FICHA INSCRICIÓN NA XORNADA

BASES CONCURSO EMPRENDE EN VALGA E FICHA DE INCRICIÓN NO CONCURSO

Bases do concurso

Ficha inscrición

I XORNADA . EMPREGA-T EN VALGA

Programa

Obxectivo: MELLORA DA EMPREGABILIDADE

DIA: 26 outubro

10: 30-RELATORIO: HABILIDADES SOCIAIS E BUSCA ACTIVA DE EMPREGO (CURRICULUM EUROPASS, CARTA DE PRESENTACIÓN, COMO AFRONTAR A ENTREVISTA DE TRABALLO)

PONENTE: Teresa  Mª Gutierrez Moar. LICENCIADA EN PEDAGOXÍA E PROFESORA ADXUNTA DA USC

12:00- CAFÉ

12:30 MESA REDONDA

RELATORIO: DO MERCADO LOCAL  AO MERCADO INTERNACIONAL

O FUNCIONAMENTO DO SERVICIO PÚBLICO DE EMPREGO.

PONENTE: Sandra Santos Millet. ORIENTADORA LABORAL DE SGC

AXUDAS DO GDR ULLA-UMIA-LEREZ ÁS INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO E TENDA ON LINE

PONENTE: Anxo Escariz Ferrín, XERENTE DO GDR.

NECESIDADES FORMATIVAS PARA O EMPREGO.

PONENTE: Nuria Campos Caamaño. TÉCNICA DE FORMACIÓN DE GESAN

AS CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS E ACREDITACIONS DE COMPETENCIAS.

PONENTE: Mercedes Troitiño. TÉCNICA DE FORMACIÓN DE COESCO

MODERADOR: Juan Ramón Angueira Castiñeiras. ORIENTADOR LABORAL  CONCELLO DE VALGA

14:00 VIÑO GALEGO

16:00 OBRADOIROS PRÁCTICOS

TÉCNICAS DE BÚSQUEDA DE EMPREGO A TRAVÉS DE INTERNET. Vanessa Losada. AXENTE TIC DA REDE CEMIT

ELABORACIÓN DE CURRICULUMS.  Laura Vázquez Mosquera. TÉCNICA DE AEVU

18:00 PRESENTACIÓN DAS BASES DO CONCURSO “EMPRENDE EN VALGA”- PREMIO DUNHA TABLET.

18:30 ENTREGA DE CERTIFICADO DE ASISTENCIA

Máis información:

Servizo de Información, Orientación e Emprego

OMIX

Auditorio

Enviar ficha de inscrición a:

info@aeira.es

Xuventude colabora cun proxecto dunha asociación de Valga para mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas PDF Imprimir
Xoves, 27 Outubro 2011 08:47
VALGAA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está a apoiar un proxecto para mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas de Valga que está desenvolvendo a asociación xuvenil A Eira de Valga. Así, o responsable da área autonómica, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe a primeira Xornada Empréga-t que organiza este colectivo e que está financiada pola Xunta a través do novo modelo de participación xuvenil Iniciativa Xove.

O obxectivo desta actividade é informar á mocidade das medidas e instrumentos de información e asesoramento que existen para mellorar a súa inserción laboral.

Rodeiro destacou que o novo modelo de participación xuvenil impulsado pola Xunta está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos.

O director xeral de Xuventude tamén resaltou que esta forma de participación xuvenil supón poñer en marcha “unha escola de cidadanía activa”, na que se desencadea un proceso de educación non formal de gran utilidade para o futuro, xa que os participantes asumen como propio o compromiso de impulsar unha actividade, na que eles son os únicos e directos responsables.

O programa de apoio á participación xuvenil, ‘Iniciativa Xove’, foi modificado en 2010 pola Consellería de Traballo e Benestar para facelo máis aberto, unhas modificacións que continúan sendo efectivas este ano. Cabe lembrar tamén que o orzamento destinado a esta orde de axudas aumentouse en 20.000 euros con respecto a 2010. Si se toma como referencia o exercicio de 2009, o financiamento deste programa ten aumentado nun 55 por cento.

Grazas á reformulación acometida en 2010, actualmente poden optar ás subvencións os grupos informais de mozos e mozas –sen ter que estar constituídos en asociacións- se cumpren o requisito de contar como mínimo con 5 persoas de entre 18 e 29 anos. Ademais, a orde segue aberta ás asociacións xuvenís e ás entidades prestadoras de servizos á xuventude que carezan de interese de lucro.

Outra das novidades é que, desde o ano pasado, os solicitantes poden pedir á Xunta un adianto económico do 80 por cento sobre a cantidade total da axuda concedida. A finalidade desta modificación é impedir que a falta de liquidez sexa un obstáculo para levar a cabo unha boa idea.

Segundo o ámbito do proxecto, os 269 beneficiados repártense do seguinte xeito: un total de 124 proxectos do eido autonómico (79 de grupos informais e 45 de asociacións) e 145 de ámbito local, presentados por asociacións xuvenís e outras entidades. En concreto, estes últimos 145 distribúense territorialmente: 28 en A Coruña, 25 en Lugo, 31 en Ourense e 61 en Pontevedra.

Mellora da empregabilidade
A Xornada Empréga-t, desenvolvida hoxe en Valga, contou coa celebración dunha mesa redonda na que se abordaron varios temas de actualidade no mercado de traballo, como o funcionamento do servizo público de emprego, as axudas GDR para as iniciativas locais de emprego, as necesidades de formación para a empresa ou as novas cualificacións profesionais e as acreditacións de competencias.

Pola tarde, realizaranse obradoiros prácticos, entre eles o de técnicas de busca de emprego a través de Internet e o de elaboracións de currículos.

A asociación xuvenil a Eira tamén aproveitará para presentar as bases do seu concurso ‘Emprende en Valga’, que ten por obxecto premiar a aqueles emprendedores que presenten ideas innovadoras susceptibles de transformarse en proxectos empresariais a curto e medio prazo.