| Roteiros de inverno: programa de saídas de fin de semana | ![]() |
![]() |
O próximo 17 de xaneiro abre o prazo de inscrición en Roteiros para a xuventude, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal que lle permita acceder a un tempo libre de calidade.
Ofértase un total de 336 prazas, 96 no Albergue Xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña) e 240 no Aeródromo da Fervenza – Pazos no Concello de Mazaricos (A Coruña), entre os meses de febreiro e marzo. Un total de oito fins de semana onde a oferta de actividades é variada: dende windsurf e barco escola, piragüismo, rappel, escalada en rocódromo ata kaiak, paintball e navegación en cruceiro. O paquete de actividades inclúe veladas temáticas (náutica e medieval, respectivamente). |


O próximo 17 de xaneiro abre o prazo de inscrición en