Archivo por categoría Cursos

CURSO APTITUDE PROFESOR FORMACIÓN VIAL

Curso para obter o certificado de aptitude de profesor de formación vial PDF Imprimir
autoescolaA Dirección Xeral de Tráfico (DGT) convoca un Curso para obter o certificado de aptitude de profesor de formación vial. O curso, que terá carácter teórico e práctico, constará de dúas fases: unha de ensino a distancia e outra de formación presencial no centro onde o curso se celebre.
As quendas da fase de presencial terán lugar en Alicante, Cantabria, Madrid, Málaga, Las Palmas de Gran Canaria, Palma de Mallorca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Valladolid e Zaragoza.

PROBA PREVIA DE SELECCIÓN:
As persoas aspirantes serán sometidas a unha proba previa de selección que consistirá na realización de dúas probas eliminatorias, unha teórica e outra práctica.
A proba teórica, que versará sobre normas relativas a condutores, vehículos e circulación, sinais reguladores da circulación e cuestións de seguridade vial, terá carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito, en impreso facilitado ao efecto, a un cuestionario de 30 preguntas sobre as materias antes indicadas, seguindo un sistema de elección múltiple.
A proba práctica versará sobre técnica e dominio da condución e circulación en vías abertas ao tráfico, e terá unha duración mínima de trinta minutos.
Requisitos:
Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.
Ser titular do permiso de condución da clase B que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, polo menos, cunha antigüidade mínima de dous anos.
Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen para a obtención dun permiso do grupo 2.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de febreiro de 2012.

Máis información no BOE do 20 de xaneiro de 2012 e en www.dgt.es

 

XUVENTUDE E SOCIEDADE

Xuventude e Sociedade PDF Imprimir
MASTER

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a traves do Master Oficial en Xuventude e Sociedade organiza a Conferencia “Recursos e políticas públicas da xuventude en Galica”.

Ponente:

Ovidio Rodeiro Tato

Director Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Destinatarios: A comunidade universitaria e interesados en xeral.

Data: 09 de febreiro de 2012

Hora: 18:15 hrs.

Enderezo: Salón de Graos. Facultade de Ciencias Políticas e Sociais . USC.

Mais Información: felipeandres.aliaga@usc.es

 

 

CURSO CARRETILLERO

CONVOCATORIA DE ALUMNOS, INSCRITOS EN CURSO CARRETILLERO, co fin de ORGANIZACIÓN DE GRUPOS e establecer horarios.

DIA:9 FEBREIRO

HORA 19:00h

LUGAR: AUDITORIO

NOTA:LEVAR FOTOCOPIA DNI e FOTO TAMAÑO CARNÉ

OBRADOIRO EN HABILIDADES SOCIAIS

Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais PDF Imprimir
A Asociación Chísem impartirá o Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais para profesionais do ámbito educativo, asociativo e tempo de lecer.
Destinatarios:
Psicólogos/as, pedagogos/as, educadores/as, profesores/as, monitores/as de tempo libre e/ou todas aquelas persoas que traballen no eido da educación, xa sexa formal ou informal, con nenos/as ou adolescentes.
Obxectivos:
1. Fomentar o emprego de HHSS como factor positivo no desenvolvemento das persoas.
2. Adquirir ferramentas útiles para desenvolver de forma satisfactoria as HHSS no colectivo en que se traballe.
3. Deseñar e realizar actividades efectivas para o traballo en HHSS.
4. Mellorar as nosas técnicas e habilidades como educador/a; manexo de grupo, comunicación…
Lugar:
Asociación Chísem. Prevención e Intervención Psicolóxica.
Polígono Picaraña, Sector A, Rúa 1, Edificio 10, Oficina 6. 15980 Padrón (A Coruña).
Datas: 3 e 4 de febreiro, cunha duración total de 12h.
Prazo de inscrición: 30 de xaneiro.
Prezo: 40 €Máis información na Asociación Chísem: www.chisem.es

CURSO: MONITOR/A TEMPO LIBRE

Monitor/a de tempo libre en Santiago de Compostela PDF Imprimir
CV.verticalCruz Vermella Santiago convoca un curso de Monitor/a de tempo libre.

Data límite de inscripción: 21 xaneiro de 2012
Data inicio: 4 febreiro 2012
Data fin: 15 abril de 2012

O curso impartese os sábados e domingos, de 09.15 a 14.00 e de 15.30 a 20.45 h.
Prezo: entre 280 y 320 €

Máis información: Cruz Vermella Santiago. Teléfono: 981 586 969

CLUBE DA CALCETA

A asociación A Eira organiza un obradoiro de calceta e ganchillo que vai dar comezo o martes 17 de xaneiro. Será tódolos martes en horario de 20:00 a 21:30 no Auditorio municipal de Valga.

 

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS EN VALGA

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Abrése o prazo de inscrición para a realización dun curso de PRIMEIROS AUXILIOS, en colaboración coa CRUZ VERMELLA, baremable pola Xunta de Galicia

HORAS: 40 horas teórico-prácticas .

OBXECTIVO: capacitar aos alumnos para desenvolver  correctamente unha  actuación ante unha urxencia.

PRAZO:30 XANEIRO

INFORMACIÓN:

SERVIZO DE FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO

OMIX

AUDITORIO

CURSO INGLÉS PRÁCTICO E COMERCIAL EN VALGA

CURSO INGLÉS PRÁCTICO E COMERCIAL

O Concello en colaboración con AEVU, organiza un  curso de INGLÉS PRÁCTICO E COMERCIAL cunha duración de 45 horas, dirixido a traballadores. 

PRAZO : 30 XANEIRO

INFORMACIÓN:

  • SERVIZO DE FORMACIÓN ,ORIENTACIÓN E EMPREGO
  • OMIX
  • AUDITORIO

 

CURSO DE MECANOGRAFÍA EN VALGA

CURSO DE MECANOGRAFÍA

Abrése prazo para inscrición curso de MECANOGRAFÍA, de 30 horas.

INICIO: 24 XANEIRO

REMATE: 3 ABRIL

HORARIO: 16:30-18:00 H

DÍAS: MARTES E MERCORES 

 

  PRAZO : 20 XANEIRO

INFORMACIÓN:

  • SERVIZO DE FORMACIÓN ,ORIENTACIÓN E EMPREGO
  • OMIX
  • AUDITORIO.REDE CEMIT

CURSO MONITOR TEMPO LIBRE EN CALDAS

Curso Monitor tempo libre en Caldas de Reis PDF Imprimir
tempo_librePasatempos Escola de Tempo Libre organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Caldas de Reis.
Datas: 14 de xaneiro ao 1 de abril de 2012
Máis información en www.pasatemposetl.com