Archivo por enero de 2013

CURSO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA

A asociación Cultural e Xuvenil A Eira en colaboración co Estudio de Fotografía Pardagunde organiza un curso de Iniciación á Fotografía.

Grupos: sábados mañá ou tarde

Información:

info@pardagunde.es

Tel. 672 392 533

CURSO DE INICIACIÓN AO RETOQUE FOTOGRÁFICO

Nivel 1 e 2 (con photoshop)

A Asociación Cultural e Xuvenil A Eira en colaboración co estudio de Fotografía Pardagunde organiza un curso de iniciación ao retoque fotográfico (nivel 1 e 2) con photoshop.

Grupos: sábados mañá ou tarde

Máis información:

info@pardagunde.es

Tel. 672 392 533

BOLSAS

 

Bolsas de prácticas en Vigo-zoo
Bolsas para cursar bacharelato en Canadá.
Especialización e investigación en psiquiatría e psicoloxía.

Bolsas para estudar posgraos en Europa.
Bolsas para estudar MBA en Asia.
Estanzas no estranxeiro para profesores.

Podes consultar máis bolsas en http://xuventude.xunta.es/ensino-e-bolsas.html

 

ROTEIROS BOOTCAMP

 

Promocións Carné Xove: Roteiros Bootcamp
carnexove_frontal_2013DATAS:

MAIO:

  • 10, 11 e 12
  • 24, 25 e 26

XUÑO

  • 7, 8 e 9
  • 14, 15 e 16

INCORPORACIÓN:

Chegada o venres a partir das 20.00 horas, e saída o domingo a partir das 17.00.

INCLÚE:

  • Réxime de pensión completa dende a cea do venres ata o xantar do domingo.
  • Aloxamento en albergue. É necesario traer saco de durmir, roupa de aseo , roupa deportiva,…
  • Actividades a realizar durante o fin de semana: Fin de semana Bootcamp , rapel + rapel invertido, airsoft táctico, paintball táctico, Defensa Persoal, Orientación, Sendeirismo, Escalada, Expedición kaiak.
  • Sábado noite: velada chillout con barra libre de rocketfuel.
  • Incluído o seguro de responsabilidade civil, monitores e IVE.

TARIFAS:

  • Prezo: 80 euros.
  • Con carné xove en vigor: 69 euros.

OPCIONAL:

Posibilidade de realizar un bautismo de voo en ultralixeiro a prezo reducido de 30 euros sen necesidade de desprazarse da instalación.

PRAZAS:

Número máximo de 30 persoas por fin de semana.

INSCRICIÓNS:

  • Prazo de inscrición: máximo 5 días antes do inicio do fin de semana correspondente.
  • A documentación necesaria sería: fotocopia do DNI, xustificante do pagamento e fotocopia do carné xove en vigor, de ser o caso.
  • En caso de cancelación non se devolverá o importe.

Contacto en info@naturmaz.com , www.naturmaz.com

Teléfonos: 610 550 524 – 676 727 261.

ACCESO Á UNIVERSIDADE A MAIORES DE 25 ANOS

ACCESO Á UNIVERSIDADE A MAIORES DE 25 ANOS

Prazo: 14 febreiro

examen-2A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) convoca as probas de acceso a Universidade para maiores de 25 anos.
Soamente poderán concorrer á devandita proba, as persoas que cumpran os 25 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano natural no que se celebre a proba e que non posúan un título de bacharelato.
A Proba de Acceso á Universidade estruturarase en dúas fases: Xeral e Específica.

FASE XERAL
A Fase Xeral terá como obxectivo apreciar a madurez e idoneidade dos candidatos/as para seguiren con éxito estudos universitarios, así como a súa capacidade de razoamento e de expresión escrita.
Comprenderá catro exercicios:
1º Exercicio Comentario dun texto ou desenvolvemento dun Tema Xeral de Actualidade.
2º Exercicio Lingua Castelá.
3º Exercicio Lingua Galega.
4º Exercicio Lingua estranxeira, elixible entre: Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués.

FASE ESPECÍFICA
A Fase Específica terá por finalidade valorar as habilidades, capacidades e aptitudes dos candidatos/as para cursaren con éxito as diferentes ensinanzas universitarias vinculadas a cada unha das ramas do coñecemento en torno ás que se organizan os estudos universitarios oficiais de Grao.
A Fase Específica estruturarase nas cinco opcións seguintes vinculadas coas cinco ramas do coñecemento:
OPCIÓN A: Artes e Humanidades.
OPCIÓN B: Ciencias.
OPCIÓN C: Ciencias da Saúde.
OPCIÓN D: Ciencias Sociais e Xurídicas.
OPCIÓN E: Enxeñaría e Arquitectura.

Prazo de matrícula: ata o 14 de febreiro de 2013 nos LERDs.
Prezo: 63,67 €.
Probas: na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
Fase Xeral: 2 de marzo de 2013.
Fase específica: 9 de marzo de 2013.

Máis información na CIUG: 981 528 080 e en http://ciug.cesga.es

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

 

FP-LogotipoA Consellería de Cultura e Educación convoca probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013.

Ciclos Formativos de Grao Medio: prazo comprendido entre os días 25 de febreiro e o 8 de marzo de 2013.

A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2013 no seguinte horario:

Ás 9.00 horas: presentación.
Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
Os resultados das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio publicaranse o día 5 de xuño.
Poderán inscribirse nás probas de acceso quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio e teña cumpridos 17 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.

Ciclos Formativos de Grao Superior: prazo comprendido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2013.

A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro).
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 25 de abril de 2013:

Ás 9.00 horas: presentación.
Parte común da proba:
Das 10.15 ás 13.30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua castelá.
Parte específica da proba:
Das 16.00 ás 18.00 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao cal se desexe acceder.
Os resultados das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior publicaranse o día 10 de maio.

Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos 18 anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.

Máis información en www.edu.xunta.es/fp e no DOG do 21 de xaneiro de 2013

FEXUGA

http://www.fexuga.es/

PEQUENA GRAN COMPAÑÍA

O domingo, día 13 de Xaneiro ás 19.00 horas celebrarase no Auditorio Municipal de Valga o espectáculo “Son a túa nai, a túa esposa, a túa filla, a túa irmá”. A función correrá a cargo da Pequena Gran Compañía, unha agrupación multicultural que integra nos seus espectáculos a maior cantidade de ramas da arte posibles. Para iso contan con profesionais de diferentes lugares do mundo que fan da exhibición unha verdadeira exquisitez. Na dirección, arranxos, voz, guitarra, audiovisuais, declamación, composición, guión e trombón están Sergio Ariel Rodríguez Riarte e Amor Ferreira Meixela, de Arxentina e Cuba respectivamente. Piano: Cristian Leggiero de Italia, Coreografías e Danza: Anne Mary González e na Voz: Paty Lesta da Coruña, España. A Pequena Gran Compañía xorde en Outubro do ano 2010, e ten a súa sede na provincia Pontevedra, co obxectivo de crecer e enriquecerse a través da música, a literatura, a danza, as artes plásticas, etc. Os seus espectáculos son temáticos e utilizan o performance como medio de transmisión. En pouco máis dunha hora envólvennos nun halo de maxia, expectación e emocións unicamente truncado polo son dos aplausos. ENTRADA DE BALDE

BOLSAS PSICOLOXÍA E PSIQUIATRÍA

http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19853

OFERTAS DE EMPREGO

http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19485