de nivel I, requiriranse polo menos 200 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria Os candidatos maiores de 25 anos que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisoria no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral ou aprendizaxes non formais de formación. O prazo de inscrición para a convocatoria das unidades de competencia das cualificacións profesionais de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e de Confección e mantemento de redes e aparellos estará aberto ata o 31 de decembro de 2011. O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial e Operacións básicas de restaurante bar será desde o 1 ao 31 de marzo de 2012. Información: Cualificación profesional: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio. CIFP de Santiago. San Paio do Monte, s/n. 15898 Santiago de Compostela. 981 56 31 33 Cualificación profesional: Operacións básicas de restaurante bar. CIFP de Santiago. San Paio do Monte, s/n. 15898 Santiago de Compostela. 981 56 31 33 Cualificación profesional: Confeción e mantemento de artes e aparellos. Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol. Rúa Aneiros, s/n 15405 Ferrol. 981 35 95 49 Cualificación profesional: Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial. CFO de Ferrol. Avda. do Mar, 35 (Caranza) 15406 Ferrol. 981 32 12 11 Consellería de Traballo: http://traballoebenestar.xunta.es Instituto das Cualificacións: http://emprego.xunta.es/cualificacions/ Máis información no DOG do 30 de novembro de 2011. |



A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca concurso para a incorporación de persoal con grao doutor para a súa formación como técnico de transferencia de coñecemento, mediante contrato en prácticas, no marco do programa «Xunta para a Ampliación de Estudos».
O Real Instituto e Observatorio da Armada convoca unha bolsa de axuda á investigación a desenvolver utilizando os medios instrumentais, histórico-artísticos e bibliográficos da Institución, sobre os seguintes temas de actividade científica e cultural do Real Instituto e Observatorio da Armada:
A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, convoca 100 bolsas destinadas a alumnos matriculados nos cursos intermedios de carreira, en Facultades e Escolas Técnicas Superiores Universitarias. As bolsas convócanse no marco do Programa «Xunta para a Ampliación de Estudos»
A Dirección Xeral de Formación e Colocación convoca o procedemento para a avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 2.450 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de: