Archivo por marzo de 2013

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO VERÁN

idiomas5A Consellería de Educación convoca axudas para realizar as actividades de formación lingüística durante o ano 2013 dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2013.

Requisitos:
a) Estar cursando, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2012/13,en Galicia, algún dos seguintes cursos:
1º, 2º, 3º e 4º da ESO
1º ou 2º de bacharelato e ciclos formativos de grao superior.
b) Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2011/12.
c) Ter acadado no curso 2011/12 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

Destinos:
Ciclos formativos superiores de formación profesional: Canadá.
2º bacharelato e 1º bacharelato: Canadá, Reino Unido e Francia.
3º e 4º educación secundaria obrigatoria: Inglés en Galicia no CDR de Vigo
1º e 2º educación secundaria obrigatoria: Inglés en Galicia no CDR de A Coruña

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de abril de 2013
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
Máis información no DOG do 22 de marzo de 2013 e en http://www.edu.xunta.es/axudasle

CICLO DE CINE CON FONDO

CURSO DE INGLÉS PARA VIAXAR

logo rixA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Inglés para Viaxar, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2013. O curso celebrarase no Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela.

Obxectivo do curso: desenvolver a competencia comunicativa en relación co uso da lingua inglesa en contextos de mobilidade.

Destinatarios/as: mocidade entre 18 e 30 anos de idade, que dispoñan do Carné Xove, e con coñecementos previos de inglés a nivel Bacharelato (nivel B1) ou ESO (nivel A2).

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación das solicitudes  e de acordo coas seguintes prioridades.

1º- Solicitantes que acrediten un nivel B1 de lingua inglesa: estudos de Bacharelato, Ciclo Medio de Formación Profesional, Ciclo Superior de Formación Profesional, estudos nas Escolas Oficiais de Idiomas.

2º- Solicitantes que acrediten un nivel A2 de lingua inglesa: estudos de ESO ou equivalentes.

Número de horas: 20 (12 horas de clases presenciales, divididas en 8 sesións de 90 minutos de duración, e 8 horas de clases a distancia).

Número de prazas: 20

Contidos:

  • Planning your trip.
  • Looking for accommodation.
  • Moving around.
  • Eating out.
  • What’s on?

Modalidade de impartición: semipresencial.

Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago de Compostela.

Datas de realización: do 4 ao 30 de abril. Martes e xoves de 12.00 a 13.30 horas.

Data de inscrición: do 5 ao 20 de marzo de 2013. Cubrir e enviar o seguinte formulario.

Formulario de Solicitude

TALLERES DE COMUNICACIÓN PARA XÓVENES CON CARÁCTER EMPRENDEDOR

Talleres de comunicación para xóvenes con carácter emprendendor PDF Imprimir
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, dentro do proxecto EMPRENDE, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), convoca  varios talleres master class de comunicación para mozos e mozas co fin de facilitar a aprendizaxe e o manexo da comunicación nun entorno onde a información é continua e circula constantemente: saber comunicar para  emprender un proxecto, para encontrar o traballo o que se aspira.  Hoxe a actitude, a linguaxe e a motivación son a clave fundamental para calquera actividade de emprendemento. EMPRENDEDORES

O proxecto Emprende, financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP), ten como obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para mozos e mozas, promovendo actividades que convertan o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais.

Obxectivo dos talleres

Fomentar o espírito emprendedor da xuventude e a súa capacidade de comunicación. No desenvolvemento dos talleres búscase fortalecer a capacidade de convición para encontrar a cooperación e complicidade, para desenvolver as fortalezas, as capacidades, as actitudes que permitan aos participantes afianzar as súas ilusións presentes e desenvolver as súas ideas  para o futuro que desexan.

Propóñense dous modelos de taller:

1 Comunicación e relacións humanas emprendedoras ( 4 horas)

Ten por finalidade manexar a nosa capacidade de comunicación nun entorno onde as relacións se establecen por confianza. Comunicar con precisión dando na clave.

No taller abordarase a importancia da comunicación desde unha posición de linguaxe e de relacións humanas, a psicoloxía e socioloxía desde unha posición sinxela e práctica, a expoñer a capacidade  no linguaxe verbal e non verbal, traballarase a comunicación para ser mais eficaces e o reforzo de actitudes para ser mais influentes.

2 Comunicación para falar en público (4 horas)

Ten por finalidade saber defendernos ante calquera situación onde teñamos que falar en público con fortaleza e seguridade.

Poder afrontar as situacións de liderado emprendendo,  ao fronte do tecido asociativo xuvenil  e/ou para acadar un traballo.

Abordará  entre outros temas: si queres emprender un proxecto con éxito, si queres encontrar  o traballo ao que aspiras e na empresa  que soñas, si queres levar a cabo un proxecto social. Expoñer con actitude e linguaxe adecuados, motivación e paixón son a clave.

Destinatarios

Preferentemente mozo e mozas entre 18 e 35 anos.

Datas e lugares de realización

1 Taller comunicación e relacións humanas emprendedoras:

-15 de marzo,  Espazo Xove de Tui (Rúa Sanz, 28)

-18 de marzo, Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela (Praza do  Matadoiro s/n)

-20 de marzo ,Espazo Xove de Lalín (r/ Pena Torre,2)

-2 de abril, Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa (r/ Juán Carlos I, 37)

- 3 de abril, Residencia Florentino López Cuevillas de Ourense,( dirixido a residentes)

Horario: os talleres impartiranse en horario de tarde de 16.30 h a 20.30 h

2 Taller  de comunicación para falar en público:

-20 de marzo, Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela (Praza do  Matadoiro s/n)

-21 de marzo, Espazo Xove de Lalín (r/ Pena Torre,2)

-22 de marzo, Espazo Xove de Tui (Rúa Sanz, 28)

-04 de abril, Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa (r/ Juán Carlos I, 37)

-05 de abril, Espazo Xove de Ourense (r/ Celso Emilio Ferreiro, 22)

Horario: os talleres impartiranse en horario de tarde de 16.30 h a 20.30 h, agás o Espazo Xove de Ourense que será de mañá de 10.30 h a 14.30 h

Inscricións:

Número máximo de prazas 25, mínimo 10 por taller.

As persoas interesada poderán facer a inscrición desde o día 6 de marzo de 2013 e ata cubrir a totalidade das prazas enviando o  formulario que está  a continuación.

As prazas serán cubertas por rigoroso orde de inscrición. Os participantes seleccionados recibirán un correo de confirmación.

Non ten costo para os participantes.

Para mais información : mobilidadexuvenil@xunta.es

Teléfonos: 981 545 822 e 981 545 702

FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

 

 

 

 

 

 

 

CURSO DE INFORMACIÓN XUVENIL

logo rixA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de información xuvenil semipresencial.

Obxectivos do curso

Dotar ao alumno dos recursos teórico-prácticos que lle permitan organizar e  xestionar servizos de información xuvenil así como accións de dinamización  da información de interese para a mocidade.

Contidos

1.- Organización e xestión de servizos de información de interese para a xuventude.

140 h:  Análise da realidade xuvenil en distintas contornas. Aplicación de estratexias e contidos das políticas de mocidade. Organización de servizos de información xuvenil. Xestión de servizos de información xuvenil. Aplicación dos fundamentos da información xuvenil. Análise de procedementos aplicables ao proceso de información xuvenil. Estruturación do proceso de información xuvenil. Aplicación de recursos específicos da información xuvenil. Intercambios de experiencias. Procesos de innovación informativa.

2.- Técnicas e estratexias de motivación á participación desde os servizos de información xuvenil. Utilización de espazos virtuais na información xuvenil.

Análise de medios de comunicación e a súa utilización polos SIJ. Deseño e organización de campañas informativas para mozas. 90 h.

Prácticas nun SIX. 120 h.

Destinatarios/as: Estudantes ou titulados en master de Xuventude ou master en estudos de Xuventude.

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación das solicitudes.

Número de horas: 350 h. 230 h. teóricas e 120 horas prácticas.

Número de prazas: 20

Modalidade de impartición: semipresencial.

Lugar de impartición: Facultade de Ciencias políticas e sociais da usc e centro coordinador de información e documentación xuvenil.

Datas de realización: do 21 de marzo ao 10 de xullo.

Convalidacións:

Os alumnos que teñan feitas ou recoñecidas prácticas en servizos de información xuvenil  con máis de 120 horas seránlle convalidadas automáticamente.

As persoas que teñan feitas prácticas recoñecidas no master de Xuventude e sociedade ou no master de estudos de Xuventude por máis de 150 horas poderánselle recoñecer despois de ver a súa adecuación ou mediante a realización dun traballo complementario.

As persoas que teñan aprobada a asignatura de Xestión de Centros para a Xuventude e Servizos de Información Xuvenil, convalidaránselle os 6 créditos, equivalente a 150 h. teóricas.

Data de inscrición: do 5 ao 15 de marzo de 2013. Cubrir e enviar o seguinte formulario.

Formulario de Solicitude.