O 12 de xaneiro de 2009 nace a Asociación Cultural e Xuvenil A EIRA, con sede en Valga, pero con presencia en todos os concellos da comarca Ulla – Umia (Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga).
Queremos ser un fiestra aberta a toda a sociedade e dende a nosa páxina queremos informar de formación, de ofertas de emprego, novidades… en fin de todo aquelo que non interesa.
Os fins da asociación son os seguintes:
- Fomentar actividades sociais, culturais e de lecer que faciliten a participación na sociedade.
- Promover a defensa dos dereitos dos nenos/as, mozos/as, mulleres e maiores.
- Proporcionar actividades de recuperación das tradicións, modos de vida, folclore, así como proporcionar actividades de tempo libre como a creación dun grupo de teatro, charlas, conferencias, obradoiros…
- Desenvolver actividades formativas en colaboración con institucións públicas e privadas, dirixidas a incrementar a formación e información dos asociados/as.
- Dinamizar o protagonismo dos nenos/as, mozos/as, mulleres e maiores na vida cultural e social.
- Promover os valores democráticos como instrumentos básicos na consecución dunha sociedade máis xusta e equitativa.
- Colaborar con institucións públicas e privadas no desenvolvemento de proxectos de recuperación e estudios sociais e culturais.
- Fomentar a cultura e o coñecemento do individuo para dispoñer de criterios obxectivos que lle permitan chegar a ser máis libre.
- Difundir e defender os dereitos humanos a escala institucional e persoal.
- Colaborar con outras organizacións similares, locais, provinciais, autonómicas, nacionais e internacionais, que participen total ou parcialmente dos obxectivos desta asociación, en todas aquelas cuestións que gocen de interese mutuo.