Archivo por febrero de 2013

ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

roteiros2012Roteiros para a xuventude

 

 

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha, un ano máis, Roteiros para a xuventude, un programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.

Os obxectivos xerais desta actividade son ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e o coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o asociacionismo da mocidade galega, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente de grupo.

 

Destinatarios:

Persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

Inscricións:

Os interesados e interesadas neste programa poderán facer a reserva de praza a través de chamada telefónica, desde o día 26 de febreiro de 2013, aos números 981541689 / 981545822 / 981545937 / 981545702 e, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 horas.

No momento de facer a chamada darase a información oportuna sobre o xeito de facer o correspondente ingreso.

Documentación necesaria a presentar

  • Xustificante do pagamento e copia do Carné Xove, de ser o caso, que deberá ser remitido á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ao  enderezo electrónico roteiros.ctb@xunta.es.
  • Non se considerará confirmado ningún participante ao que lle falte algún dos documentos mencionados con anterioridade.

Aclaracións de interese

  • De non realizarse o pagamento da cota no prazo máximo de 48 horas, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado disporá da praza reservada.
  • Procederase á devolución da cota cando, por causas non imputables ao interesado, o servizo non se preste ou cando a Administración anule a actividade de que se trate.

Máis información

www.xuventude.xunta.es

Normas de desenvolvemento da actividade

  • Lémbrase aos/ás participantes da necesidade de respectar o descanso do resto das persoas, tanto das inscritas na actividade como das alleas a esta.
  • Ao comezo da actividade, os monitores solicitarán a cada un dos participantes a presentación do DNI ou documento acreditativo semellante.
  • Calquera persoa que non figure como participante nos datos da organización será excluído da actividade.
  • Calquera cambio na titularidade da praza debe ser consultado e autorizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como mínimo, 10 días antes do comezo da actividade.
  • É imprescindible saber nadar.
  • As actividades poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas.
  • As actividades do devandito programa son obrigatorias e a non execución destas, é motivo de expulsión, a non ser que exista causa xustificada.
  • É aconsellable chamar ao teléfono de contacto da empresa organizadora das actividades, co fin de obter información máis polo  miúdo da ruta, das características do aloxamento, do material necesario…
  • A hora da incorporación á actividade é o venres entre as 19:00 e 20:00 horas. O remate desta, será o domingo antes do xantar.
  • A cobertura das actividades non inclúen os desprazamentos (nin de ida nin de volta) entre o punto de partida e o lugar onde se desenvolven as actividades.
  • É moi importante utilizar un calzado axeitado, resistente, flexible e impermeable, xunto cuns calcetíns gordos que permitan que a bota e o pé estean axustados para evitar rozaduras.
  • Compre ter a man sempre algo de roupa de abrigo e para a choiva.
  • Nos días de moito sol é recomendable levar protección solar.
  • Non esquezades a tarxeta sanitaria e os útiles de aseo.

 

Instalación

Albergue Xuvenil de Gandarío – Bergondo (A Coruña)

Número de prazas

30 prazas por fin de semana

Datas de realización

Marzo: do 15 ao 17 e do 22 ao 24

Cota de inscrición

A cota de inscrición será de 54, 45 €

Os/as posuidores/as do Carné Xove, pagarán 49 €

Actividades

  • Padelsurf
  • Wakeboard
  • Windsurf
  • Vela
  • Kaiak
  • Inchable de arrastre acuático  wakeboard

 

Equipamento necesario

  • Saco de durmir
  • Calzado cómodo, chancas para as actividades no mar e traxe de baño.
  • Neceser de aseo
  • Toallas

Cobertura das actividades

  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto múltiple.
  • Transporte no ámbito da actividade.
  • Actividades con monitores-guía e material para o seu desenvolvemento.
  • Traxe de neopreno, licra identificativa e chaleco salvavidas.

Programa de actividades

  • Venres

19:00 h. Recepción dos participantes

20:30 h. Cea

Actividade nocturna

  • Sábado

8:30 h. Erguerse

9:00 h. Almorzo

Actividades pola mañá:  Padelsurf e wakeboard

14:00 h. Xantar

Actividades pola tarde: Windsurf e vela

20:30 h. Cea

Actividade nocturna

  • Domingo

8:30 h. Erguerse

9:00 h. Almorzo

Actividades pola mañá: Kaiak, inchable de arrastre acuático wakeboard

13:30 h. Fin da actividade

 

NOVIDADES EN BOLSAS

Novidades desta semana en Bolsas
Bolsas da Deputación de Lugo en Xestión Cultural

Bolsas de inglés para universitarios e estudos superiores

Bolsas de inglés para Bacharelato e graos medios

Bolsas de inglés para mestres e estudantes de maxisterio

Bolsas de posgrao da fundación Berrié da la Maza

Bolsas no Centro Europeo de Linguas Modernas

CURSO EN LIÑA: VOLUNTARIADO CON PERSOAS CON ALZHÉIMER

CURSO EN LIÑA: VOLUNTARIADO CON PERSOAS CON ALZHÉIMER

Prazo: 25 marzo


Inscrición curso en liña ‘Voluntariado con persoas con alzhéimer 2013′
Xa está aberto o prazo de inscrición dun novo curso en liña “Voluntariado con persoas con alzheimer 2013″.
Esta acción formativa impartirase a través da Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego do 1 ao 30 de abril.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de marzo ás 14:30 h.
Formulario de inscrición

Recorda que se xa eres alumno deste campus debes darte de alta accedendo ao teu panel de alumno.
Podedes estar puntualmente informados na páxina web voluntariadogalego.org ou no Facebook de Voluntariado Galego.

TESTER LINGÜÍSTICOS DE VIDEOXOGOS

TESTER LINGÜÍSTICOS DE VIDEOXOGOS
EA Campus 2013, testers lingüísticos de videoxogos
ea_campus_tester_linguisticos_dest01Un tester lingüístico é a persoa encargada de asegurar a calidade de todo o texto, tanto oral como escrito, que aparece nun videoxogo.

Requisitos: xóvenes maiores de 18 anos. Nivel alto de inglés.

Data de inscripción: 20/02/2013 – 15/03/2013

Dotación mensual: 300 euros

Máis información: www.fue.es/eacampus

RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL

 XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE O PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL EN INFORMACIÓN XUVENIL

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organiza varias xornadas informativas sobre o Procedemento de Recoñecemento da Experiencia Profesional en información xuvenil,  que se celebrarán en varios centros da Rede de Espazos Xove, nos lugares e datas que se indican no cadro que se anexa.

Estas xornadas están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas en participar no procedemento, tanto aos profesionais das Oficinas e Puntos de información xuvenil, como outras persoas con formación ou experiencia profesional neste ámbito.

Asi mesmo, o Centro Coordinador de Información Xuvenil pón a vósa disposición un servicio de información e orientación telefónica co seguinte horario:

De 09:00 a 14:30 – 881 99 76 08

 

 

LOCALIDADE CENTRO Data Horario
Santiago de Compostela CENTRO COORDINADOR DE INFORMACIÓN XUVENIL Martes 26 de febreiro 18.00 – 19.30 h
Santiago de Compostela CENTRO COORDINADOR DE INFORMACIÓN XUVENIL Mércores 27 de febreiro 11.00 – 12.30 h
Tui ESPAZO XOVE  DE TUI Mércores 27 de febreiro 17.30 – 19.00 h
Ourense ESPAZO XOVE  DE OURENSE Xoves 28 de febreiro 11.30 – 13.00 h
Vilagarcía de Arousa ESPAZO XOVE  DE VILAGARCÍA Venres 1 de marzo 11.00 – 12.30 h
Lugo RESIDENCIA XUVENIL “LUG I” Venres 1 de marzo 11.30- 13.00 h

ENAMORA 2013 II CONCURSO CARTAS DE AMOR

CARTA SELECCIONADA: PEKENO POETA 2013

Querida avoa:

Desde este recuncho da terra de Valga escríboche estas letras para decirche que eres, fuches e serás como un anxo para min.

Non hai día que non me acorde de ti, da túa cara, da túa sorrisa e da túa bondade.

Fuches unha das miñas tres nais, como sempre eu dixen, pero ti eras especial; non me rifabas nin nunca me levantaches a man, sempre tiñas para min sorrisas e boas palabras, fixese o que fixese.

Dicíache avoa, quería esto, e avoa sacábao de onde fora.

Viches finar á túa irmá con tres anos, na lareira cunha charamusca, viches como despois de irse o teu irmán tan novo para o ceo; o teu pai tamén se foi de pena porque eu si creo que de pena tamén se morre.

Xa o teu home ( o meu avó) levaba ao lado de Deus seis anos, cando decidiches embarcar rumbo hacia el.

Vin o teu último suspiro, o teu último alento, a túa última bocanada de aire e fúchesteme, non dixeches nin ai. Durmidiña como un paxariño, unha subida ao ceo, doce como solo ti merecías, despois de pasar todo o que pasaches na túa dura vida.

Ti si coñeceches ao teu bisneto, collíalo no medio dos brazos e comíalo a bicos. Non che vou poñer o nome do neno porque eu e ti xa o sabemos, pero que sepas como dícía el, “abuela luita”, que estás dentro de min, diante, aos lados, detrás. Estás comigo e cos meus.

P.D. Cando eu deixe de respirar, xúrovos avoa e avoiño, vouvos buscar aos dous e volvereivos a abrazar, a bicarvos e despois nunca nadie nos separará.

Quérovos.

PEKENO POETA 2013

ENAMORA 2013

ENAMORA 2013 – II CONCURSO CARTAS DE AMOR