| Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais | ![]() |
![]() |
| A Asociación Chísem impartirá o Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais para profesionais do ámbito educativo, asociativo e tempo de lecer. Destinatarios: Psicólogos/as, pedagogos/as, educadores/as, profesores/as, monitores/as de tempo libre e/ou todas aquelas persoas que traballen no eido da educación, xa sexa formal ou informal, con nenos/as ou adolescentes. Obxectivos: 1. Fomentar o emprego de HHSS como factor positivo no desenvolvemento das persoas. 2. Adquirir ferramentas útiles para desenvolver de forma satisfactoria as HHSS no colectivo en que se traballe. 3. Deseñar e realizar actividades efectivas para o traballo en HHSS. 4. Mellorar as nosas técnicas e habilidades como educador/a; manexo de grupo, comunicación… Lugar: Asociación Chísem. Prevención e Intervención Psicolóxica. Polígono Picaraña, Sector A, Rúa 1, Edificio 10, Oficina 6. 15980 Padrón (A Coruña). Datas: 3 e 4 de febreiro, cunha duración total de 12h. Prazo de inscrición: 30 de xaneiro. Prezo: 40 €Máis información na Asociación Chísem: www.chisem.es |

