Archivo por marzo de 2012

PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO

USC

voluntariosA Universidade de Santiago de Compostela (USC) propón programas de voluntariado no curso 2011-2012 para os membros da comunidade universitaria. As actividades desenvolveranse nos campus de Lugo e Santiago, dedicando de 2 a 3 horas á semana en entidades non luctativas. Os ámbitos a participar son: atención á diversidade, cooperación e desenvolvemento, voluntariado cultural, inclusión social, minorías étnicas, comunidade xitana, maiores, menores, saúde, saúde mental e comunidade universitaria.
Estas actividades están recoñecidas con créditos optativos para o alumnado de Grao e con créditos de libre configuración para o alumnado das Licenciaturas e Diplomaturas e Enxeñarías. O recoñecemento varía dependendo do número de horas de colaboración voluntaria.
Os requisitos para participar son:

• ter feito o Curso de Formación Básica en Voluntariado.
• inscribirse e participar na Aula Virtual de Actividades de Participación Social.
• cumprir co obxectivo da actividade encomendada.

Para aquelas persoas voluntarias que colaboren nalgunha das accións e que así o soliciten, a USC entregará un certificado de colaboración asinado pola Secretaria Xeral.

Para máis información sobre o desenvolvemento das actividades, inscricións…:

http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/secvol1/colaborentisocial.html

Campus de Santiago
Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua
Rúa das Casas Reais, 8
15782. Santiago de Compostela
Teléfono: 881 812 858 || 881 812 859 || 881 812 864
Correo electrónico: sepiu.santiago@usc.es
Campus de Lugo
Servizos Centrais do Campus de Lugo. Edificio Biblioteca Intercentros.
27002. Lugo
Teléfono: 982 823 594
Correo electrónico: sepiu.lugo@usc.es

BOLSAS PARA PRÁCTICAS EN EMPRESAS

CONVOCATORIA DE 46 BOLSAS PARA REALIZAR PRÁCTICAS EN EMPRESAS

UDC

Máis información www.udc.es
Prácticas profesionais en pequenas e medianas empresas durante tres meses destinadas ao estudantado da UDC – Curso 2011/2012
Ao abeiro do convenio co Programa Becas Santander CRUE CEPYME. Prácticas en Empresa (www.becas-santander.com), a Universidade da Coruña convoca 46 axudas destinadas ao estudantado da UDC para a realización de prácticas profesionais durante un período de tres meses en pequenas e medianas empresas.
1. OBXECTIVOS
Os obxectivos que se perseguen son:
a) Completar a formación teórica recibida polas persoas participantes coa experiencia de práctica en empresas.
b) Mellorar as posibilidades de emprego das persoas participantes.
c) Promover a realización de prácticas profesionais
d) Adquirir e mellorar as competencias profesionais, así como outras competencias transversais (versatilidade, capacidade de adaptación e de comunicación, autonomía persoal, toma de decisións…)
3. CARACTERÍSTICAS DAS PRÁCTICAS
Duración: a duración mínima do período de prácticas será de tres (3) meses. Este período poderá ampliarse tres (3) meses máis a instancia da empresa de acollida. O período de ampliación non poderá realizarse de xeito fraccionado e o pagamento da axuda correspondente á ampliación correrá á cargo da empresa.
Horario: o horario de realización das prácticas será entendido como de xornada completa.

Lugar: as prácticas poderanse realizar en calquera das empresas que participen neste programa.

Seguro: as prácticas realizadas en territorio nacional están cubertas polo tramo común do seguro Hac Luce. Si se levasen a cabo fóra do territorio nacional será o/a alumno/a o que teña que contratar o seguro que ampare a realización das prácticas.

4. CONTÍA DAS AXUDAS
A axuda ao estudo de 600 euros brutos/mes que poderá ser complementada con calquera outra axuda que a empresa queira ofrecer, será financiada polo programa Becas SANTANDER CRUE CEPYME Prácticas en Empresa. Esta cantidade estará suxeita á normativa de retencións establecida en materia da bolsa ou axuda ao estudo dos estudantes en prácticas ao abeiro dos Convenios de Cooperación Educativa.
Os prazos establecidos para a convocatoria son os seguintes:

Inscrición: ata o 31 de marzo de 2012.
Realización: ata o 30 setembro 2012.

 

ACCIÓN DE VERÁN

ACCIÓN DE VERÁN 2012 Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan no só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional. Acción de Verán é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de ocio para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros. As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar. Podes consultar toda a información referente a campaña Acción de Verán na páxina web de www.xuventude.net, no apartado de Acción de Verán.

CURSOS DE IDIOMAS NO ESTRANXEIRO

CURSOS DE IDIOMAS NO ESTRANXEIRO

Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

cursosidiomas2012

 

 

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de A Rioxa, Andalucía, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia, pon en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro 2012.

O programa de Cursos de idiomas no estranxeiro, pon á disposición da xuventude galega a posibilidade de viaxar a diferentes lugares do mundo, co obxectivo de poder aprender e perfeccionar unha nova lingua, e enriquecer a convivencia intercultural.

Recóllese unha amplia selección de cursos internacionais en máis de 100 prestixiosas escolas de idiomas, situadas en diferentes países.

Inglés, francés, alemán, italiano, portugués e ruso son os idiomas que se poden estudiar en diferentes países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemania, Italia, Portugal ou Rusia, entre outros.

Consulta toda a información en http://xuventude.xunta.es/cursos-de-idiomas-no-estranxeiro.html

 

DÍA INTERNACIONAL DE MULLER TRABALLADORA

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

8 de marzo

SEN MULLERES NON HAI GALICIA

Porque somos un piar fundamental de Galicia.

Pinche no seguinte enlace:

http://www.youtube.com/watch?v=PUWW-GlSXS8