ROTEIROS DE INVERNO: SAÍDAS DE FIN DE SEMANA

Roteiros de inverno: programa de saídas de fin de semana PDF Imprimir
roteiros2012O próximo 17 de xaneiro abre o prazo de inscrición en Roteiros para a xuventude, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de  ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal que lle permita acceder a un tempo libre de calidade.

Ofértase un total de 336 prazas, 96 no Albergue Xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña) e 240 no Aeródromo da Fervenza – Pazos no Concello de Mazaricos (A Coruña), entre os meses de febreiro e marzo.

Un total de oito fins de semana onde a oferta de actividades é variada: dende windsurf e barco escola, piragüismo, rappel, escalada en rocódromo ata  kaiak, paintball e navegación en cruceiro. O paquete de actividades inclúe veladas temáticas (náutica e medieval, respectivamente).

 

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Acreditación de competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral PDF Imprimir
acreditacionA Consellería de Educación convoca procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.

Requisitos:
Ter cumpridos no momento de realizar a inscrición 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar: no caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres (3) anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III e, para unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
No caso de formación, xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán ter completado un curso de formación profesional inicial nin de formación para o emprego polo cal teñan dereito á acreditación directa das mesmas unidades de competencia que agora se convocan.

Ciclos e caulificacións:

Administración e xestión:

CM Xestión administrativa.
Actividades de xestión administrativa

Electricidade e electrónica:

CM Instalacións eléctricas e automáticas.
Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións de edificios
Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión

CM Instalacións de telecomunicacións
Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións de edificios
Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos

Enerxía e auga:

CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica
Eficiencia enerxética de edificios

Fabricación mecánica:

CM Soldadura e caldeiraría
Soldadura
Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial

Hostalaría e turismo:

CM Cociña e gastronomía
Panadaría e bolaría
Cociña
Pastelaría e confeitaría
Repostaría

CM Servizos en restauración
Panadaría e bolaría
Cociña
Pastelaría e confeitaría
Repostaría
Servizos de restaurante

CS Xestión de aloxamentos turísticos:
Recepción

Industrias alimentarias:

CM Aceites de oliva e viños
Elaboración de viños e licores

Madeira, moble e cortiza:

CM Carpintaría e moble
Mecanizado de madeira e derivados

Química:

CS Laboratorio de análise e control de calidade
Análise química

Sanidade:

CM Emerxencias sanitarias
Transporte sanitario
Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes

CM Farmacia e parafarmacia
Farmacia

Servizos socioculturais e á comunidade:

CS Educación infantil
Educación infantil

Téxtil, confección e pel:

CM Confección e moda
Ensamblaxe de materiais

Transporte e mantemento de vehículos:

CM Electromecánica de vehículos automóbiles
Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles
Mantemento do motor e dos seus sistemas auxiliares
Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012.
Máis información no DOG do 9 de xaneiro de 2012,  http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion e en www.edu.xunta.es/fp

 

INFORME SEMANAL

Informe semanal do 9 de xaneiro de 2012 Imprimir
ojoBótalle un ollo ás novidades desta semana !!!

 

CLUBE DA CALCETA

A asociación A Eira organiza un obradoiro de calceta e ganchillo que vai dar comezo o martes 17 de xaneiro. Será tódolos martes en horario de 20:00 a 21:30 no Auditorio municipal de Valga.

 

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS EN VALGA

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Abrése o prazo de inscrición para a realización dun curso de PRIMEIROS AUXILIOS, en colaboración coa CRUZ VERMELLA, baremable pola Xunta de Galicia

HORAS: 40 horas teórico-prácticas .

OBXECTIVO: capacitar aos alumnos para desenvolver  correctamente unha  actuación ante unha urxencia.

PRAZO:30 XANEIRO

INFORMACIÓN:

SERVIZO DE FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO

OMIX

AUDITORIO

CURSO INGLÉS PRÁCTICO E COMERCIAL EN VALGA

CURSO INGLÉS PRÁCTICO E COMERCIAL

O Concello en colaboración con AEVU, organiza un  curso de INGLÉS PRÁCTICO E COMERCIAL cunha duración de 45 horas, dirixido a traballadores. 

PRAZO : 30 XANEIRO

INFORMACIÓN:

  • SERVIZO DE FORMACIÓN ,ORIENTACIÓN E EMPREGO
  • OMIX
  • AUDITORIO

 

CURSO DE MECANOGRAFÍA EN VALGA

CURSO DE MECANOGRAFÍA

Abrése prazo para inscrición curso de MECANOGRAFÍA, de 30 horas.

INICIO: 24 XANEIRO

REMATE: 3 ABRIL

HORARIO: 16:30-18:00 H

DÍAS: MARTES E MERCORES 

 

  PRAZO : 20 XANEIRO

INFORMACIÓN:

  • SERVIZO DE FORMACIÓN ,ORIENTACIÓN E EMPREGO
  • OMIX
  • AUDITORIO.REDE CEMIT

AXUDA COMPLEMENTARIA DO PROGRAMA ERASMUS

Axuda complementaria do Programa Erasmus PDF Imprimir
ERASMUSA Consellería de Educación convoca axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos estudantes seleccionados polas universidades do Sistema Universitario de Galicia ou polos centros asociados da UNED en Galicia que participan no citado programa de mobilidade universitaria durante o curso 2011/2012.
Requisitos:
a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado.
b) Estar matriculado no curso 2011-2012 en calquera das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos universitarios de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.
c) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda achegada pola Unión Europea no marco do Programa de aprendizaxe permanente para participar na acción de mobilidade para estudos dentro do Programa Erasmus ou do Goberno de Suíza.
A duración mínima da estadía deberá ser de tres meses e a máxima que se computará para os efectos de concesión de bolsa de nove meses.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de xaneiro de 2012.
Máis información no DOG do 27 de decembro de 2011 e en www.edu.xunta.es

CREACIÓN E MELLORA DE MICROEMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais PDF Imprimir
setasA Consellería do Medio Rural convoca axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais.
Consideranse microempresas, aquelas empresas que ocupan menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.
Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais).
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria estará aberto ata o 5 de febreiro de 2012.
Máis información no DOG do 5 de xaneiro de 2012 e en http://mediorural.xunta.es

 

PREMIOS FIN DE CARREIRA

Premios fin de carreira en Galicia PDF Imprimir
becaA Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos ao alumnado universitario matriculado en calquera dos centros pertencentes a algunha das tres universidades galegas que remataron os estudos de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, no curso académico 2010-2011, co obxectivo de facer un recoñecemento expreso da súa excelencia académica.
Os solicitantes que resulten premiados recibirán:

Unha contribución en metálico de 2.500 €.
Un diploma acreditativo desta distinción

Poderán solicitar estas axudas os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Posuíren a nacionalidade española ou ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea.
b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
c) Teren rematada a carreira no curso académico 2010/2011.
d) En ningún caso o 1.º ciclo dunha titulación de LRU poderá servir de base para a concesión de máis dun premio fin de carreira dunha titulación de ciclo longo.
e) Aqueles alumnos que xa obtiveron este premio en anteriores convocatorias, non poderán obtelo de novo.

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de febreiro de 2012.
Máis información no DOG do 5 de xaneiro de 2012 e en www.edu.xunta.es