Formación práctica para doutores no CSIC PDF Imprimir
csicA Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca concurso para a incorporación de persoal con grao doutor para a súa formación como técnico de transferencia de coñecemento, mediante contrato en prácticas, no marco do programa «Xunta para a Ampliación de Estudos».
A dotación destes contratos será de 27.540,24 euros brutos anuais para o ano 2012.
Requisitos:
a) Estar en posesión do título de Doutor.
b) Non ter transcorrido máis de dez anos dende a data de obtención do doutorado (data de lectura e aprobación da Tese doutoral).
Os doutores contratados incorporaranse e traballarán na Vicepresidencia Adxunta de Transferencia do Coñecemento do CSIC (3), o Instituto de Física de Cantabria (1), o Centro de Ciencias Humanas e Sociais de Madrid (1) e na Delegación do CSIC en Cataluña (1),
O prazo de presentación de solicitudes estará aberta ata o 31 de decembro de 2011.
Máis información no BOE do 8 de decembro de 2011 e en www.csic.es