Archivo por abril de 2013

CHARLA: A COMUNICACIÓN NA CASA. DERRIBANDO MUROS E CREANDO PONTES

Comunicación familiar, conflitos cos fillos, prevención de condutas de risco, consumo de alcohol e drogodependencias…

Luns, 22 abril

18.00 horas

Auditorio municipal

 

V ENCONTRO INTERXERACIONAL – A SEMENTEIRA DO TRIGO

II CONCURSO DE RELATOS CORTOS

 

DÍA EUROPEO DA INFORMACIÓN XUVENIL

dia_europeo_inforamcion_2013O vindeiro día 19 de abril celebrarase en Santiago de Compostela un Encontro de Informadores Xuvenís co motivo do día Europeo da Información Xuvenil. Neste Encontro conmemorarase os 30 anos de información xuvenil

Programa provisional:

9:30 h. Entrega de documentación.
10:00 h. Presentación
Apoio as políticas de xuventude no ámbito local
Ovidio Rodeiro Tato. Director Xeral de Xuventude e Voluntariado
10:45 h. Mesa Redonda: Fomento do emprego xuvenil
Medidas de fomento para o emprendemento xuvenil
O teu primeiro traballo eures
A Formación profesional dual en Alemania
Dirección Xeral de Emprego e Formación
12:00 h. Descanso
12:30 h. Tres décadas de Información Xuvenil.
José Alberto Crespo Jareño. Xefe do Servizo de Información e Emprego. INJUVE.
Suso Antelo Garcia Director do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
13:30 h. As Redes Sociais como ferramentas de socialización e difusión da información.
14:30 h Clausura

O lugar de celebración será o Hotel Congreso. Carretera da Estrada, km.3, Santiago (A Coruña)
O prazo de inscrición remata as 14.00 horas do luns 15 de abril de 2013.
A inscrición ao evento  realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude. Pregamos que marquedes a opción de Xantar no formulario para facer a reserva da comida.

FORMULARIO DE SOLICITUDE

Máis información no Centro coordinador de información e documentación xuvenil, teléfonos: 881 997 620/606/607

BOLSAS MAEC-AECID PARA ESTUDIOS ARTÍSTICOS NA ACADEMIA DE ESPAÑA EN ROMA

     
 
arteeO Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación convoca bolsas que teñen por obxecto a estanza para a ampliación de estudos artísticos na Academia de España en Roma de creadores, investigadores, restauradores españois e iberoamericanos para a realización de estudos, ou desenvolvemento de proxectos nesta durante o curso académico 2013-2014.
A duración das bolsas será do 1 de outubro de 2013 ao 30 de xuño de 2014, por trimestres naturais acumulables. Poderanse solicitar, polo tanto, bolsas para períodos de tres, seis ou nove meses, de acordo co tempo que se requira para a realización do proxecto.

Por parte da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) concederanse bolsas para as seguintes especialidades:

Artes visuais:
Escultura.
Pintura.
Fotografía.
Video-creación.
Cine.
Gravado.
Deseño.
Deseño de moda.
Deseño gráfico e netart.
Arquitectura.
Música e musicoloxía.
Artes escénicas.
Literatura (Bolsa Valle-Inclán).
Cómic.
Estética: teoría, filosofía e crítica da arte.
Museoloxía e comisariado de exposicións

Requisitos:
Ser cidadán español ou iberoamericano titulado universitario superior ou artista e creador de demostrable traxectoria, sen límite de idade, en áreas afíns a cada unha das especialidades mencionadas anteriormente.
Os solicitantes iberoamericanos, deberán ter a nacionalidade do seu país de orixe e non posuír a residencia en España.
En caso dos solicitantes procedentes dun país membro da Unión Europea deben posuír perfecto dominio do español e residencia oficial e cotiá demostrable en España, no momento de solicitar a bolsa.

A Academia de España en Roma é unha institución da Administración Xeral do Estado que ten por obxecto primordial contribuír á formación artística e humanística de creadores, restauradores e investigadores, coa finalidade derivada de lograr unha maior presenza cultural española en Italia, un mellor entendemento das culturas de ambos os dous países e unha maior vinculación cultural entre Europa e Iberoamérica.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 16 de abril ao 30 de abril de 2013.
Máis información no BOE do 9 de abril de 2013, en www.aecid.gob.es e www.raer.it

GRACIAS A TODOS E A TODAS