Archivo por diciembre de 2012

BO NADAL

BO NADAL

FESTIVAL DE NADAL

XIMNASIA CONSCIENTE: MOVEMENTO E OBSERVACIÓN

MERCADILLO DE LIBROS

As alumnas e os alumnos das Seccións Bilingües de 3º e 4º ESO do IES Valga e maila súa coordinadora, a profesora de Inglés Marie-France Mayán, tiveron unha boa idea a fin de recadar fondos para a súa viaxe a Londres. Organizan a vindeira semana, do 17 ao 21 de decembro, un mercadillo de libros que está aberto a toda a comunidade. O mercadillo  estará aberto, ademais de en horario de mañá, o martes 18 e mércores 19 de 16.00 horas ata 19.00 horas.

Durante esta semana previa recollen libros de todos os que queiran colaborar, para logo vendelos a prezos moi económicos.

Estes alumnos irán a Londres para convivir con familias inglesas durante unha semana, nunha verdadeira inmersión lingüística que terá lugar no terceiro trimestre deste curso.

OBRADOIRO DE POESÍA

Obradoiro de poesía (Ana Gorría). Últimas tendencias na poesía española.
A Fundación Eugenio Granell presenta o primeiro obradoiro de poesía asociado aos Picaversos: Últimas tendencias da poesía española actual coordinado pola poeta Ana Gorría. Nel analizaremos a poética dos autores máis recentes e diversos do panorama estatal. Revisaremos a tradición que desenvolven e as súas diferenzas. Atenderemos á pluralidade de voces poéticas, incluídas as vascas, galegas e cataláns. O obradoiro está dirixido para todo aquel que teña como interese o mundo da poesía e todo o que a rodea.

Ana Gorría é mestra en Estudos Literarios pola Universidade Complutense de Madrid e licenciada en Filoloxía Hispánica pola UCM: Durante catro anos formouse como investigadora en artes escénicas no CSIC cunha bolsa do programa de formación de Profesorado Universitario. Como poeta, publicou os libros Clepsidra, Araña y los cuadernillos De lo real y su contrario y El presente desnudo, proxectos nos que a súa poesía dialoga con compositores como Juan Gómez Espinosa ou artistas plásticas como Pepa Cobo, Cristina Martos Vela ou Sonia Pulido. Realizou versións de poetas ingleses, como John Ash, e de poetas galegos como Chus Pato. Exerceu a crítica literaria no diario Público e publicou artigos en monográficos e revistas de especialidade como Cuadernos Hispanoamericanos, Ínsula, Nuevos Hispanismos, Afinidades o Sesión no numerada, da que forma parte do consello editorial.

Datas: 11, 12 e 13 de Decembro de 18:00 á 20:00.

Lugar: Lucernario da Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural, Santiago de Compostela)

Inscricións: 30€ / Prazas limitadas

Mais información: 981557242 / 659 888 709.

FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL

Pazo de Bendaña   Praza do Toural s/n

15705. Santiago de Compostela

tel. (+34) 981 57 21 24 tel. (+34) 981 57 63 94 fax. (+34) 981 56 40 69

web. www.fundacion-granell.org

 

EXCURSIÓN PARA MOZOS/AS

OFERTAS DE EMPREGO

http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19485

PENSAMENTO DO DÍA

BOLETÍN SEMANAL XUVENTUDE

http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/boletinxuventude_03_12_12.pdf