Querida amiga:
Dende que te vin, son feliz. Quérote moito, meu cariño. Dende o primeiro día en que te vin, namoreime de ti. Non te podo esquecer. A túa mirada atrapoume, non sei si a miña mirada che fixo tanto dano como a túa me fixo min. Foi un frechazo que me rompeu o corazón en mil cachos. A miña vida sen a túa presenza non ten sentido. Os teus cabelos dourados recórdanme aos campos de trigo. Os teus ollos azuis fanme recordar as noites que pasei ao teu lado sen ti decatarte do que eu sentía por ti. O teu sorriso inspírame moita satisfacción. Polas noites non podo durmir pensando en ti. Todo en ti é marabilloso. Espero con ansia que ti me correspondas e, se podemos, vernos pronto. Este martes 14 de febreiro estarei ás 5 da tarde na Alameda agardándote. Levarei un caravel vermello na solapa. Espero que veñas á cita e que me queiras ti a min como eu a ti e que sexamos moi felices.
Ata pronto, linda flor de primavera.
CENTRO DE DÍA VALGA
27 ANOS DESPOIS
Tiña 17 anos cando te coñecín,
tiña 17 anos cando me namorei.
A túa sonrisa delataba,
que eu che gustaba,
os teus ollos brilando,
o teu tartamudeo,
a túa inocencia,
craváronse en min,
coma frecha de Cupido.
Pídoche a bailar,
disme que non,
non entendo nada.
Pensei que che gustaba.
Xogabas a un xogo,
o xogo dos 17 anos,
o xogo da nena namorada,
canto eu máis insistía,
máis ti te alonxabas,
non querías dar a ver,
que eu che gustaba.
Ata que o fin, sen decir nada,
so coa mirada,
collinte pola cintura,
arrrimeite a min,
e eiquí estou,
27 anos despois,
sentindo o mesmo
que cando tiña 17 anos,
Quérote Ana,
a miña namorada.
Miguel
Pregúntome se te quero, sí, quérote a ti. Por iso é o que levo esperando dende hai uns meses, aquí xa non fago nada … E se non ves … Eu mesmo hei buscarte! Hei buscarte ata encontrarte, e non voltarei atrás, porque sei que contigo hei estar ben, onde agora mesmo desexo estar.
Sí, quérote a ti. Pregúntome se querer é desexar. É suplicar por ter iso que desexas, entón é desexar. Pero, que é desexar, desexar é … Desexar non se pode explicar. Porque o que eu desexo es ti, pero outros desexan outras cousas. Parece raro en min, cos meus anos, moitas persoas da miña idade estarían mirándome con cara de incrédula. Pero agora estou falando do hoxe e non do onte. Hoxe onde os homes desexan mulleres, desexan homes, desexan sexo, coches e outras historias máis. Hoxe onde as mulleres desexan homes, desexan mulleres, desexan liberdade, agarimos, felicidade, … Os nenos desexan diversión, as nais desexan a felicidade dos seus fillos,…E así poderíase seguir con unha e mil cousas máis.
Todo iso é querer, polo tanto, porque non te vou poder desexar? Porque non vou poder ansiarte, Porque?
Todo vale, todo cambiou. Déixame desexarte. Déixame quererte. Déixame sentirte …. Chegar …. Fría.
Sei que has vir, xa mo advertiron, así que déixate querer. Contigo xa nada vai volver a ser igual. Contigo hei estrar tranquilo. !Claro que o hei estar!.
Síntote chegar, porque o ambiente está calmado …
Sei que ninguén quere que me veñas buscar, máis eu dígoche que non fagas caso …
Déixate querer e ven buscarme que contigo hei ir …
Ata aquí chegou a miña fin.
NOEMÍ
