Archivo por agosto de 2012

PRAZAS PARA ACUDIR A BRAGA – PORTUGAL

Benestar oferta 90 prazas para a mocidade para acudir a Braga, ás actividades da Capital Europea da Xuventude 2012
  • A iniciativa pon a disposición dos mozos e mozas, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, 30 prazas para os fins de semana do 12 de agosto, 1 e 8 de setembro
  • A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abre hoxe o prazo de inscrición que rematará ata cubrir a totalidade de prazas
  • A organización ofrece aloxamento en Braga e servizo de transporte desde as cidades de Santiago, Pontevedra e Vigo

LOGO_CEJ_HORIZONTALA Consellería de Traballo e Benestar abre hoxe o prazo de inscrición para que os mozos e mozas galegas, de entre 18 e 30 anos, podan acudir ás actividades programadas en Braga, a cidade lusa elixida este ano como a Capital Europea da Xuventude.

Para elo, a Dirección Xeral de Xuventude oferta un total de 90 prazas distribuídas en tres fins de semana diferentes, unha iniciativa que inclúe aloxamento en Braga e servizo de transporte desde as cidades de Santiago, Pontevedra e Vigo. Deste xeito, ofértanse 30 prazas para os fins de semana do 12 de agosto e 1 e 8 de setembro. Os interesados poden cursar xa a súa solicitude a través da web www.xuventude.net.

Os participantes poderán acudir o 12 de agosto, con motivo do Día Internacional da Xuventude, a diversas actividades de animación na praia fluvial de Adaúfe. Haberá 6 horas de música ininterrompidas coa presenza de bandas musicais emerxentes e DJ’s relevantes do panorama musical actual.

A música tamén será a protagonista nas actividades do 1 de setembro. Celebrarase  a ’Ponte party People’  con grupos musiciais e DJ’s no parque de Braga. E o 8 e 9 de setembro descorrerá a ‘Noite Branca’, un evento de 24 horas que ten como obxectivo principal transformar Braga nunha gran instalación artística, abrindo ininterrompidamente todas as áreas de entretemento, tanto espazos públicos e privados. Este evento permitirá a animación continua das rúas da cidade de Braga, con distintos espectáculos de artes performances e circenses, música e proxección multimedia, entre outros.

A posta en marcha destas prazas para a mocidade galega é unha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Emprende, financiado polo programa de cooperación transfronteiriza galicia-Norte de Portugal (Poctep). Un dos obxectivos principais deste proxecto é a mobilidade xuvenil e o intercambio de experiencias entre mozos de Galicia e o norte de Portugal.

Consulta as normas de participación

Formulario de inscripción

CONCURSO FOTOGRAFÍA

Concurso de Fotografía 2012 “Huellas en la Montaña”
fotografaPara participar neste concurso, organizado por National Geographic, todo o que tes que facer é presentar unha foto sobre o lema Huellas de Montaña.
As 20 imaxes máis votadas polo público recibirán un premio.
Un xurado técnico elixirá, entre todas as fotografías presentadas, tres gañadores que recibirán ata 3.000 euros, e seleccionarán as fotografías que se exhiban.
Pódense cargar fotografías online ata o 31 de agosto de 2012.
Mais detalles dispoñibles en: http://www.ims.bz/en/2012/programm/photo/photo-contest/important-information.html

 

CONCURSO CARTA DE SEGURIDADE VIAL EUROPEA

Concurso Carta de Seguridade Vial Europea 2012
SeguridadeSe tes entre 18 e 29 anos anímate a escribir un blog no portal do concurso Carta de Seguridade Vial Europea, sobre a importancia da seguridade na estrada.
O título do blog debería conter a frase – ‘ERSC Contest 2012′. O blog pode incluír ata tres fotografías ou un enlace a un vídeo.
Premios: unha bolsa no ámbito multicultural de Barcelona e contribuír no proxecto para mozos de seguridade Vial.
Prazo límite para presentar os traballos: 1 de outubro de 2012 pm CET.
Máis información dispoñible en: http://erscharter.eu/inaction/award/21443