A Asociación Cultural e Xuvenil A EIRA, foi recoñecida co Premio ó proxecto cultural máis innovador – Premio á iniciativa cultural máis vangardista 2012, levado a cabo por asociacións culturais e fundacións sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra.

Este recoñecemento vén dado  polo seu traballo sobre recuperación de elementos culturais e tradicionais.

A nosa Asociación ten como obxectivo ser un observatorio do patrimonio cultural inmaterial e social, e a súa finalidade é crear conciencias nos grupos de diferentes idades sobre a posibilidade e o interese de compartir o tempo, coñecementos, afeccións, tradicións culturais e recuperación do noso patrimonio cultural inmaterial.

É unha asociación innovadora  no eido socio-cultural, xa que  foi  capaz de dar  visibilidade nas relacións interxeracionais. Fomenta a interxeneracionalidade como medio idóneo para a mellora da eficacia de proxectos sociais en xeral e de promoción do envellecemento activo en particular. Caracterízase por ser unha asociación que traballa cunha metodoloxía interdisciplinar, promovendo o coñecemento  sobre as relacions entre persoas de diferentes idades e  distintas xeracións intentando compartir experiencias, coñecementos, habilidades, actitudes e valores.

A Eira quere compartir este recoñecemento co Concello de Valga e cos distintos colectivos que colaboran no seu proxecto: Axentiva, Mulleres Rurais Albor, Asdivalu, Centros Educativos e ANPAS Xesús Ferro Couselo / Baño / CRA de Valga / IES , Valga Bule, Mocivalga, Adeval  e veciños/as do Concello de Valga.

Gracias a todos e a todas.