Archivo por febrero de 2012

ENAMORA 2012 – I CONCURSO CARTAS DE AMOR A EIRA

TRABALLOS SELECCIONADOS

Querida amiga:

Dende que te vin, son feliz. Quérote moito, meu cariño. Dende o primeiro día en que te vin, namoreime de ti. Non te podo esquecer. A túa mirada atrapoume, non sei si a miña mirada che fixo tanto dano como a túa me fixo  min. Foi un frechazo que me rompeu o corazón en mil cachos. A miña vida sen a túa presenza non ten sentido. Os teus cabelos dourados recórdanme aos campos de trigo. Os teus ollos azuis fanme recordar as noites que pasei ao teu lado sen ti decatarte do que eu sentía por ti. O teu sorriso inspírame moita satisfacción. Polas noites non podo durmir pensando en ti. Todo en ti é marabilloso. Espero con ansia que ti me correspondas e, se podemos, vernos pronto. Este martes 14 de febreiro estarei ás 5 da tarde na Alameda agardándote. Levarei un caravel vermello na solapa. Espero que veñas á cita e que me queiras ti a min como eu a ti e que sexamos moi felices.

Ata pronto, linda flor de primavera.

CENTRO DE DÍA VALGA

27 ANOS DESPOIS

Tiña 17 anos cando te coñecín,

tiña 17 anos cando me namorei.

A túa sonrisa delataba,

que eu che gustaba,

os teus ollos brilando,

o teu tartamudeo,

a túa inocencia,

craváronse en min,

coma frecha de Cupido.

Pídoche a bailar,

disme que non,

non entendo nada.

Pensei que che gustaba.

Xogabas a un xogo,

o xogo dos 17 anos,

o xogo da nena namorada,

canto eu máis insistía,

máis ti te alonxabas,

non querías dar a ver,

que eu che gustaba.

Ata que o fin, sen decir nada,

so coa mirada,

collinte pola cintura,

arrrimeite a min,

e eiquí estou,

27 anos despois,

sentindo o mesmo

que cando tiña 17 anos,

Quérote Ana,

a miña namorada.

Miguel

 

Pregúntome se te quero, sí, quérote a ti. Por iso é o que levo esperando dende hai uns meses, aquí xa non fago nada … E se non ves … Eu mesmo hei buscarte!  Hei buscarte ata encontrarte, e non voltarei atrás, porque sei que contigo hei estar ben, onde agora mesmo desexo estar.

Sí, quérote a ti. Pregúntome se querer é desexar. É suplicar por ter iso que desexas, entón é desexar. Pero, que é desexar, desexar é … Desexar non se pode explicar. Porque o que eu desexo es ti, pero outros desexan outras cousas. Parece raro en min, cos meus anos, moitas persoas da miña idade estarían mirándome con cara de incrédula. Pero agora estou falando do hoxe e non do onte. Hoxe onde os homes desexan mulleres, desexan homes, desexan sexo, coches e outras historias máis. Hoxe onde as mulleres desexan homes, desexan mulleres, desexan liberdade, agarimos, felicidade, … Os nenos desexan diversión, as nais desexan a felicidade dos seus fillos,…E así poderíase seguir con unha e mil cousas máis.

Todo iso é querer, polo tanto, porque non te vou poder desexar? Porque non vou poder ansiarte, Porque?

Todo vale, todo cambiou. Déixame desexarte. Déixame quererte. Déixame sentirte …. Chegar …. Fría.

Sei que has vir, xa mo advertiron, así que déixate querer. Contigo xa nada vai volver a ser igual. Contigo hei estrar tranquilo. !Claro que o hei estar!.

Síntote chegar, porque o ambiente está calmado …

Sei que ninguén quere que me veñas buscar, máis eu dígoche que non fagas caso …

Déixate querer e ven buscarme que contigo hei ir …

Ata aquí chegou a miña fin.

NOEMÍ


 

CURSO DE FOTOGRAFÍA

CURSO DE FOTOGRAFÍA

A Asociación A EIRA, en colaboración co Estudio de Fotografía PARDAGUNDE, organizan un curso de FOTOGRAFÍA.

HORAS: 36

INSCRICIÓNS:

aeiraaeira@yahoo.es

Omix

Auditorio

PRAZO: 29 febreiro

 

CURSO APTITUDE PROFESOR FORMACIÓN VIAL

Curso para obter o certificado de aptitude de profesor de formación vial PDF Imprimir
autoescolaA Dirección Xeral de Tráfico (DGT) convoca un Curso para obter o certificado de aptitude de profesor de formación vial. O curso, que terá carácter teórico e práctico, constará de dúas fases: unha de ensino a distancia e outra de formación presencial no centro onde o curso se celebre.
As quendas da fase de presencial terán lugar en Alicante, Cantabria, Madrid, Málaga, Las Palmas de Gran Canaria, Palma de Mallorca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Valladolid e Zaragoza.

PROBA PREVIA DE SELECCIÓN:
As persoas aspirantes serán sometidas a unha proba previa de selección que consistirá na realización de dúas probas eliminatorias, unha teórica e outra práctica.
A proba teórica, que versará sobre normas relativas a condutores, vehículos e circulación, sinais reguladores da circulación e cuestións de seguridade vial, terá carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito, en impreso facilitado ao efecto, a un cuestionario de 30 preguntas sobre as materias antes indicadas, seguindo un sistema de elección múltiple.
A proba práctica versará sobre técnica e dominio da condución e circulación en vías abertas ao tráfico, e terá unha duración mínima de trinta minutos.
Requisitos:
Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.
Ser titular do permiso de condución da clase B que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, polo menos, cunha antigüidade mínima de dous anos.
Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen para a obtención dun permiso do grupo 2.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de febreiro de 2012.

Máis información no BOE do 20 de xaneiro de 2012 e en www.dgt.es

 

XUVENTUDE E SOCIEDADE

Xuventude e Sociedade PDF Imprimir
MASTER

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a traves do Master Oficial en Xuventude e Sociedade organiza a Conferencia “Recursos e políticas públicas da xuventude en Galica”.

Ponente:

Ovidio Rodeiro Tato

Director Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Destinatarios: A comunidade universitaria e interesados en xeral.

Data: 09 de febreiro de 2012

Hora: 18:15 hrs.

Enderezo: Salón de Graos. Facultade de Ciencias Políticas e Sociais . USC.

Mais Información: felipeandres.aliaga@usc.es

 

 

INFORME SEMANAL

Informe Semanal do 30 de Xaneiro de 2012 PDF Imprimir
iforme semanal3

 

 

Revisa as novidades desta Semana

 

CURSO CARRETILLERO

CONVOCATORIA DE ALUMNOS, INSCRITOS EN CURSO CARRETILLERO, co fin de ORGANIZACIÓN DE GRUPOS e establecer horarios.

DIA:9 FEBREIRO

HORA 19:00h

LUGAR: AUDITORIO

NOTA:LEVAR FOTOCOPIA DNI e FOTO TAMAÑO CARNÉ

TARXETA DA CONSTRUCIÓN – VALGA

TARXETA DA CONSTRUCIÓN

CHARLA-COLOQUIO SOBRE TARXETA DE CONSTRUCIÓN

DÍA: 9 FEBREIRO

HORA: 20:00

LUGAR: AUDITORIO